El ciudadano solicitó al Concello de Vilar de Barrio información sobre licencias de obra, exposición pública y clasificación urbanística de una parcela. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración respondió fuera de plazo y solo tras la intervención del órgano de control.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales al constatar que el Concello de Vilar de Barrio respondió a la solicitud fuera del plazo legal.
2
Se determina que la administración reclamada solo proporcionó la información solicitada tras recibir el requerimiento de la Comisión da Transparencia.
3
La resolución se fundamenta en la vulneración del derecho de acceso a la información pública al producirse una denegación por silencio administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 21
de agosto de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 23 de agosto de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Vilar de Barrio.
O interesado indicaba que por escrito do 27 de xuño de 2017, presentado no Rexistro Xeral
da Xunta de Galicia, solicitou que se lle concedera acceso á seguinte información:
1.- Se pide licencia municipal para llevar a cabo las obras en la parcela 1161 del polígono 7
del municipio de Vilar de Barrio, en Ourense, se adjunta plano catastral. Construcción de
naves de tipo industrial.
2.- Período de exposición pública de la respectiva licencia de obra y alegaciones a la misma,
en todo caso.
3.- Tipo y clasificación del suelo en el plan de ordenación municipal aprobado por el pleno
de la corporación en el año 2008 y la fundamentación si es urbanizable o bien se trata de
suelo rústico con algún tipo de protección.
4.- Informe del técnico municipal competente en la materia sobre la necesidad de proceder
a realizar las respectivas obras, en todo caso.
5.- Se adjunta planos de situación de la parcela y de las naves industriales enclavadas en el
polígono 7 de la parcela 1161, Vilar de Barrio.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información pública de data do
27 de xuño (por erro figura o 27 de xullo no recurso substitutivo).
Segundo. Con data do 4 de setembro déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao Concello de Vilar de Barrio para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de setembro.
Terceiro. Con data do 11 de outubro de 2017 se recibiu o informe do Concello de Vilar de
Barrio.
O informe, en resumo, indicou que “con data do 27 de xuño de 2017 (rexistro de entrada n°
727 de data 29 de xuño de 2017) ten entrada no rexistro do concello de Vilar de Barrio
solicitude de información sobre as obras na parcela 1161 do polígono 7, da que se xunta copia
para o seu coñecemento.
En data 4 de outubro de 2017 consta informe do técnico intentando dar resposta as distintas
cuestións plantexadas na solicitude, do que se xunta copia para o seu coñecemento.
En data 5 de outubro de 2017 remíteselle copia do informe técnico ó interesado ós efectos
oportunos”.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O Concello de Vilar de Barrio achegou a información solicitada fóra de prazo xa que a solicitude
de información foi respondida despois de recibir o escrito da Comisión da Transparencia.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Estimar por motivos formais a reclamación do 21 de agosto de 2017, presentada por
con data de rexistro do 23 de agosto de 2017, contra a denegación
por silencio do acceso á información por parte do Concello de Vilar de Barrio.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga