Estimada 20/12/2017 · 125 días en resolverse

Acceso a informes de reparos e informes jurídicos de la Deputación Provincial de Lugo

El ciudadano solicitó a la Deputación Provincial de Lugo copias de informes de reparos de la Intervención provincial e informes jurídicos que advirtieran de ilegalidades desde 2016. Ante la ausencia de respuesta, se recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por silencio administrativo y ordena la entrega de la información.

Puntos clave de la argumentación

1 Los documentos solicitados, al ser informes preceptivos o facultativos que forman parte del expediente administrativo, encajan en la definición de información pública.
2 La limitación del acceso a la información no constituye una potestad discrecional de la administración, debiendo interpretarse de forma restrictiva y proporcionada según la jurisprudencia del Tribunal Supremo.
3 El silencio de la administración reclamada impide conocer si existen límites aplicables, pero no justifica la denegación de la información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de xullo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 17 de agosto de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Deputación Provincial de Lugo. O reclamante solicitou con data de 19 de xuño de 2017 á deputación en base ás Leis 19/2013, do 9 de decembro e 1/2016, do 18 de xaneiro, copia dos informes de reparos emitidos pola Intervención provincial en calquera dos expedientes administrativos desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade e copia dos informes xurídicos emitidos por secretaría xeral, contratación ou calquera outro departamento dese organismo provinciais nos que se advirta de ilegalidade ou contrariedade a dereito en calquera dos expedientes administrativo desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade. O reclamante indicaba que transcorrido o prazo dun mes desde a presentación da solicitude non existe contestación e non se lle permite o acceso á documentación solicitada, polo que de conformidade coa normativa vixente interpón unha reclamación ante o Valedor do Pobo. Segundo. Con data do 5 de setembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Deputación Provincial de Lugo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de setembro, sen que a administración local dese resposta ou remitise o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Prazo para resolver A administración segundo o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro dispón dun mes para notificar a resolución, e transcorrido o prazo para resolver sen que se ditase e notificase a resolución expresa se entenderá que a solicitude foi desestimada dispoñendo o interesado, segundo o artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e a disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, do prazo dun mes para a interposición do recurso potestativo ante a Comisión da Transparencia. Prazo, que nos casos de silencio empeza a contar desde a data na que o interesado dáse por enterado e interpón o recurso, por tanto foi presentado en prazo pois a solicitude é de 19 de xuño de 2017. Quinto. Análise do expediente 1º. A petición realizada e a copia de informes de reparos emitidos pola intervención provincial en calquera dos expedientes administrativos desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade e a copia dos informes xurídicos emitidos pola secretaría xeral, contratación ou calquera outro departamento dese organismo provincial nos que se advirta de ilegalidade ou contrariedade a dereito en calquera dos expedientes administrativos desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade. 2º. Corresponde a esta Comisión determinar se eses documentos constitúen información pública ou non. E se, en caso afirmativo, están sometidos a algún dos límites do artigo 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Análise que se realizará tendo en conta a recente sentenza do TS nº 1547/2017 que consagra a necesidade de interpretar de xeito restritivo os límites e excepcións legais e resolve que “ En canto á limitación do acceso á información prevista no artigo 14.1.h/ da Lei 19/2013, do 9 de decembro (cando o acceso á información supoña un prexuízo para os intereses económicos e comerciais), xa sinalamos que as limitacións contempladas no artigo 14 da Lei 19/2013, o mesmo que sucede coas causas de inadmisión de solicitudes de información que enumera o artigo 18, deben ser interpretadas de forma estrita e partindo da premisa de que o dereito de acceso á información aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas. Claramente o deixa así sinalado o artigo 14.2 da Lei 19/2013 cando dispón “ (...) 2. A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso” por tanto a posibilidade de limitar o dereito de acceso á información non constitúe unha potestade discrecional da administración.” 3º. O artigo 70.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que forman parte do expediente administrativo os informes preceptivos e facultativos. O vixente texto refundido da Lei de Contratos; Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público no seu artigo 109 establece que forma parte do expediente administrativo a fiscalización previa da intervención, pola súa banda a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira establece que os contratos “deberán valorar as súas repercusións e efectos, e supeditarse de xeito estrito ó cumprimento das exixencias dos principios de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira”. 4º. O vixente texto refundido da Lei de Contratos no seu articulado igualmente establece que existirán informes de asesoramento xurídico en distintas fases da contratación. (artigos 192, 316, 320 para as administracións e especificamente disposición adicional segunda para a administración local). 5º.- Por tanto os documentos solicitados entran dentro da definición de información pública na súa redacción do artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. O silencio da administración local impide coñecer se existe algunha limitación imposta polo contido deses informes, que deberá ser valorado polo titular da información, se existen datos de carácter persoal que deberán ser protexidos, ou se deberían terse aplicado algunha causa de inadmisión por mor da sistemática do arquivo. 6º.- En todo caso a Deputación de Lugo é unha institución que dispoñe no seu portal de Transparencia de información por parte do servizo TIC da existenza dun xestor de base de datos e da xestión electrónica dos expedientes, polo que a información solicitada pode ser faciliada. En conclusión, a Comisión da Transparencia Entende que estamos ante unha solicitude de acceso á información pública por silencio administrativo que procede achegarlle ao reclamante e ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data de 17 de agosto de 2017, contra a denegación da Deputación Provincial de Lugo, nos termos recollidos no considerando cuarto dos fundamentos xurídicos. Segundo: Instar a Deputación Provincial de Lugo , a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e o contido do artigo 22 da Lei 19/2013 en relación á formalización da achega da información. Terceiro: Instar a Deputación Provincial de Lugo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de decembro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga