Un delegado sindical solicitó a la Deputación da Coruña información sobre el proceso de selección de una operaria de imprenta y su titulación para manejar una transpaleta. Ante la falta de respuesta de la administración, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por denegación por silencio y bookstores a la entidad a facilitar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública es amplio y el solicitante no está obligado a motivar su petición.
2
El derecho a la información de los sindicatos es un elemento esencial de la libertad sindical, permitiendo el ejercicio de sus funciones y el deber de informar a sus representados.
3
La información solicitada es pública ya que fue elaborada o adquirida por la administración en el ejercicio de sus funciones.
4
La solicitud no versa sobre el contrato individual con datos protegidos, sino sobre el proceso de selección y la cualificación técnica por razones de seguridad laboral e interés público.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx, mediante escrito do 12 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx, na súa condición de Delegado Sindical da Sección Sindical do CSI-F na Deputación da Coruña presentou unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Deputación da Coruña. O escrito, de data do 12 de maio foi inicialmente remitido ao correo electrónico do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, en Madrid, que o trasladou a esta Comisión por ser do ámbito da súa competencia tendo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 23 de maio de 2017.
O interesado indicaba que na data do 24 de marzo de 2017, presentou un escrito de solicitude de acceso á información dirixido á Deputación Provincial da Coruña sobre a forma de acceso ao posto e praza de Operario de imprenta de x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx. Dita información non foi facilitada á Sección Sindical.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información, presentada ante a Deputación na que manifestaba:
“1. Que esta Sección Sindical tiene conocimiento de que con fecha 20/03/2017, x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx comenzó a prestar servicios en la Imprenta Provincial en la plaza y puesto de Operaria de Imprenta, sin que esta Sección Sindical tenga conocimiento de la existencia ni vigencia de ninguna lista para esa plaza y puesto de trabajo.
2. Que igualmente, esta Sección Sindical tiene conocimiento de que x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx utiliza la máquina transpaleta sin que conste que haya realizado el curso para el manejo de esta máquina, con el peligro que ello entrañaría para su seguridad y la del personal de la Imprenta Provincial.
Por todo lo expuesto, se solicita información detallada sobre el proceso de selección de x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx para la plaza y puesto de trabajo de Operaria de Imprenta e, igualmente, información detallada sobre si la trabajadora tiene el curso para el manejo de la transpaleta”.
Segundo. O 14 de maio de 2017, déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Deputación da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración provincial foi o 16 de xuño de 2017.
Terceiro. A Deputación da Coruña non achegou o informe nin o expediente elaborado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
A solicitude de acceso á información foi presentada polo Delegado Sindical da Sección Sindical do CSI-F na Deputación da Coruña. Refírese ao descoñecemento do proceso selectivo da traballadora e da existencia ou vixencia de ningunha lista de contratación para esa praza e posto de traballo, e a cualificación específica da traballadora contratada para o manexo de determinada maquinaria.
Como ten declarado de forma reiterada o Tribunal Constitucional, o dereito á liberdade sindical, recollido no art. 28.1 CE, comprende, xunto a facetas puramente organizativas, tamén o dereito dos grupos sindicais a despregar a súa actividade específica, isto é, o dereito a que os sindicatos realicen as funcións que deles cabe esperar, de acordo co carácter democrático do Estado e coas coordinadas que a esta institución hai que recoñecer (por todas, STC núm. 75/1992, do 14 de maio). Neste sentido, atópase dentro das súas facultades o dereito de información en tanto que garda relación directa coa obrigación que os representantes sindicais teñen respecto dos traballadores a quen representan. Así, estes non só gozan do dereito para recibir información do empresario acerca das cuestións previstas no art. 64 ET senón que tamén pesa sobre eles o deber de manter informados aos seus representados. E iso en tanto que ese fluxo de información é o fundamento da participación, permite o exercicio cabal dunha acción sindical, propicia o desenvolvemento da democracia e do pluralismo sindical e, en definitiva, constitúe un elemento esencial do dereito fundamental á liberdade sindical (SSTC núm. 94/1995, do 19 de xuño e 168/1996, do 29 de outubro, entre outras moitas).
Pola súa parte, o art. 10.3 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical establece idénticos dereitos, para os efectos que nos ocupan, aos delegados sindicais e ao comité de empresa, cando sinala que os delegados sindicais, no caso de que non formen parte do comité de empresa, terán as mesmas garantías que as establecidas legalmente para os membros dos comités de empresa ou dos órganos de representación que se establezan nas Administracións Públicas, así como os seguintes dereitos a salvo do que se puidese establecer por convenio colectivo:
“1º. Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña a disposición do comité de empresa, estando obrigados os delegados sindicais a gardar sixilo profesional naquelas materias nas que legalmente proceda”.
Neste caso, a institución provincial non deu resposta á petición do reclamante, cando se trata de información pública que está en posesión do Organismo ao que se dirixe a solicitude ben porque el mesmo elaborouna ou porque a obtivo no exercicio das funcións que ten encomendadas. Tampouco foi remitido o informe e o expediente elaborado a esta Comisión.
Quinto.- O obxecto da solicitude non é o específico contrato da traballadora, que podería conter datos protexidos, senón información detallada sobre o proceso de selección de x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx para a praza e posto de traballo de Operaria de Imprenta xa que non consta que houbera ningunha lista para a dita praza e posto de traballo e, igualmente, información detallada sobre se a traballadora ten o curso para o manexo dun concreto aparello, información esta última que ten un interese público por razóns de seguridade do resto dos traballadores e prevención dun risco laboral.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por x xxxx xxxxx xxxxxxx xxxxxx con data do12 de maio de 2017, contra a denegación por silencio do acceso á información por parte da Deputación da Coruña.
Segundo: Instar á Deputación da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar á Deputación da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga