Se solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia copia de proyectos de explotación, planes de restauración e informes ambientales de una mina. Ante la falta de respuesta, el ciudadano reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud al considerar que es información pública y que la administración no justificó límite alguno.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración no presentó informe ni expediente, lo que se interpreta como una falta de voluntad de alegar límites al derecho de acceso.
2
La aplicación de límites al acceso no puede ser automática ni genérica, requiriendo una ponderación basada en el test del daño y el test del interés.
3
Los planes de restauración y los informes ambientales son de interés público y su acceso solo podría limitarse mediante la disociación de datos personales.
4
Los proyectos de explotación y planos anuales deben ser facilitados, previa evaluación motivada de si existe algún perjuicio real a los límites legales, especialmente el de intereses económicos.
Texto completo
ASUNTO: Acordo da Comisión da Transparencia de Galicia sobre a reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
En resposta á reclamación presentada por mediante escrito do 23
de agosto de 2017 á Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de agosto de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desatendida unha solicitude de acceso á información dirixida ao xefe do servizo de enerxía e
minas de Lugo (Consellería de Economía, Emprego e Industria).
O escrito viña acompañado de copia da solicitude (relativa á explotación mineira D Isidro nº
6043, en Triacastela; copia íntegra dos proxectos de explotación da referida explotación
mineira; copia íntegra do plan de restauración da explotación; copia íntegra dos planos
anuais de labores dos últimos 10 anos; copia íntegra dos informes ambientais que recollen
as labores de restauración levadas a cabo anualmente e o grao de cumprimento do plan de
restauración ao longo dos últimos 10 anos), con entrada no rexistro xeral da Xunta de Galicia
o 12-7-17.
A solicitude presentouse ao abeiro da lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia,
acceso á información pública e bo goberno.
O recurso sinala que non se deu resposta.
Segundo. O 5 de setembro déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á
Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegara informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta
recibido o 11 de setembro.
Terceiro. Non se recibiu o informe e o expediente. Transcorrido o prazo continúase o curso
do procedemento sen ambas cousas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola lei 19/2013, de 9 de
decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (estatal), e pola Lei
1/2016, de 18 de xaneiro (galega), xunto coa lexislación básica en materia de procedemento
administrativo.
O art. 24 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de carácter básico na súa práctica totalidade,
establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no art. 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións
das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas
no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O art. 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O art. 33 da mesma lei
indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu art.
28.
Segundo. Procedemento aplicable
O art. 28.3 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do art. 24 da lei 19/2013, de 9 de decembro. trátase dunha
reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-
administrativa. Se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento
administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”;
é a mesma definición da información pública que se contén no art. 13 da Lei 19/2013, de 9
de decembro (básica).
Tanto o concepto de información pública como o dereito de acceso á mesma se configuran
de forma ampla na normativa autonómica e estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas e o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información
(art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
A lei 19/2013, de 9 de decembro, ten por obxecto “ampliar e reforzar a transparencia da
actividade pública” e “regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela
actividade” (art. 1). No seu preámbulo sinala que “a transparencia, o acceso á información
pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política.
Só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns
poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos
públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun
proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica,
esixente e que demanda participación dos poderes públicos”.
A Lei galega 1/2016, de 18 de xaneiro, sinala na súa Exposición de Motivos que “a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións” aconsella a
aprobación do texto, e resalta a superación dos anteriores estándares (“avanzar nos pasos
dados pola lexislación previa e de os superar”), o que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para interpoñer o recurso
O art. 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no
prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado. Non se
deu resposta expresa no prazo para resolver nin antes do recurso, polo que a reclamación
contra o acto presunto (desestimación por silencio negativo, art. 27.5 da Lei 1/2016, de 18
de xaneiro) debe considerase en prazo.
Quinto. Análise xeral
A solicitude reclama información sobre a explotación mineira D Isidro nº 6043, en
Triacastela; copia íntegra dos proxectos de explotación da referida explotación mineira;
copia íntegra do plan de restauración da explotación; copia íntegra dos planos anuais de
labores dos últimos 10 anos; copia íntegra dos informes ambientais que recollen as labores
de restauración levadas a cabo anualmente e o grao de cumprimento do plan de
restauración ao longo dos últimos 10 anos.
A Lei 27/2006, do 18 de xullo, ten por obxecto acceder á información ambiental que obre en
poder das administracións públicas, participar nos procedementos de toma de decisións que
inciden no medio ambiente e instar a revisión administrativa e xudicial de actos ou omisións
da normativa ambiental.
As Leis 19/2013, do 9 de decembro, e 1/2016 do 18 de xaneiro, teñen por finalidade dar
acceso aos contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obre
en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título e que fosen
elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
A solicitude se refire á copia do expediente relativo á unha concesión, deste tipo de
expedientes só sabese que afectan a unha concesión integrada nas competencias existentes
na consellería á que se lle require a información.
A administración non ten facilitado no expediente ningún dato, sobre os dereitos en si, sobre
os datos que poden dar lugar a unha especial protección ou sobre a existencia de
información que afecte á propiedade intelectual ou industrial; tampouco da información
sobre se estes concretos expedientes afectan á protección do medio ambiente.
Se a administración consideraba que a petición era pouco clara ao recibila debeulle solicitar
de acordo co artigo 19.2 da Lei 19/2013 que a identificase correctamente, ou cando menos
que debía facer dúas peticións unha para a información ambiental seguindo o trámite da Lei
27/2006, do 18 de xullo, e outra de acordo coa lei 19/2013, do 9 de decembro. Pero en todo
caso, so pode denegar a información ponderando os límites dos artigos 14 e 15 ou
motivando a existencia dunha causa de inadmisión do artigo 18 da Lei 19/2013, e artigos
correspondentes da lei 27/2006, do 18 de xullo. Pero non o fixo.
O recorrente solicitou á copia dos proxectos de explotación da mina, do plan de
restauración, dos planos anuais de labores dos últimos 10 anos e dos informes ambientais
que recollen as labores de restauración levadas a cabo e o grao de cumprimento do plan de
restauración ao longo dos últimos 10 anos.
Reclamouse á consellería que aportara o expediente do procedemento de solicitude de
información pública e un informe sobre a cuestión, pero non se recibiu, polo que debe
entenderse que non desexa informar e/ou alegar.
A información solicitada ten contidos diferentes aos efectos do interese público no seu
acceso.
Os documentos xerados pola consellería (informes, resolucións, acordos…) raramente
veranse afectados (minimamente) polos límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, polo que deberían terse entregado coas disociacións imprescindibles (acceso
parcial, art. 16 da Lei 19/2013, do 9 de decembro).
Os documentos aportados pola entidade promotora poden conter aspectos nos que se
xustifique a limitación e en algún caso a denegación da publicidade. Pero para a aplicación
dos límites legais ao acceso non é suficiente que o solicitado se inclúa nun ámbito material
mencionado como límite. Debe prexudicar o ben xurídico protexido co límite (“… cando
acceder á información supoña un prexuízo para” os ámbitos materiais mencionados como
límites, art. 14 da Lei 19/2013, de 9 de decembro); debe realizarse unha ponderación, de
forma estrita e suficientemente motivada; e debe avaliarase a posible prevalencia do
interese público (mesmo do privado) no acceso aínda no caso de prexuízo comprobado para
o límite. “A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e
finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á
concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso (art. 14.2 da
Lei 19/2013, de 9 de decembro).
As restricións ao acceso -aínda dentro do campo obxectivo dos limites- non se aplican
automaticamente, senón que debe facerse a ponderación indicada e xustificarse. O prexuízo
debe concorrer en concreto, non de forma xenérica, e no caso de confirmarse ese prexuízo
debe indicarse a que parte da información afecta (non pode estenderse á totalidade do
pedido de forma automática). Debe expresarse como se fixo a ponderación e tamén a causa
pola que non prevalece o interese público ou privado en favor do acceso. Esta tarefa
realízase a través do test do dano (aos ámbitos materiais cualificados como posibles límites)
e do test do interese (posible prevalencia do interese do acceso). Unha vez realizados de
forma sucesiva poden entenderse ponderados todos os aspectos a ter en conta. A avaliación
debe constar na motivación do resolto.
Ademais, non todos os documentos aportados pola empresa poden considerarse afectados
por límites, senón que moitos deben ser accesibles por conformar parte das condicións dos
permisos ou doutros controis públicos e encaixar no concepto legal de información pública
(art. 13 da Lei 19/2013, de 9 de decembro). De feito, xa antes da aprobación da actual
normativa de transparencia determinados proxectos e documentos empresariais eran (e
seguen sendo) obxecto de consulta pública (información pública, por interese…). E debe
terse en conta que a normativa de transparencia supón unha ampliación do anterior
concepto de información pública, o recoñecemento dun dereito subxectivo para o seu
acceso e un maior control e garantía da súa efectividade.
Os proxectos de explotación e os planos anuais de labores son documentos da entidade
titular aportados á administración para definir o desenvolvemento da explotación. Respecto
deles debe estudarse a aplicación en concreto dos límites previstos nos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, de 9 de decembro, na forma xa indicada.
Os plans de restauración refírense a unha obriga legal de interese público, a reposición
adecuada do terreo afectado. Deben executarse de forma paulatina e contar con garantía
económica. Por tanto, o previsible é que o único límite aplicable sexa o relativo aos datos
persoais, que posiblemente non existan, pero que en calquera caso poderían disociarse.
Os informes ambientais sobre as labores de restauración e o cumprimento do plan son
elaborados pola administración en cumprimento das súas funcións, polo que se caracterizan
polo seu interese público. Estarían afectados polos límites legais en materia de transparencia
so se recolleran datos persoais, que en calquera caso poden ser disociados.
En conclusión, toda a información reclamada encaixa no amplo concepto de información
pública previsto na normativa aplicable. Porén, respecto dos proxectos de explotación da
explotación e os planos anuais de labores, a administración competente, que ata o momento
non resolveu, debe avaliar se pode prexudicarse algún dos límites de acceso que sexa
aplicable ao caso concreto. Esa posible aplicación non debe facerse de forma xeral ou
automática, senón so despois da labor de análise esixida pola lei. Os plans de restauración
son de interese público e polo tanto o seu acceso tamén, polo único límite previsible é o
relativo aos datos persoais, que poden disociarse. E os informes ambientais son documentos
propiamente administrativos que en principio non recollen datos persoais e que no caso de
telos poden disociarse.
As dúas primeiras peticións deben ser materializadas, posto que trátase de información
pública, aínda que previamente a administración debe responder de forma adecuada ao
pedido e avaliar a aplicación dos límites legais a transparencia, especialmente o previsto no
art. 14.1.j). E no relativo as outras dúas peticións debe proporcionar a información solicitada,
sendo a única limitación aplicable á relativa á protección dos datos persoais, no caso de
contelos, o que se solucionaría coa súa disociación.
A resposta pendente debe ser obxecto das posibles impugnacións ordinarias, polo que debe
conter o ofrecemento dos recursos, entre eles o recurso substitutivo ante a Comisión da
Transparencia.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
denegación presunta da súa solicitude dirixida ao xefe do servizo de enerxía e minas de Lugo
(Consellería de Economía, Emprego e Industria) coas cautelas indicadas nos fundamentos
xurídicos e as propias da existenza de terceiros debidamente identificados.
Segundo: Instar á consellería a que no prazo máximo de 15 días hábiles responda á petición
de información solicitada na forma indicada no fundamento 5º.
Terceiro: Instar á consellería a que no prazo máximo de 15 días hábiles remita a esta
Comisión da Transparencia copia do resolto e da información enviada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á
notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga