Estimada 08/11/2017 · 149 días en resolverse

Acceso a información sobre contratos temporales de médicos generales y criterios de selección en la Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

El ciudadano solicitó a la Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos información sobre contratos temporales de médicos generales y criterios de selección. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por silencio administrativo e insta a la administración a entregar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La inactividad de la administración justifica la interposición de la reclamación al operar el silencio administrativo negativo tras un mes de la solicitud.
2 La información solicitada consiste en datos estadísticos sencillos y criterios de selección que no vulneran la protección de datos personales.
3 La administración no puede denegar el acceso alegando carga de trabajo o volumen de información sin haber notificado previamente la ampliación del plazo legal.
4 El derecho de acceso es aplicable ya que no se solicitan listados nominativos de candidatos, sino las vías y criterios empleados para su selección.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx, mediante escrito do 10 de xuño de 2017 (sábado), a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 12 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (en diante, ADOS), adscrita á Consellería de Sanidade. O interesado indicaba que o 5 de maio de 2017 formulou unha solicitude de acceso á información ante a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos da que non obtivo ningunha resposta. O escrito viña acompañado da documentación acreditativa da súa solicitude, copia do seu D.N.I. e sinatura electrónica. A petición de acceso á información pública tiña o seguinte contido: “-Solicito coñecer o número de contratos laborais que foron subscritos para cubrir de forma temporal o posto de médico xeral entre o 01/01/2016 e o 05/05/2017. -Solicito se especifique a duración e o ámbito xeográfico de cada contrato. Solicito se informe do número medio de contratos subscritos por cada empregado. -Solicito coñecer de que forma se obtivo a listaxe de candidatos (listaxes de contratación do SERGAS, oficinas públicas de emprego, colexios profesionais...) e que criterios foron empregados para a selección.” Segundo. Con data do 14 de xuño (rexistro de saída do día 15 de xuño) déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de xuño de 2017. Terceiro. Con data do 27 de xuño se recibiu o informe da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e copia dun expediente referido a unha solicitude distinta. A Axencia, ademais do preceptivo informe remite dous documentos non referidos á propia solicitude de acceso á información pública obxecto da presente reclamación. -O primeiro documento é a copia dun correo electrónico enviado polo reclamante ao servizo 012 e remitido desde o Centro de Atención ao Cidadán 012 á dirección electrónica da Secretaría de Dirección da ADOS que se cualifica como petición de información xeral. O correo enviado polo Sr. xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx o día 20 de xaneiro de 2017 solicitaba información de como era posible inscribirse para traballar como médico xeral da ADOS. -O segundo documento é un correo electrónico remitido á Oficina de Persoal da ADOS no que o reclamante achega a súa solicitude de inclusión nas listas de contratación temporal na categoría de médico xeral xuntando copias compulsadas do seu título de médico, expediente académico, Celga 4 e o seu D.N.I.. Indica que a solicitude foi presentada por rexistro e que seguiu as instrucións que se lle deron por teléfono desde ese servizo. O informe achegado pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos indicou que: “PRIMEIRO.- xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx, escribe un mail a través do 012, o 20 de xaneiro de 2017, no que solicita información para inscribirse para traballar como médico xeneral na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (en diante ADOS). (Se adxunta copia do correo como documento nº 1) SEGUNDO.- Mediante conversación telefónica respóndeselle que "é necesario estar inscrito nas listas de contratación do Servizo Galego de Saúde, ás que se anota voluntariamente cada aspirante, e incluído nas listas especiais de contratación de médico xeral do CTG, que hai en cada área de saúde. Desde o 31/03/17, dentro do Pacto de Contratación, créase esta categoría específica. No caso de que non sexa posible atopar ninguén dispoñible nas listas especiais, recórrese á lista xeral." Estas listas xestiónanse nos servizos de recursos humanos das diferentes estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, facilitando persoal de substitución a todas as unidades que se atopan na súa área sanitaria, entre elas ADOS. TERCEIRO.- O día 3 de febreiro de 2017, envía mail na dirección de correo electrónico [email protected] achegando o seu currículo para a súa inclusión nas listas. O interesado ten que solicitar a súa inscrición nas listas a través da plataforma da Oficina do Profesional expediente electrónico (FIDES) con certificado dixital. xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx, na actualidade, non está inscrito nas listas de contratación. (Se adxunta copia do correo como documento nº 2) CUARTO.- A inclusión nas listas de contratación temporal esta regulada na RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CESM-0'114EGA, CC.00., UXT e CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicada no DOG n.12 123 do 30 de xuño de 2016. QUINTO.- O persoal facultativo médico xeral do CTG, ten que estar formado, tal como establece o Real Decreto 1088/2005, do 16 de setembro, polo que se establecen os requisitos técnicos e condicións mínimas da hemodonación e dos centros e servizos de transfusión, no seu artigo 30 ou os artigos 2.4 e 4.3 do Decreto 100/2015, do 21 de abril, polo que se regula a hemodonación e hemoterapia na Comunidade Autónoma de Galicia. Así durante o ano 2017, o persoal facultativo contratado estaba formado xa por ter unha experiencia de máis de dous meses traballados na Axencia ou por participar nalgún dos cursos que organizou a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) sobre "Seguridade transfusional para persoal médico". Respecto da súa última solicitude de data 5 de maio de 2017, con rexistro de entrada do 12 de maio co nº 674/ RX 1262036 que a data actual aínda non se respondeu. Dúas consideracións sobre a información solicitada: 1. A petición realizada: 1.A duración e o ámbito xeográfico de cada contrato. 2.Número medio de contratos subscritos por cada empregado. 3.Listaxe de candidatos. 4.Criterios empregados para a súa selección. É por unha banda extensa e por outra podería vulnerar a lexislación vixente en materia de protección de datos. Estamos, por razón de carga de traballo, pendentes de dar resposta á solicitude presentada. 2. Toda a información referida aos contratos é entregada na primeira semana do mes seguinte aos representantes sindicais para a firma da copia básica dos mesmos”. Non consta no expediente que esta información lle fora facilitada ao reclamante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Prazo para resolver O artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro di que “a resolución en que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse, á persoa solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen, o antes posible e, como máis tarde, no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.” Quinto. Análise do expediente Antes de entrar no fondo do expediente compre analizar se a petición é ou non extemporánea toda vez que o escrito do reclamante tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo, dirixido á Comisión da Transparencia o día 12 de xuño de 2017, e a solicitude que inicia á reclamación fora presentada no rexistro electrónico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o día 5 de maio de 2017, sen que desde entón o solicitante volvera a saber nada da súa petición, a pesar de que a solicitude estaba claramente dirixida á Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), solicitude que tras o informe do 23 de xuño de 2017 elaborado pola Axencia sabemos que foi rexistrado na Axencia o día 12 de maio de 2017 con nº 674/RX 1262036. Pois ben, o artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, di que a resolución en relación ao acceso deberá notificarse o antes posible e, como máis tarde, no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude. Por tanto, dado que a Axencia non notificou, non resolveu, e nin sequera acusou o recibo da recepción da solicitude, ou informou de algo, dirixíndose ao interesado para dilucidar calquera asunto, transcorrido mais dun mes desde a formulación da petición cabria aplicar o silencio administrativo negativo e procedía por tanto, en aplicación do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro interpoñer o recurso potestativo, sen que a falta de actuación da Axencia poida amparar a declaración de extemporánea, pois se houbera informado da recepción ao interesado este podería ter esperado ata o cumprimento exacto do mes, polo tanto a antelación na presentación da reclamación deriva da inactividade da Axencia, que ademais a día de hoxe segue sen darlle a información ao reclamante. - O informe achegado pola dirección da ADOS refírese a dúas cuestións distintas. A primeira é una petición de información xeral sobre o procedemento para inscribirse nas listas de contratación temporal do SERGAS. O reclamante indicaba que seguira as instrucións que se lle deron pero o informe aclara o procedemento a seguir para dita inscrición a través dunha plataforma do SERGAS que é o expediente electrónico FIDES, á que se accede con certificado dixital. Non consta que se informase ao solicitante, desde a Oficina de Persoal ADOS, deste procedemento nin dos requirimentos formativos do persoal facultativo contratado aos que se alude no apartado quinto do informe da Axencia, referido a outras cuestións distintas da solicitude obxecto da presente reclamación. -A segunda cuestión se centra na solicitude de acceso á información pública que é o obxecto específico desta reclamación. A dirección da ADOS recoñece que non se lle deu ningunha resposta. No informe remitido á Comisión da Transparencia, a dirección da Axencia alega que a información solicitada é, por unha banda, extensa e por outra, podería vulnerar a lexislación vixente en materia de protección de datos. E manifesta que, por razón de carga de traballo, están pendentes de dar resposta á solicitude presentada. -O artigo 20 da LTAIBG regula a resolución das solicitudes de acceso e indica que a resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaron no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante. Serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan o acceso parcial ou a través dunha modalidade distinta á solicitada e as que permitan o acceso cando houbese oposición dun terceiro. Neste último suposto, indicarase expresamente ao interesado que o acceso só terá lugar cando transcorrese o prazo do artigo 22.2. O artigo 19 da mesma norma, sobre a protección de datos persoais, indica que se a información solicitada puidese afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se recibiron as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación. Sexto. A petición identifica de forma suficiente a información solicitada, referida a un período temporal recente claramente delimitado (entre o 01/01/2016 e o 05/05/2017); incide en datos estatísticos sinxelos: número de contratos laborais que foron subscritos para cubrir de forma temporal o posto de médico xeral entre o 01/01/2016 e o 05/05/2017; a duración e o ámbito xeográfico de cada contrato; o número medio de contratos subscritos por cada empregado. Todos estes datos poden ser elaborados de xeito sinxelo xa que o propio informe recoñece que toda a información referida aos contratos é entregada ao mes seguinte da súa firma aos representantes sindicais; e non se solicitan datos persoais protexidos senón de que forma se obtivo a listaxe de candidatos (listaxes de contratación do SERGAS, oficinas públicas de emprego, colexios profesionais...) e que criterios foron empregados para a selección. Xa que logo, non se piden as listaxes de candidatos seleccionados senón as vías polas que se elaboran: listaxes de contratación do SERGAS, oficinas públicas de emprego, colexios profesionais, etc. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar a reclamación presentada por xxxxxx xxxxxx xxxxxxxxxxx con data do 12 de xuño de 2017, contra a denegación por silencio do acceso á información pública solicitada á Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos adscrita á Consellería de Sanidade. Segundo: Instar a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga