Se solicitó al Concello de Baiona el acceso a los expedientes de dos convocatorias del plan de obras y servicios de la Deputación de Pontevedra. La reclamante alegó falta de respuesta satisfactoria sobre la valoración de sus pruebas. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por no haberse ejercitado el derecho de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La normativa aplicable al acceso de documentos para quienes tienen la condición de interesados en un procedimiento administrativo en curso es la del procedimiento administrativo común y no la de transparencia.
2
La documentación solicitada fue facilitada en el marco de las pruebas de selección de personal en las que la reclamante participó.
3
No se considera ejercido el derecho de acceso a la información pública ya que la solicitante no citó la legislación de transparencia en sus escritos.
4
Las cuestiones demandadas se refieren al desarrollo, puntuación y parámetros de las pruebas, y no a la solicitud de contenidos o documentos elaborados por la administración.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 10
de agosto de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 10 de agosto de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Baiona.
Da documentación da reclamante determínase que solicitara no concello, o 23 de xuño de
2017, o acceso aos expedientes da primeira e segunda convocatoria do plan de obras e
servizos da deputación de Pontevedra (plan concellos 2017). Da documentación achegada
pola reclamante coñécese que a reclamante participara en ámbalas dúas convocatorias. A
solicitude realizada o 23 de xuño de 2017, pedía acceso aos expedientes e a obtención de
copias das convocatorias, convocatorias que tiveran lugar os días 4 de abril e 15 de xuño de
2017. A reclamante indicaba que non quería acceso a datos persoais de ningún pois coñece a
lexislación de protección de datos.
Para analizar o expediente procédese a recoller o contido das copias dos documentos (en
papel timbrado do propio concello) nos que a agora reclamante asina unhas declaracións de
que o día 4 de abril de 2017 ás 10.00 horas “se lle informa por parte do Aedl do concello de
Baiona de que se lle informará por parte do concello da data e lugar de recollida das Bases de
Convocatoria dimanantes do proceso selectivo para a contratación de 7 operarios/as de
limpeza viaria e recollida de lixo. E asina a presente comunicación en proba de conformidade
os efectos legais oportunos de notificación.”. E outra declaración do día 15 de xuño na que
indica que as 10 horas se lle fai a agora reclamante a “entrega por parte do Aedl do concello
de Baiona das Bases de Convovocatoria para a contratación de sete prazas de operarios de
limpeza viaria e recollida de lixo dentro do Plan Concellos 2017 liña 3:Emprego para a
Conservación e Funcionamento de Béns e Servicios Municipais.
Que figura la listaxe derivado polo Servizo público de Emprego oficina de Baiona da oferta I.D
12/2017/3354 no código de ocupación 94431016-Varredores como demandante non ocupado
e que está dispoñible para o emprego.”
Igualmente achega a solicitude de 23 de xuño presentada ante o concello.
Segundo. Con data 4 de setembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de setembro de 2017.
O concello non informou, nin remitiu o expediente.
Terceiro. Con data do 6 de setembro se recibiu documentación achegada pola propia
interesada, consistente en:
A copia das bases das dúas convocatorias e un correo electrónico do Técnico de Xestión da
Deputación Provincial de Pontevedra no que se indica á reclamante “ En relación a su última
consulta, le aclaro que la Diputación no ha rectificado ningún punto de las Bases reguladoras
de las ayudas de la Linea 3 del Plan Concellos 2017. En cualquier caso, el proceso de selección
es responsabilidad del Concello de Baiona tal y como se recoge en las Bases por lo que para
obtener información sobre el estado del proceso selectivo debe dirigirse al propio
Ayuntamiento para que le informe.”. Este correo recolle a solicitude presentada pola
reclamante que fala de tres correos anteriores e unha reiteración na que formula as preguntas
que agora se lle respostan con datas de 04/07/16, 08/02/17 (reiterado con acuse o 11/04/17),
29/05/2017.
Igualmente se remite unhas alegacións dirixidas ao Concello o 17 de agosto de 2017 (rexistro
de entrada 6841), un escrito de 27 de xullo de 2017 dirixido ao concello (rexistro de entrada
6203) e un documento de 4 de agosto de 2017 que o concello lle dirixe á agora reclamante.
O escrito do 27 de xullo de 2017 explica que quere saber cales foran os seus erros e que non
recibiu resposta satisfactoria, indica as persoas que estiveron na proba que realizou e
pregunta “¿cómo es posible que hayan firmado el escrito anteriormente mencionado más
personas de las que me han visto hacer la prueba? ¿cómo pueden dar fe de lo que ha pasado
en esa habitación? (...) me dicen que puntuaba la agilidad pero, eso no me consta en las bases
de convocatoria. De ser así ¿en qué punto lo dice?” o escrito continua relatando unha
entrevista anulada na que ao se lle iban a explicar os erros cometidos e que a anulación foi
debido a que “la persona que lleva temas jurídicos del ayuntamiento le había dicho que era
ilegal; por lo visto si me lo mostraban a mí, debería hacerlo con todos. Rogaría a esa persona
que me indique en que normativa, ley o rango de ley está expuesto que es ilegal. A su vez, que
me indique en que articulo o punto es.”
A resposta de 4 de agosto de 2017 indica que “ El tribunal estaba formalmente constituído al
estar la totalidad de sus miembros tal y como se hace constar en el acta de dicha fecha”.
Tras citar unha serie de preceptos constitucionais e legais se lle indica: “El acta de fecha 11 de
julio de 2017 remitida a la administrada con motivo de la solicitud se hizo constar las
aclaraciones oportunas en relación a la prueba práctica realizada por la dicente el día 29 de
junio de 2017, una explicación lo suficientemente pormenorizada de la realización de la misma
con desglose de puntuación incluida. Y en este sentido, la llamada discrecionalidad técnica de
los Tribunales y órganos seleccionadores, que viene a significar que el juicio técnico emitido no
puede ser sustituido por otros órganos, administrativos o judiciales -salvo que haya existido
desviación de poder error o arbitrariedad-, hace descansar esta presunción de certeza y de
razonabilidad en la especialización e imparcialidad de los órganos seleccionadores (STC
34/1995, de 6 de febrero). Los criterios de valoración de las pruebas y ejercicios de la fase de
oposición, así como de los méritos en la fase de concurso, son de la exclusiva competencia de
los Órganos de selección siempre que en su actuación cumplan las normas y las bases de
convocatoria. Así lo vienen entendiendo tanto la doctrina del Tribunal Constitucional como la
del Tribunal Supremo que ha manifestado que "las valoraciones y las calificaciones que dan
los Órganos de selección de oposiciones a los exámenes realizados, son de la exclusiva
soberanía de los mismos, y no le es posible a los Tribunales de Justicia, suplir o sustituir esos
criterios valorativos, que por otra parte, son absolutamente discrecionales".
Nas alegacións do 17 de agosto de 2017 a reclamante fai referencia a outros escritos que ela
fixo nos que dirixe preguntas ao tribunal. Alega que do tribunal de cinco persoas solo estaban
dúas. Pregunta como se selecciona ás persoas que se encargan da recollida do lixo e se as
probas son as mesmas que as de limpeza viaria. Se pregunta porque o Concello cambiou o
punto quinto das bases de convocatoria, se as bases xenéricas da deputación non foron
cambiadas. Finalmente solicita resposta aos escritos de 30 de maio de 2017, 23 de xuño de
2017, 6 de xullo de 2017 e 27 de xullo de 2017.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica
en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Procede en primeiro lugar realizar unha análise da solicitude presentada pola interesada e as
actuacións do concello neste expediente.
O día 23 de xuño de 2017 a agora reclamante se dirixe ao concello e lle demanda que se lle
permitira o acceso aos expedientes, da primeira e segunda convocatoria do plan de obras e
servizos da deputación de Pontevedra (plan concellos 2017).
Do resto dos documentos achegados pola reclamante durante a tramitación do recurso
potestativo aparece que ela había participado en ámbalas dúas convocatorias. Que na
solicitude que fora realizada o 23 de xuño de 2017, so quería acceso aos expedientes e a
obtención de copias das convocatorias, convocatorias que tiveran lugar os días 4 de abril e 15
de xuño de 2017. E indicaba que non quería acceso a datos persoais de ningún pois coñece a
lexislación de protección de datos.
Non consta que nos escritos dirixidos ao concello achegados por ela mesma fixera mención a
lexislación de transparencia, ou que estaba a exercitar este dereito, pola contra da
documentación por ela achegada consta que nun procedemento de selección de persoal
laboral temporal no que participou solicita as bases (que se lle achegan), as actas (que se lle
achegan) e unha xustificación escrita do xeito de realizar as probas.
Esta documentación non é aceptada como xustificativa durante as probas, ou é directamente
discutida “me dicen que puntuaba la agilidad pero, eso no me consta en las bases de
convocatoria. De ser así ¿en qué punto lo dice?”, entre outras expresións.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, da transparencia básica establece na súa disposición
adicional primeira que “1. A normativa reguladora do correspondente procedemento
administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teñan a condición de interesados
nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren nel.”
Pola súa parte o artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro define a información pública como
os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en
poder do concello e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
A vista do expediente e desta normativa queda claro que a documentación solicitada se lle
achegou no marco das probas de selección temporal de persoal nas que a reclamante
participou, igualmente queda claro que non se exercitou ante o concello o dereito de acceso
á información pública, pois non o cita nos seus escritos ante o concello e as cuestións
demandadas están relacionadas co xeito de desenvolvemento das ditas probas, a puntuación
e os parámetros utilizados e non coa ausencia ou non de contidos ou documentos elaborados
ou adquiridos polo concello no exercicio das súas funcións.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir por falta de competencia a reclamación presentada por
con data do 10 de agosto de 2017, contra o Concello de Baiona ao non ter exercitado
o dereito de acceso á información ante esa administración.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 20 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga