Se solicitó a la Consellería do Mar un convenio de colaboración con el Colegio de Ingenieros Navales y Oceánicos de España. Tras requerir al solicitante que aclarase si la petición coincidía con un expediente previo ya resuelto, el interesado no respondió. La Comisión da Transparencia de Galicia acuerda declarar el desistimiento de la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración ya había resuelto una solicitud previa (RSCTG 38/2017) remitiendo el contrato pero denegando el informe de resultados por inexistencia del mismo.
2
El derecho de acceso a la información pública solo comprende contenidos o documentos que obren en poder de los sujetos obligados.
3
Si un documento no existe, no puede ser objeto de entrega en virtud de la legislación de transparencia.
4
El solicitante no respondió al requerimiento de aclaración sobre la identidad de la solicitud en el plazo de diez días concedido.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do
15 de setembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 15 de setembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto
no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Pesca.
O escrito viña acompañado da reclamación que en data de 16 de xullo de 2017 dirixira o
reclamante á Consellería do Mar en relación á petición dun convenio de colaboración entre
esta e o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España.
Segundo Tras a primeira valoración xurde a dubida durante a instrución de se a petición
realizada á consellería é ou non a mesma petición do expediente RSCTG 38/2017, ao poder
tratarse do mesmo convenio reclamado naquel expediente. Expediente que xa dispón de
resolución. Por isto, no momento do inicio do expediente se lle pide que aclare se a
información que solicita se refire ou non a dito convenio, para o que disporá un prazo de dez
días, transcorridos os que teráselle por desistido da petición.
O reclamante recibe o escrito o 27 de setembro de 2017.
Terceiro . Con data 26 de setembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente.
O requirimento de expediente foi recibido con data do 28 de setembro de 2017 pola
administración.
Cuarto. Con data 6 de outubro de 2017 se recibiu o informe da administración. O informe
indica expresamente que se trata do mesmo convenio que se solicitou no expediente RSCTG
38/2017, pero que o asunto deste escrito podería derivar do feito de que non se lle poido
proporcionar o informe de resultados pois non existe como tal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas
reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de
Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é
a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa
á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Prazos
De acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013 do 9 de decembro, e artigos 66 a 68 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas déuselle ao reclamante un prazo de dez días para que aclarase se a información que
solicita se refería ou non ao convenio solicitado no RSCTG 38/2017. A recepción do oficio foi
o 27 de setembro de 2017.
O prazo para achegar as aclaracións remataba o 11 de outubro de 2017. O reclamante deixou
transcorrer o prazo sen dar resposta.
Quinto. Análise do expediente
O informe da consellería indica que “ estimamos podería entenderse coincidente:
recorre tras notificarse (o día 25.04.2017) a resolución de 12.04.2017 que en resposta
á solicitude presentada o 07.02.2017 resolve remitirlle: unha copia do contrato de consultoría
e asistencia subscrito pola Consellería do Mar (entón Consellería de Pesca e Asuntos
Marítimos) co Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos con data 10.05.2007 e da súa
modificación de data 23.11.2007 pero non do informe de resultados solicitado, pois non existe
(...).”
Os fundamentos xurídicos en base aos que se resolve o expediente RSCTG 38/2017 din :
“(...)pero non foi achegado o informe de resultado do contrato porque a Consellería indica que
non existe”. Isto foi admitido como certo e non consta que esta resolución teña sido recorrida
polo agora reclamante en vía contencioso administrativo.
Para remarcar este punto compre indicar que a achega de información que ampara a
lexislación da transparencia so inclúe os contidos ou documentos que obren en poder dos
suxeitos e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións, polo que se non
existe o informe de resultados non pode ser achegado.
En todo caso, queda constancia no expediente que o reclamante non aclarou en que consistía
a súa petición e se estaba relacionada co expediente en cuestión (RSCTG 38/2017), polo que
existe un desistimento.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Declarar o desestimento e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 13 de decembro
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga