El ciudadano solicitó al Concello de Valdoviño información sobre licencias de obra de 2016, órdenes de paralización desde 2015 y expedientes específicos. El Ayuntamiento denegó parte de la información alegando falta de medios y secreto profesional/propiedad intelectual. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública es universal y no requiere que el solicitante tenga la condición de interesado en el sentido de la Ley 39/2015.
2
La alegación de falta de medios y personal insuficiente para procesar la información no es una causa válida para denegar el acceso a datos públicos.
3
La invocación de límites como la propiedad intelectual no puede ser automática, sino que debe justificarse mediante un análisis de daño y un interés público superior.
4
La denegación de un proyecto técnico de vivienda unifamiliar basándose en secreto profesional o propiedad intelectual no fue debidamente justificada por la administración.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de
agosto de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 7 de agosto de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Valdoviño.
O interesado indicaba que os días 7 e 23 de xuño presentou no Concello de Valdoviño catro
solicitudes nas que pedía:
1º. Informes dos expedientes do ano 2016 de licenzas de obra dependentes do aparellador
, con constancia da data de solicitude, data do informe técnico e data de
concesión da licencia. De non emitirse a licenza solicitaba poder ver os expedientes de
licencias de obras tramitados nese ano.
2º. Solicitude de información das ordes de paralización ditadas polo concello posteriores ao
mes de outubro de 2015 na que se faga constar as datas de emisión das ordes de paralización,
a data dos informes técnicos emitidos en tales expedientes e o estado actual dos expedientes,
cales finalizaron por conformidade e cales por desconformidade á legalidade urbanística. No
caso de non poderse emitir informe se solicita ter vista dos expedientes.
3º. Ter vista dos expedientes de licenzas de obras maiores e menores, sobre a finca con
referencia catastral 15088A013001130000HF, a nome de e
. Neste caso motiva que existe interese determinado pola colindancia das fincas e as
irregularidades que puideran existir para iniciar accións legais.
4º. Escrito do 23 de xuño no que solicitou copia dos expedientes de obras 332/75 e 135/2016.
Finalmente, indicábase que o 7 de xullo se dirixira ao alcalde para poñer de manifesto
irregularidades e malas prácticas nas que, despois de explicar a situación da tramitación das
súas solicitudes e dos feitos dos que traen causa, suplica que se admita o escrito e “tenga
puesto en su conocimiento lo que está ocurriendo en este concello en relación al exponente y
su marido por parte de funcionarios que trabajan en el mismo”.
O escrito ante a Comisión da Transparencia viña acompañado de copia de todos os escritos
dirixidos ao concello no mes de xuño e xullo (4 documentos), da licencia de obras do
expediente 332/1975, e a providencia da alcaldía dándolle acceso ao expediente 332/1975
previa satisfacción das taxas administrativas.
Segundo. Con data de 4 de setembro de 2017, o reclamante, agora no seu nome propio e no
do seu marido do que non achega representación, envía nova documentación a esta Comisión.
Nesta indica que respecto ás peticións de 7 de xuño, nas que recababa informes dos
expedientes do ano 2016 de licenzas de obra dependentes do aparellador eá
solicitude de información das ordes de paralización ditadas polo concello posteriores ao mes
de outubro de 2015 segue existindo silencio administrativo.
Respecto á solicitude dos expedientes nº 332/75 e 135/2016 comunica:
“En relación con el expediente n° 332/75; se nos notifica por el Concello en fecha 14 de agosto
de 2017 la Providencia de fecha 5 de julio de 2017, dictada y firmada por el Alcalde, a la que
se hizo mención en nuestro escrito anterior, y que sorprendentemente ha sido modificada y
donde el Alcalde resolvía "entregar copia del expediente n° 332/75", ahora se recoge "Se
accede a entregar copia de la licencia de obra". Se adjunta la referida providencia de fecha 7
de julio y la licencia de obra la que hace mención, (único documento que se nos entrega del
expediente). En la Providencia ni se , ni se fundamenta siquiera, cuales son las razones para
negar la copia del resto de documentos existentes en el expediente que se limitan a un
proyecto de construcción de una vivienda y los informes técnicos del ayuntamiento; ambos
documentos públicos, que no contienen datos especialmente protegidos que justifiquen su
ocultación.
En relación con el expediente n° 135/2016, se nos notifica en la misma fecha, 14 de agosto de
2017, una Providencia de fecha 12 de julio de 2017 por la que se accede a entregar copia del
expediente y, en este caso, sí se nos entrega la copia del referido expediente sin restricción
alguna. Se adjunta copia de la referida Providencia.”
Este escrito remata preguntándose se o concello está amparando ao veciño fronte aos seus
lexítimos dereitos.
O escrito está acompañado da providencia da alcaldía do 12 de xullo de 2017 de acceso ao
expediente 135/2016 con copia íntegra da dita licenza, e unha providencia de 5 de xullo de
2017 .
Terceiro. Con data do 5 de setembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado ao Concello de Valdoviño para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Cuarto. Con data do 10 de outubro de 2017 se recibiu o informe do concello de Valdoviño e o
expediente elaborado.
O informe e documentación achegadas, en resumo, indicaban que existía unha petición de 8
de xuño na que o Sr. pedía un informe da policía local no que se faga constar o número
de visitas xiradas á vivenda da súa propiedade durante os anos 2015 e 2016 e no que se
indicara quen dera a orde de acudir, motivo e o resultado final da visita. Se achegaba o
informe da Policía Local que lle fora entregado ao reclamante, con data do 23 de xuño de
2017, no que figuraban as visitas e quen ordenara ou que motivou a visita. En relación aos
expedientes das licenzas de obras dependentes de se indicaba que “Dar
resposta a estas solicitudes resulta inviable por ausencia de medios e personal suficiente que
poida informar de todos os expedientes de paralización dende outubro de 2015 e licenzas de
obra dependentes do arquitecto técnico municipal , considerándose a súa
vez que non e parte interesada en ningún de estos expedientes en
virtud do disposto no artigo 4 da lei 39/2015 de 1 de octubre del Procedimiento Administrativo
Común de las administraciones Públicas.”
En relación á vista dos expedientes de obras nº 332/75 e 135/2016 “En data 14 de agosto de
2017 recibe copia do expediente N° 135/2016, e na mesma data
recibe copia da licenza de obra existente no expediente 332/75, non facilitándose copia do
proxecto técnico para vivenda unifamiliar en virtud do disposto no artigo 14.1 j) da Lei
19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno,
onde establécense límites ao dereito ao acceso da información pública”
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica
en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Prazos para interpoñe-lo recurso
Tal como consta no artigo 20 o prazo para notificar a resolución que conceda ou denegue o
acceso será un mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.
Neste expediente constan cinco escritos dirixidos ao concello. Destes escritos solo se poden
considerar solicitudes de acceso á información pública as catro de xuño, pois como queda
indicado nos antecedentes, no escrito de 7 de xullo o suplica é que a alcaldía teña
coñecemento do trato que o reclamante e o seu marido están recibindo no concello.
A reclamación se presenta o 7 de agosto de 2017.
Tal como consta pola documentación achegada polas partes. En relación á petición de 7 de
xuño sobre as visitas xiradas á vivenda da súa propiedade durante os anos 2015 e 2016 o
reclamante recibe un informe do Concello o 23 de xuño de 2017. O informe recolle 4 visitas,
a existencia dunha denuncia, e a existencia de dous informes. Por tanto, o prazo para recorrer
rematou o 24 de xullo de 2017.
En relación á petición dos expedientes do ano 2016 das licenzas de obra pendentes do
arquitecto técnico municipal . Consta que existe silencio desestimatorio.
En relación á petición das licenzas de obra identificadas con nº 332/75 e 135/2016 o 20 de
xuño se lle deu acceso e, o 23 de xuño, se fai unha nova solicitude, que segundo o expediente
ten acceso, tras o pago das correspondentes taxas os días 5 e 12 de xullo e o 14 de agosto
respectivamente. Polo tanto, a reclamación está presentada en prazo toda vez que
claramente ata o 14 de agosto non se lle achega toda a documentación requirida.
Quinto.- Análise do expediente
O análise do expediente vaise centrar nas peticións non resoltas, ou resoltas fora de prazo, é
dicir:
1º. Informes dos expedientes do ano 2016 de licenzas de obra dependentes do aparellador
, con constancia da data de solicitude, data do informe técnico e data de
concesión da licencia. De non emitirse a licenza solicitaba poder velos expedientes de licencias
de obras tramitados nese ano.
2º. Solicitude de información das ordenes de paralización ditadas polo concello posteriores ao
mes de outubro de 2015 na que fágase constar as datas de emisión das ordenes de
paralización, a data dos informes técnicos emitidos en tales expedientes e o estado actual dos
expedientes, cales finalizaron por conformidade e cales por desconformidade á legalidade
urbanística. No caso de non poderse emitir informe se solicita ter vista dos expedientes.
3º. Ter vista dos expedientes de licenzas de obras maiores e menores, sobre a finca con
referencia catastral 15088A013001130000HF, a nome de e
. Neste caso motiva que existe interese determinado pola colindancia das fincas e as
irregularidades que puideran existir para iniciar accións legais.
Unha vez delimitada a petición sobre a que a reclamación está en prazo compre deterse en
nos seguintes aspectos:
1º. Corresponde a esta Comisión determinar se eses documentos constitúen información
pública ou non. E se, en caso afirmativo, están sometidos a algún dos límites do artigo 14 e 15
, ou a vista do informe se son subsumibles nas causas de inadmisión do artigo 18.1 a) e e) da
Lei 19/2015, do 9 de decembro. Análise que se realizará tendo en conta a recente sentenza
do TS nº 1547/2017 que consagra a necesidade de interpretar de xeito restritivo os límites e
excepcións legais e resolve que “ En canto á limitación do acceso á información prevista no
artigo 14.1.h/ da Lei 19/2013, do 9 de decembro (cando o acceso á información supoña un
prexuízo para os intereses económicos e comerciais), xa sinalamos que as limitacións
contempladas no artigo 14 da Lei 19/2013, o mesmo que sucede coas causas de inadmisión
de solicitudes de información que enumera o artigo 18, deben ser interpretadas de forma
estrita e partindo da premisa de que o dereito de acceso á información aparece configurado
no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións
que resulten xustificadas e proporcionadas.
Claramente o deixa así sinalado o artigo 14.2 da Lei 19/2013 cando dispón “ (...) 2. A aplicación
dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e
atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese
público ou privado superior que xustifique o acceso” por tanto a posibilidade de limitar o
dereito de acceso á información non constitúe unha potestade discrecional da
administración.”
2º. Antes de entrar nesta cuestión por parte do concello se indican uns aspectos que é
necesario ter en conta previos ao análise da existencia dunha información pública.
Por unha parte a cuestión do interesado en relación á solicitude de acceso á información
pública.
Por último a existencia de secreto profesional ou a propiedade intelectual invocada polo
concello para denegar parte da documentación.
- En relación á cuestión do interesado esta comisión xa ten expresado que :
O concepto de interesado en transparencia ten unhas peculiaridades que convén ter en conta.
O dereito de acceso á información pública é para todas as persoas (artigo 12 Lei 19/2013, do
9 de decembro). É suficiente coa identidade do solicitante (artigo 17.2 Lei 19/2013, do 9 de
decembro), non existe obriga de motivación da solicitude (artigo 17.3 Lei 19/2013, do 9 de
decembro), e se se dan os motivos “poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución.
Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da
solicitude”. En todo caso a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, amplía aínda máis os dereitos do
interesado, pois no artigo 24 equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O artigo 24 reforza
o dereito desta cidadanía e di que no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública
garantiráselle a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de
autorización previa e sen mais limitacións que as derivadas desta ou doutras leis. Por tanto,
da igual que o solicitante de información pública teña ou non relación co expediente do que
solicita a información, coa materia da que solicita información, ou o lugar de residencia. O
dereito de acceso á información pública non ven determinado polo feito do interese, senón
polo feito de que se fai unha solicitude sobre unha materia que non está excluída ou limitada
o seu acceso pola normativa vixente, porque a transparencia implanta no ordenamento
xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido mais amplo, calquera
información pública que xulgue oportuna, e sobre todo aquela “(...)cuxo coñecemento sexa
relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e
control da actuación pública”, tal como o expresa o artigo 5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O informe do concello pretende aplicar a definición e o articulado da Lei 39/2015, do 1 de
outubro para considerar que non estamos ante un interesado, e que polo tanto procede
denegar a solicitude. O feito de que se pretenda aplicar a definición de interesado da Lei
39/2015, do 1 de outubro aos mesmos. Agora ben, o obxecto da lei de procedemento
administrativo común é regular “os requisitos de validez e eficacia dos actos administrativos,
o procedemento administrativo común a tódalas Administracións Públicas” (artigo 1) ,
mentres que o obxecto da Lei 19/2013, do 9 de decembro é “ampliar e reforzar a
transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información
relativa a aquela actividade. “. Son dous obxectos diferentes, para os que se establecen dous
tipos de interesados diferentes. No primeiro caso é un solicitante ou unha persoa suxeito a un
procedemento administrativo común, sancionador ou de responsabilidade patrimonial, no
outro é calquera persoa que quere coñecer a actividade da administración pública e así o
solicita.
Neste expediente non se considerou necesario recabar o DNI ao marido do reclamante, dado
que non consta que el tamén solicitase ante o concello a información de 7 e 23 de xuño de
2017.
- Por último a existencia de secreto profesional ou a propiedade intelectual invocada polo
concello para denegar parte da documentación.
Tal como recolle a sentenza do Tribunal Supremo xa citada a aplicación dos límites non pode
consistir na mera invocación dese, se non que, será xustificada e proporcionada ao seu
obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto,
especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o
acceso. No caso que nos ocupa o criterio 2/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno xa indica que:
“Os límites a que se refire o artigo 14 da LTAIBG, a diferencia dos relativos á protección dos
datos de carácter persoal, non se aplican directamente, se non que dacordo coa literalidade
do texto do número 1 do mesmo, “poderán” ser aplicados.
Deste xeito, os límites non operan nen automaticamente a favor da denegación nen
absolutamente en relación aos contidos.
A invocación de motivos de interese público para limitar o acceso á información deberá estar
ligada coa protección concreta dun interese racional e lexitimo.
Neste sentido a súa aplicación non será en ningún caso automática: antes ó contrario deberá
analizarse se a estimación da petición de información supoñe un perxuicio (test do dano)
concreto, definido e avaliable. Este, ademais non poderá afectar ou ser relevante para un
determinado ámbito material, porque do contrario estaríase excluíndo un bloque completo de
información.
Do mesmo xeito, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional atendendo á
circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que xustifique a
publicidade ou o acceso (test do interese público).”
A documentación que se pretende denegar é o proxecto técnico para vivenda unifamiliar. Por
tanto, non pode relacionarse coa existencia dun segredo profesional, podería existir a
protección da propiedade intelectual e industrial, pero no expediente o concello non o
xustifica, e tería que facerse de acordo co concepto de propiedade intelectual e industrial do
noso ordenamento xurídico. Tal como está definido en España coa Propiedade Industrial se
obteñen uns dereitos de exclusiva sobre determinadas creacións inmateriais que se protexen
como verdadeiros dereitos de propiedade. A propiedade intelectual é o conxunto de dereitos
que corresponden aos autores e a outros titulares (artistas, produtores,...) respecto das obras
e prestacións froito da súa creación, por tanto, dentro do propio expediente tería que constar
esa protección e sobre que existe a protección concreta.
Unha vez aclarado o concepto de interesado no procedemento de acceso a información
pública, e o xeito de aplicar o límite da existencia de secreto profesional ou propiedade
intelectual, procede entrar no fondo do asunto.
3º. O reclamante non lle pide uns expedientes ao Concello se non que se lle indiquen os datos
relativos as licenzas de obras do ano 2016 con data da solicitude, data do informe técnico e
data da concesión da licencia. Igualmente ordenes de paralización das obras desde o mes de
outubro de 2015 que recolla os datos de emisión das ordenes de paralización, data dos
informes técnicos emitidos en tales expedientes, estado actual dos expedientes, cales están
finalizados con conformidade e cales por desconformidade coa legalidade urbanística.
Finalmente se solicitan dúas licencias de obra e o expediente completo. Di que de ser o caso,
se lle dea vista dos documentos para recabar el mesmo os datos.
O concello de Valdoviño, sen indicar o número de expedientes que se atopan nesa situación,
o número de funcionarios e persoal responsable dos expedientes, a base de datos ou o arquivo
que manexa para o desenvolvemento do seu traballo e o control das licenzas de obras
simplemente indica que “dar resposta a estas solicitudes resulta inviable por ausencia de
medios e persoal suficiente que poida informar de todos os expedientes de paralización dende
outubro de 2015 e licenzas de obra dependentes do arquitecto técnico municipal
”. Por tanto, á vista do expediente procede dar resposta ás solicitudes que se refiren a
datos dos últimos tres anos, nun concello con 6.650 habitantes (datos 2016) e 88,22 Km².
Por último en aplicación do artigo 22 da Lei 19/2013, do 19 de decembro só queda recordarlle
ao concello que o acceso á información será gratuíto, non obstante, a expedición de copias ou
a transposición da información a un formato diferente ao orixinal poderá lugar á exixencia de
exaccións, pois no caso que nos ocupa e a vista das taxas reclamadas ao interesado non queda
claro o se se cumpriu este artigo.
Só queda indicar que os datos solicitados se incardinan na definición de información pública
que recollen os artigos 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e 24 da lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, pois se trata de datos que están en poder da administración elaborados ou adquiridos
en exercicio das súas función, e que en cumprimento desta normativa débese dar trámite de
audiencia aos titulares do proxecto de técnico de vivenda tal como a norma establece.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 07 de agosto
de 2017, contra a denegación do concello de Valdoviño nos termos indicados nos
considerandos dos fundamentos xurídicos.
Segundo: Instar ao Concello de Valdoviño, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da Lei 19/2013, do 9 de decembro no que fai a
formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Valdoviño, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo
reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga