Estimada 08/11/2017 · 160 días en resolverse

Solicitud de acceso al proyecto deportivo y financiación del contrato entre la Deputación Provincial de Lugo y Frisaques S.L.U. sobre acciones del CD Lugo SAD

El ciudadano solicitó a la Deputación Provincial de Lugo copia del proyecto deportivo y financiación presentados por Frisaques S.L.U. en un contrato de venta de acciones del CD Lugo SAD. Ante la falta de respuesta de la administración, la Comisión da Transparencia estima la reclamación e insta al organismo a facilitar la información solicitada.

Puntos clave de la argumentación

1 Los contratos privados de la administración pública, al tener repercusión económica y presupuestaria, constituyen información de interés público sujeta al derecho de acceso.
2 La transparencia en la contratación pública implica que los órganos de contratación deben ajustar su actuación al principio de transparencia, salvo en datos designados como confidenciales (secretos técnicos o comerciales).
3 La administración no puede denegar la información por el mero hecho de ser un contrato privado, debiendo informar al solicitante sobre la existencia o no de la documentación requerida.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx xxxxxxx, mediante escrito do 29 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx xxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 1 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Deputación Provincial de Lugo. Da documentación achegada os feitos ordeados no tempo son: O agora reclamante lle requiriu á Deputación Provincial de Lugo un documento relacionado co contrato privado celebrado entre a entidade FRISAQUES S.L.U. e a Deputación Provincial de Lugo para o alleamento de 150.000 accións da Sociedade Anónima Deportiva Club Deportivo Lugo, 90.000 accións propiedade da Deputación Provincial de Lugo e 60.000 accións propiedade do Concello de Lugo, estas últimas con base na encomenda de xestión realizada polo Pleno Municipal con data 1 de decembro de 2014. A solicitude de acceso á información a realizou o interesado ante a Deputación Provincial o 17 de abril de 2017 e consiste no proxecto deportivo e o financiamento do club. A deputación remitira ao interesado, con data de 1 de marzo de 2017, mediante oficio, un informe de 10 de febreiro de 2017, que fora elaborado pola Sección de Patrimonio e Inventario Xeral da institución. Deste informe da intervención compre destacar os seguintes datos: A Xunta de Goberno Provincial acordou o 17 de abril de 2015 a adxudicación de alleamento de 150.000 accións da propiedade da Deputación Provincial e do Concello de Lugo a favor de Frisaques SLU, acordo formalizado en escritura pública o 28 de maio de 2015. Nese contrato privado e “a data de hoxe, non consta( na deputación) a execución do proxecto deportivo presentado polo adxudicatario, nin a acreditación do planteamento de dito proxecto deportivo nos órganos de xestión do club. Tampouco consta a acreditación da súa permanencia no accionariado da SAD nin da súa participación, de forma directa, nos órganos de xestión do club.” Por último é de ter en conta, que o informe indica que segundo a cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas do contrato o proxecto deportivo e o finanzamento eran dúas cuestións a valorar, e que os dous concorrentes particulares no contrato Frisaques SLU acadaba 5 puntos e o outro concorrente acadaba 10 puntos. O escrito viña acompañado da solicitude de 17 de abril de 2017 dirixida á Deputación Provincial, e o oficio do 1 de marzo de 2017 e o informe de 10 de febreiro de 2017 xa citados. A solicitude concreta formulada polo interesado á Deputación Provincial de Lugo consiste en solicitar a “copia presentada pola entidade Frisaques, de ser presentada- e en caso contrario se indique que non foi presentada- os efectos de dar cumprimento o requirido por esa Excma. Deputación Provincial e concretamente “pormenorización do proxecto deportivo no que con claridade queden expresados a contía, financiamento de período temporal da súa execución, así como compromiso de permanencia no accionariado do Club deportivo Lugo SAD.” Segundo. Con data do 15 de xuño de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Deputación Provincial de Lugo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de xuño de 2017, sen que a administración local dese resposta ou remitise o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente A solicitude versa sobre un documento que forma parte da documentación dun contrato privado celebrado por unha administración pública que recolle as condicións para que a Deputación Provincial e o Concello de Lugo alleen 150.000 accións do club deportivo Lugo SAD. O documento é necesario para a execución do contrato privado porque o proxecto deportivo presentado polo licitador que inclúa o compromiso temporal de permanencia no accionariado da SAD, o compromiso de participación de forma directa do licitador nos órganos de xestión do club e o proxecto deportivo, proxecto que se presentará nos órganos de xestión do club, forman parte da cláusula 6 relativa a adxudicación das accións segundo o prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato privado (tal como o recolle o informe de 10 de febreiro de 2017 da sección de patrimonio e inventario xeral). Recollendo o resumo utilizado polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, do Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Os contratos privados se rexerán, en canto á súa preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, pola lexislación de contratos e a súas disposicións de desenvolvemento. Ao expediente de contratación se incorporarán o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas que haxan de rexelo contrato (artigo 109.3). Os órganos de contratación darán aos licitadores e candidatos un tratamento igualitario e non discriminatorio e axustarán a súa actuación ao principio de transparencia (Art. 139). Sen prexuízo das disposicións da Lei de contrato relativas á publicidade da adxudicación e a información que debe darse aos candidatos e ao licitadores, os órganos de contratación non poderán divulgar a información facilitada polos empresarios que estes haxan designado como confidencial; este carácter afecta, en particular, aos segredos técnicos ou comerciais e aos aspectos confidenciais das ofertas. O contratista deberá respectar o carácter confidencial de aquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se lle houbese dado o referido carácter nos pregos o no contrato, ou que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Este deber se manterá durante un prazo de cinco anos desde o coñecemento desa información, salvo que os pregos ou o contrato establezan un prazo maior (art. 140). Hai que ter en conta que a contratación pública ademais de dar lugar ao dereito de acceso á información é obxecto de publicidade activa tal como o recolle o artigo 8 1. a) Lei 19/2013, do 9 de decembro e 13 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro (artigo este que non afecta directamente á administración local). A información pública se relaciona no artigo 8 da Lei 19/2013, do 18 de xaneiro como a obriga de facilitar a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica e orzamentaria ,por tanto os contratos privados teñen este carácter de información con interese público. Sexto. A lexislación da transparencia prevé a divulgación dunha cultura de transparencia na actividade das administracións públicas fundamentada nos principios reitores. Principios, que para a lei 1/2016, do 18 de xaneiro se recollen no seu artigo 2, e que sen ánimo de exhaustividade céntranse na idea de responsabilidade no cumprimento desta norma, no principio de veracidade que permite asegurar que a información facilitada é certa e exacta, e en definitiva que se permita a consecución do obxectivo final da norma que é a provisión á cidadanía da información necesaria para exercer o seu dereito fundamental á participación nos asuntos públicos. Por tanto, procede admitir a reclamación presentada polo interesado e instar á Deputación Provincial de Lugo a que informe ao reclamante de se se existe ou non a documentación que debía ser presentada pola entidade Frisaques SLU, e de existir se lle achegue a pormenorización do proxecto deportivo no que con claridade queden expresados a contía, financiamento de período temporal da súa execución, así como compromiso de permanencia no accionariado do Club deportivo Lugo SAD, nos termos autorizados pola normativa vixente en materia de transparencia (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro) e de contratación recollidos neste fundamento xurídico. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar a reclamación presentada por xxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx xxxxxxx con data de 1 de xuño de 2017, contra a denegación da Deputación Provincial de Lugo, nos termos recollidos no considerando cuarto dos fundamentos xurídicos. Segundo: Instar a Deputación Provincial de Lugo , a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar a Deputación Provincial de Lugo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga