Inadmitida 20/12/2017 · 125 días en resolverse

Reclamación sobre la titularidad de un tramo de camino solicitada al Concello de Vigo y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó al Concello de Vigo información sobre la titularidad de un tramo de camino. La Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por falta de competencia, considerando que la solicitud no era de acceso a información pública sino un procedimiento de investigación de titularidad de bienes.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud no constituye un derecho de acceso a la información pública, sino una solicitud de aclaración de titularidad de un bien basada en el Reglamento de Bienes de las Entidades Locales.
2 La información solicitada no existía en el momento de la petición ya que requería una investigación previa para determinar la titularidad del camino.
3 Se aplica la causa de inadmisión relativa a información en curso de elaboración (art. 18.1.a de la Ley 19/2013) dado que la información no estaba disponible hasta finalizar las indagaciones.

Texto completo

ASUNTO: Acordo da Comisión da Transparencia de Galicia sobre a reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. En resposta á reclamación presentada por mediante escrito do 17 de agosto de 2017 dirixido á valedora do pobo, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de agosto de 2017, unha reclamación porque o Concello de Vigo non facilitou a información que solicitara sobre a titularidade do tramo do camiño sinalizado no plano topográfico municipal que axuntaba. O escrito viña acompañado de copia da solicitude, con entrada no rexistro do concello o 26-6-17. Segundo. O 4 de setembro deuse traslado ao Concello de Vigo da documentación aportada polo interesado para que achegara informe e copia completa e ordenada do expediente. O requirimento consta recibido o 6 de setembro. Terceiro. O concello remitiu o informe o 29-9-17 (entrada no Valedor do Pobo o 5-10-17). FUNDAMENTOS XURÍDICOS Único A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola lei 19/2013, de 9 de decembro (estatal), de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e pola Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, (galega) de transparencia e bo goberno, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O art. 24 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no art. 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O art. 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O art. 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu art. 28. A disposición adicional quinta da lei establece que corresponderá resolver esas reclamacións, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Trátase dunha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa. Se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. No caso examinado a solicitude non é de acceso a información pública, senón que trátase dunha solicitude relativa á aclaración da titularidade dun camiño. Trátase dun procedemento específico de investigación sobre o posible carácter demanial dun ben (posible titularidade municipal). Réxese polo Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño (Regulamento de Bens das Entidades Locais). Se require unha previa investigación, tal e como explica o concello, posto que a información non está dispoñible ou é dubidosa. Ata que a preceptiva investigación non finaliza a información non pode considerarse tal, isto é, aínda non existe (o concello sinala que non tivo a información ata que non finalizou as indagacións sobre o tramo do camiño). Si existían os indicios que se trasladaron oralmente ao reclamante; e precisamente por ser indicios era necesaria a investigación. Neste caso non se precisaba reelaborar a información, o que obrigaría a coñecer se resultaba aplicable a causa de inadmisión do art. 18.1.c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro (“información para cuia divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración”), senón era necesario investigar para despois dispoñer da información e no seu caso facilitala. No estadio previo (cando se fixo a solicitude) a información aínda non existía como tal, polo que resulta de aplicación o previsto no art. 18.1.a) da Lei 19/2013, do 9 de decembro (“información que estea en curso de elaboración”). En calquera caso coñecemos polo informe e os documentos aportados polo concello que tramitou o expediente específico (2901/244, 2017) e respondeu o 25-9-17 (resposta dirixida ao reclamante). En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos procede Único. Inadmitir o recurso presentado por por falta de competencia da Comisión da Transparencia. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga