El ciudadano solicitó al Concello da Coruña un informe o certificación sobre la demolición total de un inmueble. Tras reiteradas peticiones y la denegación de emitir dicho documento por no haberse ejecutado una demolición total, el interesado recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por no tratarse de un ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información ya que no se solicitan contenidos o documentos existentes, sino la elaboración de una certificación específica.
2
La administración no puede emitir la certificación de demolición total solicitada puesto que dicha demolición ni se solicitó en la licencia de obras ni se ejecutó materialmente.
3
El solicitante no invocó la legislación de transparencia en sus peticiones originales al Ayuntamiento, actuando dentro de un procedimiento administrativo de demolición.
4
La pretensión de obtener un documento que la administración no posee ni puede emitir por razones fácticas no encaja en el ámbito de aplicación de la normativa de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e representación
da súa nai mediante escrito do 7 de xullo de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. por en nome e representación da súa nai
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
14 de xullo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida
unha solicitude de acceso á información por parte do Concello da Coruña.
O interesado indicaba que existía unha omisión a 6 peticións solicitando informe ou
certificación do órgano competente sobre a demolición total do inmoble que describe como
“vivenda unifamiliar xa demolida sita no nº 29 do Camiño do Pinar no citado concello”,
expediente tramitado pola área de rexeneración urbana e dereito á vivenda. Textualmente
pide : “informe o certificación del organo competente sobre la demolicion total del inmueble
para poder modificar el catastro para. Reconcerlo como solar„ solicitar la modificacion del ibi,
y la devolución del deposito de 600 euros de EMALCSA”
O escrito viña acompañado dun escrito de 5 de xullo de 2017 dirixido ao Concello no que se
indicaba que reiteraba por sexta vez informe ou certificación do órgano competente sobre a
demolición total do inmoble para poder modificar o catastro para recoñecelo como solar,
solicitar a modificación do IBI e a devolución do depósito de 600 euros de EMALCSA o DNI do
representante da reclamante e unha nova de prensa de 26 de abril de 2017 titulada “Le
okuparon la casa cinco veces, se la incendiaron y tuvo que pagar el derribo”.
Segundo. Con data 17 de xullo de 2017 o Consejo da Transparencia y Buen Gobierno da
traslado dunha reclamación idéntica dirixida por a ese órgano.
Terceiro. Con data 19 de xullo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 24 de xullo de 2017.
Cuarto. Con data 2 de agosto de 2017 o concello informa por correo electrónico das
dificultades para remitir o expediente e o informe, e finalmente achega o 10 de agosto de
2017 un informe e o índice do expediente elaborado que é un expediente de 942 páxinas.
O informe de 10 páxinas , en resumo, indicou que:
O inmoble nº 29 do Camiño do Pinar da lugar a un expediente de oficio de declaración de
ruina. Durante a súa tramitación optou por solicitar licenza de
demolición de vivenda concedida o 9 de xaneiro de 2015.
O 15 de abril de 2015 a Policía Local informa sobre a execución da obra do inmoble.
O 28 de abril de 2015 realízase unha inspección exterior do arquitecto municipal que
comproba a demolición, “manteniéndose únicamente pequeña parte de los muros de cierre
en planta baja y algún escombro acumulado én el solar resultante”
O 29 de outubro de 2015 emítese novo informe do arquitecto municipal “apreciándose que
se ha dejado sin demoler partes desiguales de la fachada principal y de cierre lateral izquierdo,
encontrándose pintados exteriormente, así como la medianera vista con el inmueble
colindante N° 30 de la misma vía. Se mantiene parte de puerta de madera existente en lo que
era el acceso inmueble e interiormente se aprecia la existencia de algún desperdicio y la
acumulación de vegetación en la parte posterior de la parcela que se encontraba libre de
edificación”.
A primeira ocasión na que solicita o informe ou certificación do órgano
competente sobre a demolición total do inmoble é o 6 de maio de 2016.
O 12 de maio de 2016 solicítase novo informe ao arquitecto que o emite o 18 de maio de 2016
e indica que a situació é a mesma do informe de 29 de outubro de 2015. Recordando que “Se
tendrá que estar a lo establecido en los artículos 2.2.6 y 6.8.1 del vigente PGOM en lo que le
sea de aplicación, recordando que la parcela resultado de la demolición se encuentra en suelo
urbano no consolidado dentro del ámbito del Polígono POL M22. Parque del Agra, situada en
suelo afecto a Sistema Local de Espacios Libres de carácter público”
“O 23/06/2016 o director de Rexeneración Urbana e Vivenda ditou un decreto no cal resolveu,
ademais de declarar a inadmisión de dous recursos de reposición presentados e de reiterar as
ordes contidas no acordo de concesión da licenza de demolición respecto á adecuación da
parcela resultante desta, o seguinte (apartado 1 do decreto):
1.- Dar nuevamente traslado a , en su condición de representante de
, de los informes del arquitecto municipal
de fechas 10/10/2008, 29/06/2009, 30/01/2012, 26/12/2012, 04/04/2013; de la arquitecta
técnica de 29/05/2012; y del inspector
de 21/12/2007 y 13/02/2009, emitidos en relación al inmueble sito en calle Camino
del Pinar, número 29, de A Coruña (informes de todos ios cuales ya se remitió copia a aquel
por oficio de 23/06/2015, notificado el 06/07/2015), en contestación a la solicitud de aquel
presentada el 04/07/2015 y reiterada el 11/07/2015, el 16/05/2016 y el 13/06/2016; así como
de los informes del citado arquitecto de fechas 29/10/2015 y 18/05/2016, en contestación a
la solicitud de aquel presentada el 06/05/2016 y reiterada el 12/05/2016 y el 08/06/2016.
Este decreto foi notificado, xuntando coa propia notificación as copias dos informes técnicos
citados, e segundo consta nos correspondentes xustificantes de recepción de Correos:
-a , o 07/07/2016
-a , o 07/07/2016”
O sr. segue facendo a mesma solicitude a pesar da declaración de inadmisión, fainas
os días 6 de maio de 2016, 12 de maio de 2016 8 de xuño de 2016, 6 de xullo de 2016 , 11 de
outubro de 2016 e 5 de xullo de 2017.
A partir do 3 de agosto de 2016 comparece no procedemento ,
copropietario, que pide ser notificado e solicita unha prórroga do prazo conferido para
executar os traballos pendentes (adecuación da parcela resultante da demolición).
O 6 de outubro de 2016 o arquitecto achega tres fotografías da parcela e
indica que se verifica a adecuación pertinente ao PGOM.
O 10 de outubro de 2016 polo arquitecto infórmase “da adopción das
medidas ordenadas no Decreto de 23.6.2016, en relación a limpeza da parcela resultante da
demolición do inmoble N° 29 da rúa Camino del Pinar e xustificación urbanística do peche que
se mantén, acompañado de fotografías da situación existente na referida parcela,
considerando que tendo en conta o achegado e situación urbanística na que se atopa a parcela
resultante da demolición executada, pódese dar por cumprido o ordenado na disposición
terceira do referido Decreto de data 23.6.2016.”
O 7 de xullo de 2017 novamente o Sr. fai a súa solicitude ante o concello, e na mesma
data se dirixe á Comisión da Transparencia.
O informe indica que se trata dun procedemento de ruína que se rexe polas disposicións xerais
do procedemento administrativo común. En relación ao exercicio do dereito de acceso neste
expediente como fillo da copropietaria este dereito non foi exercido, polo que en ningún
momento se denegou o dereito de acceso no expediente. O concello non emitiu orde de
demolición porque a copropietaria solicitou voluntariamente unha licenza de demolición,
executada de forma voluntaria. Existiu orde de adecuación da parcela resultante da
demolición, que tivo que ser reiterada. A solicitude presentada ante a Comisión da
Transparencia, idéntica as seis peticións dirixidas ao concello foron “contestadas
expresamente no apartado 1 do decreto do 23/06/2016 do director de Rexeneración Urbana
e Vivenda”
“A demolición do inmoble, consonte o apartado F do punto primeiro do acordo de concesión
da licenza de demolición adoptado no expediente 621/2014/1966, tiña que efectuarse baixo a
dirección dun arquitecto técnico ou aparellador; que é a quen Ile corresponde certificar o final
da obra. Así mesmo, en virtude do establecido no artigo 2.2 da Lei 38/1999, do 5 de novembro,
de ordenación da edificación, en conexión co sinalado no artigo 2 do Real decreto 1000/2010,
do 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio, tanto o proxecto de demolición como o
certificado final de obra desta deben estar visados polo colexio oficial correspondente. Non
consta na base informática municipal que achegase este certificado
final de obra.
A maiores do anterior, a demolición que se executou non foi total: segundo o informe técnico
emitido o 10/09/2014 no expediente de licenza 621/2014/1966 sobre o proxecto técnico que
presentou coa solicitude de licenza, as obras pretendidas consistirían
na demolición manual de un edificio compuesto de planta baja y planta alta, con la excepción
de parte de las fachadas principal y posterior.
O propio arquitecto municipal así o reflicte no seu informe do 29/10/2015:
En esta inspección se comprueba que aparentemente se han finalizado los trabajos de
demolición del inmueble referencia, apreciándose que se ha dejado sin demoler partes
desiguales de la fachada principal y de cierre lateral izquierdo, encontrándose pintados
exteriormente, así como la medianera vista con el inmueble colindante N° 30 de la misma vía.
[...]; así como no seu informe do 18/05/2016: [...] En esta inspección se comprueba que el solar
resultado de la demolición del inmueble N° 29 de la calle Camino del Pinar se encuentra en la
misma situación aparente descrita en anterior informe técnico de fecha 29.10.2015.
Consonte a todo o indicado, resulta evidente que o feito de non demoler as referidas partes do
inmoble non obedeceu á indicación ningunha dos técnicos de Ruínas, como afirma
. Tal como se sinalou, esta administración limitouse a conceder unha licenza
de demolición autorizando o proxecto técnico que para este obxecto presentou
; sendo neste proxecto no que esta manifestaba a súa vontade de non demoler
unha parte das fachadas principal e posterior. Disto dedúcese que a pretensión manifestada
na solicitude de licenza non era unha demolición total.
Dos dous puntos anteriores dedúcese que esta administración non pode informar nin emitir
certificado ningún sobre a demolición total do inmoble, tal como pretende
nos seus seis escritos, sinxelamente porque tal demolición total nin se solicitou na
licenza de obras nin se executou.
A pesar de canto antecede, coa maior brevidade que sexa posible volverase a enviar por
segunda ocasión a unha copia dos informes emitidos polo arquitecto
municipal o 29/10/2015 e o 18/05/2016, así como do emitido polo
mesmo técnico o 31/10/2016, en contestación ás solicitudes daquel do 06/07/2016, o
08/10/2016 e o 05/07/2017 (sendo esta última a que aquel xunta co escrito que dirixe o
07/07/2017 á Comisión da Transparencia de Galicia) así como en contestación ás solicitudes
presentadas pola mesma persoa o 30/07/2016, o 05/08/2016, o 12/08/2016 e o 27/09/2016”
Quinto. Con data de 29 de setembro de 2017, requírese ao concello que ampliase o seu
informe de agosto no sentido de completar na información indicando os “Documentos que
avalen que o solicitante presentou en nome propio ou no da súa nai unha solicitude de acceso
á información pública nos termos previstos na lexislación básica da transparencia e o artigo
26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.” E que procedese a realizar “Informe de se ao tratarse
dunha petición incluída nunha licencia de obra existe algunha normativa reguladora específica
de acceso á información, indicándose a norma e indicando expresamente se os artigos nos que
se recolle o acceso á información que deban aplicarse a aqueles que teñan a condición de
interesados nun procedemento administrativo en curso para acceder aos documentos que se
integren no mesmo, de ser este o caso deberá igualmente indicalo no seu informe.”
Sexto. Con data 17 de outubro de 2017 o concello indica que:
Nos escritos no concello o Sr. non fai referencia a que a súa motivación sexa a contida
nin na lexislación básica de transparencia nin no artigo 26 da devandita lei autonómica. A
solicitude do Sr. constitúe unha mera reiteración de solicitudes anteriores relativas á
citada petición dun informe ou certificación do órgano competente sobre a demolición total
do inmoble do nº 29 do Camiño do Pinar, solicitudes que xa foron contestadas coa notificación
do decreto ditado o 23/06/2016, do que consta a recepción polo agora reclamante.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta Lei
19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na
súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Analizaremos en primeiro termo se o reclamante é competente para formular un recurso
potestativo ante a Comisión da Transparencia. O reclamante en todo momento di que está a
representar a súa nai, pero nin en vía administrativa nin en vía de recurso xustifica tal
representación. O dereito de acceso á información, en todo caso, permite a solicitude de
documentos en poder da administración que fosen adquiridos ou elaborados no exercicio das
súas funcións, polo tanto o feito de que non se achegara o consentimento da persoa que se
di representar solo significaría que o fixo en nome propio. Unha vez dito isto, entrando sobre
o fondo do asunto analizaremos se o documento solicitado é ou non exercicio do dereito de
acceso.
A petición realizada no Concello da Coruña consiste nun “informe ou certificación do órgano
competente sobre a demolición total do inmoble para poder modificar o catastro para
recoñecelo como solar„ solicitar a modificación do IBI, e a devolución do deposito de 600 euros
de EMALCSA”
Da documentación achegada polo Concello detéctase que tal certificado non existe, senón
que se suscita nun expediente de outorgamento de licenza de demolición de vivenda
concedida o 9 de xaneiro de 2015, no que se suscitan unhas ordes de adecuación da parcela
resultante da demolición.
Durante esta tramitación o reclamante fai esa solicitude de emisión de informe ou certificado.
Esa solicitude da lugar a que o 23 de xuño de 2016, o director de Rexeneración Urbana e
Vivenda ditase un decreto no cal se resolveu declarar a inadmisión dos dous recursos de
reposición presentados polo agora reclamante e de reiterar as ordes contidas no acordo de
concesión da licenza de demolición respecto á adecuación da parcela resultante desta, e “ Dar
nuevamente traslado a , en su condición de representante de
, de los informes del arquitecto municipal
de fechas 10/10/2008, 29/06/2009, 30/01/2012, 26/12/2012, 04/04/2013; de la arquitecta
técnica de 29/05/2012; y del inspector
de 21/12/2007 y 13/02/2009, emitidos en relación al inmueble sito en calle Camino
del Pinar, número 29, de A Coruña (informes de todos los cuales ya se remitió copia a aquel
por oficio de 23/06/2015, notificado el 06/07/2015), en contestación a la solicitud de aquel
presentada el 04/07/2015 y reiterada el 11/07/2015, el 16/05/2016 y el 13/06/2016; así como
de los informes del citado arquitecto de fechas 29/10/2015 y 18/05/2016, en contestación a
la solicitud de aquel presentada el 06/05/2016 y reiterada el 12/05/2016 y el 08/06/2016”
O que se solicita non son por tanto contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte,
que consten en poder dalgún titular incluído no ámbito de aplicación da lexislación da
transparencia que tivesen sido elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, senón
que se trata dun documento que debería terse elaborado a partir dos contidos que a
administración ten no expediente de demolición. Pero o que se solicita é o documento en si,
e en todo caso, co contido e datos que obran no expediente xa se lle indicou ao interesado en
varias ocasións que era imposible “sinxelamente porque tal demolición total nin se solicitou
na licenza de obras nin se executou”.
Non consta no concello a solicitude do exercicio dun dereito de acceso á información. Existe
un procedemento de demolición de inmoble no que se solicita un certificado que non coincide
coa licencia solicitada e executada. O agora reclamante non citou durante o procedemento
de demolición a lexislación da transparencia, e nin sequera solicitou ao concello, como
representante da copropietaria do inmoble, o acceso ao expediente.
Quinto.- Por tanto a solicitude non é o exercicio dun dereito de acceso á información, tanto
porque non houbo unha solicitude de acceso á información, como polo feito de que o que se
solicitaba non é un documento ou contido en poder do concello elaborado ou adquirido no
exercicio das súas funcións, senón que se pretende unha certificación que xa lle foi notificada
que era inadmisible emitila sen que o interesado interpuxera un recurso e que polo tanto
devino firme.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Inadmitir por falta de competencia a reclamación presentada por
en nome e representación de con data 14 de xullo de 2017,
contra a denegación do Concello da Coruña, por non tratarse do exercicio dun dereito de
acceso á información pública nos termos recollidos nos fundamentos cuarto e quinto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga