El ciudadano solicitó al Concello de Nigrán acceso a expedientes urbanísticos. Tras alegar silencio administrativo, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Dicho organismo decide inadmitir la reclamación porque no había transcurrido el plazo legal para que la administración respondiera, ya que la solicitud entró en el ayuntamiento el 3 de julio.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada prematuramente el 21 de julio, antes de que transcurriera el plazo de un mes para resolver la solicitud original.
2
El cómputo del plazo para resolver comienza desde la recepción de la solicitud por el órgano competente, que en este caso fue el 3 de julio.
3
El solicitante incurrió en un error al considerar que el plazo contaba desde la fecha de presentación en el registro general de la Xunta y no desde la entrada en el ayuntamiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito
do 20 de xullo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 26 de xullo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Nigrán.
O interesado indicaba que por escrito do 27 de xuño de 2017, presentado no Rexistro Xeral
da Xunta de Galicia do edificio administrativo de Vigo, solicitou que se lle concedera día para
acceder aos rexistros e documentos que formaran parte dos expedientes 14/00336 U e
08/0266 U, ambos relativos a actuacións urbanísticas relacionadas coa ampliación da casa
consistorial e a modificación puntual nº 8 das Normas Subsidiarias do Concello de Nigrán.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información pública de data do
26 de xuño e presentada no rexistro do edificio administrativo o día 27 de xuño.
Segundo. Con data do 1 de setembro déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao Concello de Nigrán para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 6 de setembro.
Terceiro. Con data do 19 de setembro de 2017 se recibiu o informe do Concello de Nigrán.
O informe, en resumo, indicou que o 3 de xullo tivo entrada no rexistro dese concello un
escrito de de data 26 de xuño, no que solicitaba a vista dos expedientes
14/00336 U e 08/0266 U.
O día 7 de agosto de 2017, accédese ao solicitado sinalando o día 5 de setembro de 2017 para
a súa consulta, significándolle que no caso de non poder acudir o día sinalado, debería
comunicalo con antelación á oficina de urbanismo, xa que de non facelo procederíase ao
arquivo da petición.
Unha vez devoltos os expedientes ao arquivo, o 11 de setembro de 2017 presentou una nova
petición. O día 14 de setembro de 2017 accedese novamente o solicitado polo interesado.
Achégase copia da citada documentación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O recurso substitutivo contra a presunta desestimación por silencio da solicitude de acceso á
información de data de 26 de xuño de 2017 foi presentado no Rexistro Xeral da Xunta de
Galicia do edificio administrativo de Vigo o día 21 de xullo de 2017, antes do transcurso do
prazo dun mes de que dispón o órgano competente para resolver sobre a petición e notificala.
Malia que o acceso lle fora xa concedido ao reclamante polo Concello de Nigrán, o recurso
substitutivo debe ser inadmitido por non terse esgotado o prazo máximo conferido a
administración municipal para resolver sobre a concesión ou denegación do acceso. Cómpre
indicar que o prazo se computa desde a recepción da solicitude polo órgano competente para
resolver e que o Concello de Nigrán informou a esta Comisión que o escrito do reclamante
tivo entrada no rexistro dese concello o día 3 de xullo.
De feito, o reclamante incorre nun erro claro xa que na súa reclamación perante a Comisión
da Transparencia, de data do 20 de xullo de 2017, indica que teñen transcorrido trinta días
desde a súa solicitude de 27 de xuño sen que se lle notificara a resolución.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Inadmitir a reclamación do 20 de xullo de 2017, presentada por
con data de rexistro do 21 de xullo de 2017, contra a denegación por silencio do
acceso á información por parte do Concello de Nigrán por non ter transcorrido o prazo legal
conferido a administración para resolver sobre a petición e notificala.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga