Se solicitó al Concello de Ponteareas información estadística y detallada sobre expedientes sancionadores urbanísticos. El interesado alegó desatención de la solicitud. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a que el Ayuntamiento impuso requisitos formales no previstos en la ley de transparencia y no respondió en tiempo y forma.
Puntos clave de la argumentación
1
El fax es un medio técnico de comunicación legal y válido para las relaciones con la Administración, permitiendo acreditar su recepción mediante el informe de actividad.
2
En caso de solicitudes incorrectas o incompletas, la Administración debe otorgar un plazo de 10 días para su enmienda antes de proceder al archivo.
3
El Ayuntamiento exigió la aportación del acuerdo de la entidad solicitante decidiendo formular la petición, requisito formal que la legislación sobre transparencia no exige.
4
Se determina que el plazo para responder debe computarse desde que el Ayuntamiento dejó sin trámite adecuado el fax recibido, independientemente de la posterior presentación física.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxx xxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 2 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxx xxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxxxx, xxxx xxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxxxx, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 10 de maio, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Ponteareas. O escrito foi remitido por correo electrónico desde o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, ante o que se presentou inicialmente.
O interesado indicaba que remitira ao Concello de Ponteareas o 18 de marzo de 2016 e o 18 de setembro de 2016 dous faxes nos que, tras relacionar unha serie de feitos, formulaba unha solicitude de acceso á seguinte información:
“1. Se nos remita número de expedientes abiertos en materia de sanción urbanística en los últimos diez años.
2. Se nos remita número de expedientes archivados sin responsabilidad.
3. Se nos remita número de expedientes terminados con responsabilidad.
4. Se nos entregue sobre expedientes de infracción número de ejecutadas las resoluciones y las que siendo sancionados están en la actualidad sin ejecutar y causas de las mismas.
5. Se nos remita número de denuncias presentadas en materia urbanistica y resultado de las mismas.
6. Se nos remita numero y estadísticas de expedientes de infracción urbanística tramitados ante órganos supramunicipales, la Xunta o Agencia Protección de la legalidad.
7. Se nos motive en caso de existir expedientes paralizados a pesar de existir infracción urbanistica los motivos de estar paralizados sin acción administrativa por parte de ese concello.
8. Se nos remita número de infracciones administrativas que por su relevancia han sido trasladada a Fiscalía u órgano judicial para la averiguación de posible responsabilidades penales.
9. Hacer especial mención a los expedientes sancionadores en curso y conocidos por haber sido publicado en prensa en referencia a las empresas Ganomagoga, Eroski, Geriátrico El Retiro, Covelo Construcciones etc. solicitando el estado , situación y demás diligencias relacionadas con las mismas con especial referencia a los instructores y secretarios en caso de existir expedientes en marcha.”
O escrito viña acompañado de copia do informe de transmisión de ambos os dous faxes e do formulario CTBG01 de reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
Segundo. Con data do 12 de maio déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Ponteareas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de maio de 2017.
Ao mesmo tempo, solicitóuselle ao interesado que acreditase a autenticidade da súa vontade por calquera medio, sendo o máis sinxelo achegar copia do seu DNI e da representación que ostentaba na asociación, para o que se lle deu un prazo de dez días. Ese mesmo día, 12 de maio, achegouse toda a documentación cunha dilixencia notarial de autentificación do ano 2008.
Terceiro. Con data do 29 de maio se recibiu un correo electrónico do reclamante ao que se achegaba copia dun oficio remitido desde o Concello de Ponteareas con saída do día 25 de maio no que se lle requiría para subsanar defectos na súa solicitude de acceso á información sobre expedientes en materia de urbanismo. Nese oficio figuraba como data de entrada da solicitude o día 8 de maio de 2017. En síntese, se lle solicitaba que acreditase a representación da entidade a través de calquera medio válido admitido en dereito, e que aportase o acordo da devandita entidade decidindo formular a solicitude de referencia, acordo que tería que ser adoptado polo órgano competente segundo os seus Estatutos (artigo 45.2.d da Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa). Así mesmo dado que o escrito que chegou a ese Concello non constaba asinado fehacentemente por ser unha fotocopia, debería asinalo de puño e letra ou electrónicamente, indicándolle que en caso contrario se lle tería por desistido da súa solicitude.
O reclamante indicaba nese correo electrónico do día 29 de maio que se lle contestara xa ao Concello remitíndolle toda a documentación requirida por fax e por portelo único.
Cuarto. O Concello de Ponteareas non remitiu o informe nin o expediente elaborado. O mesmo día 29 de maio de 2017 adiantou por correo electrónico a resposta á solicitude de informe desta Comisión da Transparencia, que achegou tamén por correo postal, con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 9 de xuño. No escrito se manifestaba o seguinte:
“En resposta á súa solicitude de data 12-5-2017, en relación a unha reclamación presentada, supostamente, pola entidade xxxxxx contra este Concello por non respostar as súas peticións de información, particípolle que o reclamante fundamenta a súa queixa en que o día 16-9-2016 dirixiu dous faxes ó Concello, concretamente, un ó número 986660604 as 14:06, e outro ó número 986660647 ás 14:10, solicitando determinada información urbanística. Asimesmo dí que reproduxo tal escrito xa vía Rexistro de Entrada, o cal tivo entrada neste Concello o día 8-5-2017, ó ser remitido a través da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Pois ben, o que sucedeu con tales escritos foi o seguinte, respecto o primeiro fax nunca foi recibido porque ese número non é do Concello de Ponteareas. Respecto ó segundo si é dirixido ao fax municipal, pero aínda que non se ten a certeza de ser recibido o mesmo, un fax non é unha comunicación oficial unha administración, dado que un fax, como tal é unha fotocopia que non acredita a veracidade da sinatura da persoa que a pón. Finalmente, cando chegou recentemente o mesmo escrito día 8-5-2017 de xeito físico ó Rexistro de Entrada, procedeuse a súa resposta, e para elo, requeriuselle ó interesado a subsanación dunha serie de defectos en que incurre a súa petición (non acredita o asinante a representación da Entidade que di representar, nin a súa vontade, así como a súa sinatura é unha fotocopia), o cal todavía está pendente de respostar. Achegamos de xeito probatorio a solicitude achegada vía Tesourería Xeral da Seguridade Social e o oficio de data 25-5-2017 requerindo dita subsanación. Por outra banda, debemos facer notar que a reclamación formulada ante a Comisión de Transparencia por xxxxxx adoece dos mesmos defectos que o escrito presentado ante este Concello, pois non se identifica o representante legal de xxxxxx, e a mesma está sin asinar. En consecuencia, dada a magnitude da información que está a requerir tal Entidade, entendemos que debería exixirse o solicitante o cumprimento da normativa ó respecto, dado que ela está esixindo o cumprimento da Lei de Transparencia por parte do Concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O Concello de Ponteareas recibiu un fax do representante da entidade que promove esta reclamación, do que, din non ter constancia da súa recepción, malia recoñecer que é un número de fax do concello. En calquera caso, o concello afirma que “un fax non é unha comunicación oficial a unha administración, dado que un fax, como tal é unha fotocopia que non acredita a veracidade da sinatura da persoa que a pón”. Finalmente, cando chegou o mesmo escrito o día 8 de maio de 2017 e foi rexistrado, o concello afirma que procedeuse a súa resposta, e para elo, requiríuselle ao interesado a subsanación dunha serie de defectos da súa petición: non acredita o asinante a representación da Entidade que di representar, nin a súa vontade, e a súa sinatura é unha fotocopia. Tal requirimento de subsanación fíxose por oficio de data 25 de maio de 2017, catorce días hábiles despois e tras recibir, o día 16 de maio, a solicitude de informe desta Comisión. Porén, o reclamante achega copia do informe de recepción do fax municipal, polo que o prazo para responder á solicitude de información debe computarse desde o momento en que o concello deixou sen dar trámite adecuado ao devandito fax, requiríndolle que emendara os seus posibles defectos.
A LTAIBG recoñece no seu artigo 12 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, segundo o artigo 13 da mesma norma, como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
É dicir, a LTAIBG recoñece e regula o dereito para acceder a información pública que estea en posesión do Organismo ao que se dirixe a solicitude ben porque el mesmo elaborouna ou porque a obtivo no exercicio das funcións que ten encomendadas.
Con independencia do que se dispoña respecto da utilización do fax como vía incorrecta para a tramitación de solicitudes de acceso á información, o certo é que ditas solicitudes deben ser atendidas nos termos que dispón a LTAIBG ou a Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común, que é a básica a efectos de procedemento administrativo. En efecto, de ser presentadas con erros (como a falta de identificación), deben ser emendadas polo solicitante, tendo a Administración a obrigación, por imperativo legal, de outorgarlle un prazo de 10 días, con advertencia de arquivo de actuacións, caso de non emendarse o erro.
En definitiva, se un solicitante require certa información aos suxeitos obrigados pola LTAIBG como é unha administración local, e a súa solicitude non é correcta ou é incompleta, estes teñen que darlle un prazo de 10 días para emendala. Se se emenda, débese entrar a coñecer o fondo da petición.
No caso que nos ocupa, e atendendo á consideración realizada posteriormente e xa en fase de reclamación acerca da falta de idoneidade do fax para presentar unha solicitude de información, a resposta que debería térselle proporcionado, caso de non aceptar tal medio de identificación, debería ser o sinalamento das canles formais para solicitar a información ao concello. En todo caso, cómpre indicar que o fax é un medio técnico de comunicación perfectamente legal e válido para as relaciones coa administración. Mesmo esta admitido para a práctica de notificacións xa que o informe da súa actividade deixa sempre constancia suficiente dos requisitos mínimos que debe conter unha notificación. Estas transmisións imprimen no encabezamento das páxinas remitidas os datos sobre a data e hora da recepción deixando, ademais, constancia dos números de teléfono do remitente e do receptor, documentación que, unida ás incidencias que sucedan no seu envío e que, polo xeral, quedan reflectidas na remisión da mensaxe de confirmación de envío, permiten acreditar a súa recepción nas dependencias administrativas.
O Concello de Ponteareas remite á Comisión da Transparencia a súa resposta á solicitude de informe o mesmo día no que require ao interesado que subsane os defectos formais de acreditación da súa identidade e da súa vontade, e sinala que aínda esta pendente de resposta. Reprocha á Comisión que a reclamación formulada ante este organismo por xxxxx adoece dos mesmos defectos que o escrito presentado ante ese Concello, pois non se identifica o representante legal de xxxxx, e a mesma está sen asinar. Daquela, a secretaria da Comisión xa recibira, na data do 12 de maio, toda a documentación solicitada (DNI e acreditación do nomeamento como vicepresidente da xxxxx con todas as facultades estatutarias, incluída a representación da entidade). Consta que o concello recibiu tamén esta documentación, presentada por fax e por portelo único o mesmo día do requirimento de subsanación.
Porén, o Concello de Ponteareas engade ao seu requirimento de subsanación un requisito formal que a lexislación sobre transparencia non esixe: se lle solicitaba que aportase o acordo da devandita entidade decidindo formular a solicitude de referencia, acordo que tería que ser adoptado polo órgano competente segundo os seus Estatutos (artigo 45.2.d da Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa).
Quinto. Na data desta proposta, non consta a resolución expresa da solicitude de acceso á información, unha vez subsanados os defectos formais. En canto a cuestión de fondo, non consta ningunha valoración do Concello de Ponteareas sobre a natureza da información solicitada, o seu volume o complexidade, de feito que o prazo legal de resposta puidera ampliarse outro mes máis, previa notificación ao solicitante, ao abeiro do artigo 20 da LTAIBG.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por xxxx xxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxxxx con datado 10 de maio de 2017, contra a denegación por silencio da solicitude de acceso á información por parte de Concello de Ponteareas.
Segundo: Instar ao Concello de Ponteareas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar ao Concello de Ponteareas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga