Un abogado de la Xunta de Galicia, actuando como tercero afectado, solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia la anulación de una resolución de la Dirección Xeral da Asesoría Xurídica que había concedido acceso parcial a información sobre sus compatibilidades. La Comisión inadmitió la reclamación por carecer de competencia para anular actos administrativos.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información, sino una solicitud de anulación o modificación de un acto administrativo previo.
2
La Comisión da Transparencia carece de competencias legales para declarar la nulidad o anulabilidad de resoluciones administrativas emitidas por otros órganos de la Xunta de Galicia.
3
La información relativa a las autorizaciones de compatibilidad de los empleados públicos es materia de publicidad activa según el artículo 8.1 g) de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , representado por
, mediante escrito do 5 de maio de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
da Xunta de Galicia o día 14 de febreiro de 2017, unha solicitude de acceso á información
pública, en representación de ao amparo do disposto no artigo 26 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, para recibir información sobre os
letrados e letradas da Xunta de Galicia e as compatibilidades concedidas pola administración.
Con data de 16 de marzo de 2017 suspéndese o prazo para resolver a solicitude de acceso á
información pública presentada por para darlle traslado ao agora
reclamante, funcionario do corpo de letrados cunha compatibilidade en vigor.
Con data de 6 de abril de 2017 o agora reclamante realizaba unhas alegacións nas que indicaba
que se descoñecía o interese que puidese ter o solicitante “xa que non mantemos
absolutamente ningunha relación persoal ou profesional co mesmo”, tamén manifestaba que
tendo en conta o dereito prevalente á protección de datos procede “coidarse que a que se
entregue sexa relevante para a participación e control do funcionamento da Administración
autonómica por parte do peticionario”, indicando que lle parece suficiente con referirse ao
número de rexistro de persoal evitando un listado antroponímico ou patronímico
individualizado facilitado pola propia administración. Entendía igualmente que “ en ningún
caso se debe facilitar información que afecte a intereses de todos e cada un dos letrados, sen
consentimento dos mesmos, tendo en conta ademais o disposto na Lei Orgánica 15/1999, do
13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal”.
Con data de 6 de abril de 2017 a Dirección Xeral da Asesoría Xurídica, resolve con estimación
parcial o acceso, dando, entre outros, datos varios que se corresponden coa compatibilidade
da persoa que agora reclama.
A resolución é notificada ao letrado da Xunta e recibida o 7 de abril de 2017.
O 5 de maio de 2017, , en nome e representación de
, diríxese á Comisión da Transparencia coa seguinte reclamación “a estimación da
reclamación que formulamos e de acordo cos argumentos que figuran no presente escrito e
en contra do manifestado na Resolución da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral sobre a
solicitude de acceso á información pública, e se anule e declare nulo o referido acto
administrativo de información resolución da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica de 6 de abril
de 2017.”
Segundo. Con data de 10 de maio de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de maio de 2017.
Terceiro. Con data de 6 de xuño de 2017 recibiuse o informe e o expediente íntegro.
Cuarto. Na sesión XV, celebrada o día 5 de outubro de 2017, pola Comisión da Transparencia
acordouse que o expediente RSCTG 48/2017, se retirase da sesión co fin de que “se proceda
a identificar a terceiros interesados e darlle aos mesmos o trámite de audiencia previsto nos
artigos 22.4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e a disposición adicional cuarta da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro”.
Quinto. O 11 de outubro de 2017 se lle notificou ao reclamante que se procedía a apertura
dun trámite a terceiro interesado ante un recurso potestativo de acceso á información
pública. A recepción do oficio foi o 18 de outubro de 2017.
Sexto. O mesmo 11 de outubro se notificaba ao terceiro a apertura dun trámite de audiencia
tendo en conta que o procedemento administrativo dos artigos 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro e o artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro prevén que se a denegación do acceso
á información se fundamenta na protección de intereses de terceiros, outorgarase trámite de
audiencia ás persoas que puideran resultar afectadas para que aleguen o que ao seu dereito
conveña. A recepción do oficio foi o 16 de outubro de 2017.
Sétimo. O terceiro non fai alegacións, mais o reclamante neste expediente dirixe un escrito
recibido o 3 de novembro, mais selado en correos con data do 31 de outubro de 2017 co
seguinte alegato; a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de
Carácter Persoal, establece que o obxecto desta Lei é garantir e protexer no que concerne ao
tratamento dos datos persoais, (...) e especialmente a intimidade persoal. Solicitando que o
que se achegue sexa relevante para o control do funcionamento da administración por parte
do peticionario, indicando que sería suficiente facilitar como moito o número de rexistro de
persoal dos letrados e letradas.
O terceiro interesado entende que ao tratarse dunha lei orgánica debe prevalecer sobre
contido da Lei de transparencia: debéndose preservar, na medida do posible, o dereito á
intimidade dos letrados/as da Xunta de Galicia; e para poder preservar que a información que
se facilita sexa veraz, correcta e pertinente, debe entregarse coas garantías inherentes, non
só ao fomento da transparencia, senón tamén co dereito prevalente, á protección de datos
de carácter persoal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola Lei 19/2013, de 9 de
decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico,
e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma
de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se
remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que,
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que
corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións
de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que , contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta establece que
a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións
ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas
Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que
determinen as Comunidades Autónomas, por tanto as competencias nas materias que
corresponden á Administración Xeral do Estado son sempre competencia do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno.
Segundo.- Exercicio do dereito de acceso á información pública
O artigo 17.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que o procedemento para o
exercicio do dereito de acceso se iniciará coa presentación da correspondente solicitude, que
deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información.
Terceiro.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que
o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013,
de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as
reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación
con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que
se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo
común en materia de recursos.
Cuarto.- Análise do expediente
Non se pode entrar no fondo do asunto dado que tras a revisión do o informe, o expediente
e as alegacións detéctase que o agora reclamante non exercitou o seu dereito de acceso á
información pública, senón que solicita á Comisión que se anule ou modifique a Resolución da
Dirección Xeral da Asesoría Xurídica ante a solicitude de información pública de
RSCTG 39/2017, para un dato, as compatibilidades que son obxecto de
publicidade activa.
A reclamación formulada á Comisión da Transparencia non entra dentro das competencias
que os artigos 33 e 32 atribúen ao Valedor do Pobo como Comisión da Transparencia nin como
Comisionado da Transparencia.
Tal como di o informe da Asesoría Xurídica “De acordo coa normativa básica e autonómica en
materia de transparencia, a publicidade activa e o dereito de acceso á información son dúas
caras da mesma realidade: a transparencia da actividade pública.
Se ben, tal como xa sinalou o CTBG, compre salientar o diferente fundamento xurídico no cal
se sustentan un e outro concepto. Nun caso se configura coma unha obriga das institucións e
Administracións Públicas (a publicidade activa), mentres que noutro caso -o acceso á
información ou transparencia pasiva- se configura coma un dereito das persoas, baseado no
artigo 105 b) da Constitución.
En ambos casos a finalidade da transparencia é garantir que os cidadáns coñezan a
organización e o funcionamento das institucións públicas.”.
Pois ben, o capítulo II da Lei 19/2013, do 9 de decembro, recolle no artigo 8 1. g) que deben
facerse públicos as resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que
afecten aos empregados públicos así como as que autoricen o exercicio de actividade privada
ao cese dos altos cargos da Administración Xeral do Estado ou asimilados segundo a normativa
autonómica ou local. Este capítulo obriga as Administracións Públicas a publicar as resolucións
de autorización de compatibilidade.
Quinto.-
En conclusión procede inadmitir a reclamación presentada por ,
en representación de , por tratarse dunha petición na que esta
comisión carece de competencias ao atribuírse a este órgano a declaración de anulabilidade
ou nulidade dunha resolución administrativa na que se lle citou, como terceiro afectado e en
relación a unha materia que é obxecto de publicidade activa, polo que de existir algún
impedimento para a súa difusión xa debería ter sido manifestado polo terceiro no momento
de facer a solicitude de compatibilidade e non durante a solicitude de acceso a información.
A Comisión da Transparencia, en atención aos anteriores antecedentes e fundamentos
xurídicos,
ACORDA
Inadmitir a reclamación presentada por , en representación de
con data de 5 de maio de 2017, por carecer de competencias para
declarar a anulabilidade ou nulidade dunha reclamación administrativa emitida pola Xunta de
Galicia para informar sobre unha compatibilidade que é obxecto de publicidade activa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
720 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga