Estimada 08/11/2017 · 152 días en resolverse

Solicitud de inventario de labores mineras abandonadas y estudio de valoración de riesgos de balsas mineras y escombreras de 1999

La Asociación Ecoloxísta Verdegaia solicitó a la Subdirección de Recursos Minerais de la Xunta de Galicia dos informes sobre labores mineras abandonadas y riesgos de balsas mineras de 1999. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por denegación por silencio y ordena a la administración entregar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada consiste en un inventario y un estudio de labores mineras abandonadas y riesgos de balsas y escombreras de 1999.
2 Se determina que la normativa sectorial sobre minas no prevé un régimen específico de acceso que limite la divulgación de estos documentos antiguos.
3 El órgano considera que la información solicitada no contiene datos personales ni se encuentra sujeta a los límites del artículo 14 de la Ley 19/2013.
4 Se concluye que procede el acceso a la información en formato digital, pudiendo aplicarse las tasas correspondientes por la transformación del formato.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxx xxxxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx, secretario xeral da Asociación Ecoloxísta Verdegaia, na representación desta organización asociativa, mediante escrito do 1 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxx xxxxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx, secretario xeral da Asociación Ecoloxísta Verdegaia, na representación desta organización presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 9 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte Subdirección de Recursos Minerais da Xunta de Galicia. O interesado indicaba que o día 25 de abril de 2017 requirira ao Arquivo de Galicia a seguinte documentación: “Copia íntegra en formato dixital do Inventario de labores mineras abandonadas subterráneas y establecimiento de riesgos originados por las mismas en las provincias de Lugo y la Coruña (1999) e Estudio para el reconocimeinto de urgencia y valoración de riesgos de las balsas mineras y escombreras de la Comunidad Autónoma de Galicia (1999)” O arquivo lle respondeu que “a documentación en cuestión se encontraba na Subdirección de Recursos Mineiros” polo que o 28 de abril presentan no Rexistro do Concello da Pobra do Caramiñal unha solicitude de acceso á información pública ante a Subdirección de Recursos Minerais. A solicitude foi cursada ao abeiro da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información en materia de medio ambiente. O escrito viña acompañado da copia do correo electrónico do arquivo de Galicia no que se informaba á asociación onde se atopaba a documentación e a solicitude presentada o 28 de abril de 2017 no Rexistro do Concello da Pobra do Caramiñal. Segundo. Con data 15 de xuño de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á secretaría xeral técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que é a unidade administrativa responsable da transparencia, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de xuño de 2017. Terceiro. A administración non respondeu. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que se rexerán pola normativa específica, e por esta lei con carácter supletorio, aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, en concreto o acceso á información ambiental. Esta disposición adicional , hai que entendela, tal como xa o fixo o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, no sentido de que estamos ante unha lexislación con carácter básico que ten por obxectivo a preservación doutros réximes de acceso á información que foran ou poidan ser aprobados e que teñan en conta as características da información que se solicita, delimite os lexitimados a acceder á mesma, prevea condicións de acceso, e en xeral as peculiaridades propias dunha materia. Por isto, só cando a norma en cuestión conteña unha regulación específica do acceso á información, por mais que regule exhaustivamente outros trámites ou aspectos do procedemento, poderá considerarse a lei 19/2013 como supletoria en todo o relacionado co dito acceso, non cabendo interpretar extensivamente a aplicación desta disposición en base á existencia de lexislacións sectoriais. A solicitude realizada consiste nun” Inventario de labores mineras abandonadas subterráneas y establecimiento de riesgos originados por las mismas en las provincias de Lugo y la Coruña” do ano 1999 e un “Estudio para el reconocimiento de urgencia y valoración de riesgos de las balsas mineras y escombreras de la Comunidad Autónoma de Galicia” do ano 1999. Pois ben, nin a Lei de Minas 22/1973, de 21 de xullo nin o Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e de rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras, se expresan en relación ás antigas minas, se non que se centran en as novas explotacións mineiras que se poidan xestionar, as ampliacións de minas activas e a declaración da súa caducidade unha vez conclúe a explotación. Por tanto, en exercicio do dereito de acceso á información estamos ante unha documentación que se entende que hai que poñer en coñecemento da cidadanía, que ao tratarse dun inventario e un estudo en materia de labores mineiras abandonadas, balsas e escombreiras non parece que vaia a recoller ningún dato de carácter persoal, nin vaia a conter información sobre a que exista algunha limitación para a súa achega por mor do disposto no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Por último, indicar que se a administración considerase que a norma aplicable é a Lei 27/2006, do 18 de xulllo e non a 1/2006, do 18 de xaneiro, esta circunstancia suporía a terminación do procedemento sen que a solicitude presentada tivera que ser atendida de acordo e nos termos previstos na mesma, pero o silencio da administración ante a solicitude do expediente por parte da Comisión da Transparencia permite entender que non estamos ante unha aplicación directa desa normativa específica. Compre por tanto indicar que procede acceder ao solicitado e achegarllo a asociación no formato dixital o solicitado, indicándolle ao interesado, se procede, dado a data de publicación, a existencia das taxas que lle corresponde pola transformación da información a un formato diferente do orixinal, segundo o disposto nos artigos 22 Lei 19/2013, do 9 de decembro, e disposición adicional cuarta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro . En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar a reclamación presentada pola Asociación Verdegaia representada polo seu secretario xeral xxxxxx xxxxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx con data 9 de xuño de 2017, contra a denegación por silencio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Segundo: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga