Estimada 30/01/2019 · 84 días en resolverse

Acceso a las actas de los procesos electorales del Colegio Oficial de Enfermería de Ourense

El ciudadano solicitó al Colegio Oficial de Enfermería de Ourense las actas de los dos últimos procesos electorales. El Colegio inadmitió la solicitud alegando falta de acreditación profesional y carácter abusivo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Colegio a entregar la información por ser pública y accesible a cualquier persona.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se reconoce a cualquier persona, sin necesidad de acreditar una profesión específica o pertenencia a un colegio profesional.
2 La condición de investigado en un proceso penal no es motivo válido para denegar el acceso a información pública, prevaleciendo la presunción de inocencia.
3 Para inadmitir una solicitud por repetitiva o abusiva, debe coincidir con solicitudes anteriores del mismo sujeto que hayan sido rechazadas con firmeza, lo cual no ocurre en este caso.
4 La Ley de Colegios Profesionales no constituye un régimen jurídico específico de acceso a la información que excluya la aplicación de la normativa de transparencia.
5 La solicitud de información pública no puede calificarse como injerencia ilegítima en las funciones de una corporación ni vulneración de sus garantías institucionales.
6 La firmeza de los actos administrativos solicitados o su sometimiento a control de legalidad no elimina su carácter de información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de novembro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de novembro de 2018, unha reclamación ao amparo dlo disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a inadmisión polo Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, da súa solicitude de acceso á información pública referente ás actas derivadas de cada un dos dous últimos procesos electorais celebrados no Colexio, desde a reunión da Xunta de Goberno na que se decidiu a convocatoria, ata a toma de posesión de cada unha das novas xuntas xurdidas do proceso, así como a data de inscrición no Rexistro de Colexios Profesionais correspondente, da composición de cada unha das novas Xuntas de Goberno. O reclamante expón que a lle denegaron o acceso á información solicitada por non acreditar a súa profesión, que os datos persoais poden omitirse e que a súa solicitude non supón ningunha interferencia no colexio profesional. Segundo. Con data de 12 de novembro de 2018, deuse traslado da documentación presentada polo reclamante ao Colexio Oficial de Enfermería de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a recepción o polo Colexio Oficial de Enfermería de Ourense con data do 16 de novembro de 2018. Terceiro. O 28 de decembro de 2018 o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense remite informe e copia do expediente, que ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de xaneiro de 2019. No referido informe e con carácter previo, o Colexio quere deixar constancia que de acordo coa información facilitada polo Consejo General de Enfermería de España, o Sr. figura como investigado, xunto con varias persoas máis, en dilixencia previas que se seguen ante un Xulgado de Instrución, como consecuencia da denuncia formulada polo Consejo General por delitos de ameazas condicionadas, extorsión e descubrimento e revelación de segredos, sobre a base de determinada información obtida no Portal de Transparencia da Universidade Complutense de Madrid, con intervención do Consello de Transparencia e Bo Goberno, que apareceu posteriormente incorporada como documento unido nun correo chantajista recibido no citado Consello Xeral. O Colexio considera que esta información, unida ao feito de que a petición que se solicita é idéntica á instada no seu día por Dna. , pon de manifesto o carácter fraudulento e abusivo da petición do Sr. e en todo caso, non permite considerar superados os requirimentos que nun caso como o actual impedirían a aplicación dos límites fixados lexislativamente ao dereito de acceso á información, isto é, un test de dano (do interese que se salvagarda co límite) e un test sobre o interese público na divulgación (que no caso concreto non prevaleza o interese público na divulgación da información) e de forma proporcionada e limitada polo seu obxecto e finalidade, tendo en conta ademais a actual situación xudicial do solicitante pendente dun proceso penal. Respecto á resolución do 30 de outubro de 2018, pola que se inadmite a trámite a solicitude do Sr. que se impugna, o Colexio se ratifica en todos e cada un dos antecedentes, fundamentos de dereito e considerandos contidos na mesma. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento da reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que dispón que a reclamación contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013, que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (artigo 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións, pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013, establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que no presente caso o Colexio resolveu expresamente con data do 31 de outubro de 2018 e o interesado presentou a súa reclamación á Comisión da Transparencia con data do 7 de novembro, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto. - Análise do expediente O Sr presentou unha solicitude á Xunta de Goberno no Colexio Oficial de Enfermería de Ourense de remisión das actas derivadas dos dous últimos procesos electorais celebrados no devandito Colexio, desde a reunión da Xunta de Goberno na que se decidiu a convocatoria, ata a toma de posesión de cada unha das novas xuntas xurdidas do proceso, así como a data de inscrición no Rexistro de Colexios Profesionais correspondente, da composición de cada unha das novas Xuntas de Goberno. Trátase dunha solicitude de acceso a unha información concreta, que debe constar en poder do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, e que foi inadmitida polo referido Colexio. Como xa se pronunciou recentemente esta Comisión nun expediente substancialmente idéntico (expediente RSCTG 75/18), de acordo co disposto no artigo 3.1.d) da Lei 1/2016, as corporacións de dereito público, como é o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, están sometidas ás disposicións do Título I da referida lei, entre as que se atopa a de dar acceso aos solicitantes á información pública que teña no seu poder, coas limitacións que, no seu caso, sexan de aplicación de acordo co disposto no artigo 25 da mesma. Debemos partir da base de que a “Guía de Transparencia e acceso á información pública dirixida aos Colexios e consellos de Colexios profesionais e demais corporacións de dereito público”, elaborada conxuntamente polo Consello de Transparencia e Bo Goberno e a Unión de Profesionais en decembro de 2016, e que asume o Colexio de Enfermería de Ourense, sinala a efectos orientativos como ámbitos materiais sobre os que pode proxectarse o exercicio do dereito de acceso á información pública respecto a actividades de corporacións de dereito público suxeitas a dereito administrativo, a información relativa ao procedemento electoral da corporación de dereito público de que se trate, comprensiva da información relacionada co dereito de sufraxio activo e pasivo; a convocatoria de eleccións; a presentación de candidaturas; a elaboración do censo electoral; a constitución da mesa electoral e as facultades do seu presidente; as papeletas; a forma de acreditar o voto; o voto por correo; o escrutinio; a elaboración das actas correspondentes e a toma de posesión dos candidatos elixidos. Por tanto, considérase que a solicitude realizada polo Sr. , atópase dentro do ámbito material sobre o que pode proxectarse o exercicio do dereito de acceso á información pública da actividade do Colexio oficial. O Colexio no seu informe quere deixar constancia de que o solicitante figura como investigado en dilixencias previas ante un xulgado do Penal como consecuencia da denuncia formulada polo Consejo General pola suposta comisión de determinados delitos, sobre a base de determinada información obtida pola vía do Portal de Transparencia dunha Universidade, con intervención do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Considera ademais que o feito de que a petición de información sexa idéntica á solicitada por outra interesada, pon de manifesto o carácter fraudulento e abusivo da súa solicitude, e que en todo caso, non permite considerar superados os requirimentos que nun caso como o actual impedirían a aplicación dos límites fixados lexislativamente ao dereito de acceso á información. Fronte a estas alegacións, debemos ter en conta en primeiro lugar que o feito de que o solicitante teña a condición de investigado nunhas dilixencias previas dun procedemento penal, e no que en todo caso de be rexer a presunción de inocencia, non pode ser motivo de denegación de unha información que de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, é información pública e á que ten dereito de acceso calquera persoa. Debe lembrarse que de acordo co disposto no parágrafo 2 do citado artigo, ós cidadáns teñen garantido o dereito de utilización da información obtida, sen necesidade de autorización e sen mais limitacións que as derivadas da Lei 1/2016 e de calquera outra Lei. Por tanto, o feito de atoparse o solicitante como investigado nunhas dilixencias previas non pode eliminar, nin limitar de ningún xeito, o seu dereito de acceso a información pública. Respecto ao feito de que a solicitude de acceso á información sexa idéntica á formulada por outra solicitante, o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu criterio 3/2016 referido ás causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva, xa sinalou que para inadmitir unha solicitude por ser repetitiva, tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes, que fose rexeitada e que a resposta adquirise firmeza, feito que non sucede no presente caso. Con referencia a aplicación dos limites fixados lexislativamente ao dereito de acceso á información (debe entenderse que o Colexio refírese aos límites establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013), hai que partir da base de que o referido artigo regula os límites ao dereito de acceso á información que poden ser aplicados mediante resolución motivada e sempre que o acceso á información solicitada supoña un prexuízo, non meramente hipotético, a algún dos bens públicos e privados nel mencionados, tendo en conta que a aplicación dos límites será xustificada e proporcionada, atendendo ás circunstancias do caso concreto e, especialmente, á existencia dun interese superior que xustifique o acceso. Os límites establecido no artigo 14 da Lei, a diferenza dos relativos á protección dos datos de carácter persoal, non se aplican directamente, senón que de acordo co que establece o artigo, poderán ser aplicados. Por tanto, non operan nin automaticamente a favor da denegación nin absolutamente en relación aos contidos, debendo estar ligada a protección concreta dun interese racional e lexítimo coa invocación de motivos de interese público para limitar o acceso á información. En consecuencia é necesario analizar se a estimación da petición de información supón un prexuízo (test do dano) concreto, definido e avaliable e do mesmo xeito, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional atendendo á circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que xustifique a publicidade ou o acceso (test do interese público). No presente caso, o Colexio nin enumera nin xustifica os posibles prexuízos que poderían derivarse do acceso á información pública por encima do interese no acceso á mesma, polo que non procede a aplicación dos límites establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, como xustificativos da denegación do acceso á información solicitada. Con todo, o Colexio, que se ratifica en todos os antecedentes e fundamentos de dereito da resolución recorrida, considera que debe inadmitirse a información solicitada, polo que pasamos a analizar a continuación os motivos que a xuízo do Colexio, xustifican a inadmisión da solicitude de acceso á información pública: (1). Falta de acreditación da calidade de enfermeiro e de colexiado no Colexio de Enfermería de Ourense do solicitante Considera o Colexio na súa resolución que debe inadmitirse a solicitude por non estar acreditada a calidade de enfermeiro e de colexiado no Colexio de Enfermería de Ourense do solicitante. Non pode admitirse a causa alegada como motivo da inadmisión da solicitude de acceso á información, por canto como se di no fundamento de dereito terceiro desta resolución, o acceso á información pública se lle recoñece a calquera persoa, sen que se lle poida esixir a condición de enfermeiro nin a pertinencia a ningún colexio profesional. (2). Existencia dun procedemento colexial especifico de acceso á información pública Outro motivo polo cal o Colexio fundamenta a inadmisión da solicitude é a existencia dun réxime xurídico especifico de acceso á información, que, en aplicación da disposición adicional primeira, apartado 2, da Lei 19/2013 implicaría a súa inadmisión. Como réxime xurídico específico alégase o disposto no artigo 11, Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios profesionais. A disposición adicional primeira da Lei 19/2013 establece a aplicación supletoria da mesma nos supostos nos que unha norma específica prevexa e regule un réxime de acceso á información, tamén específico. En consecuencia, só no caso de que unha norma concreta estableza un réxime específico de acceso á información pública nunha determinada materia ou área de actuación administrativa, pode entenderse que as normas específicas en materia de Transparencia non son de aplicación directa e operan como normas supletorias. A referida disposición adicional ten como obxectivo a preservación doutros réximes de acceso á información que fosen ou poidan ser aprobados e que teñan en conta as características da información que se solicita, delimite os lexitimados a acceder á mesma, prevexa condicións de acceso etc. Por iso, só cando a norma en cuestión conteña unha regulación específica do acceso á información, poderá considerarse á Lei 19/2013 como supletoria en todo o relacionado co devandito acceso. A Lei de Colexios profesionais non establece un réxime xurídico específico de acceso á información, senón que simplemente establece que as organizacións colexiais están suxeitas ao principio de transparencia na súa xestión, para o que deberán elaborar unha Memoria Anual co contido que se detalla no mesmo artigo e que debe facerse pública a través da web. Esta previsión, non supón en ningún caso un réxime específico de acceso á información, senón un deber en materia de transparencia que a normativa impón aos Colexios, polo que non procede a inadmisión da solicitude presentada por esta causa. (3). Inxerencia ilexítima na actividade colexial ao solicitar a información pública. O Colexio alega como causa de inadmisión que a solicitude supón unha interferencia ilexítima na actividade colexial e nas funcións ten atribuídas por Lei ou por delegación das Administracións Públicas, que contravén o marco regulatorio colexial vixente. Fronte a esta alegación, non cabe senón reiterar que o dereito á información pública está recoñecido na nosa lexislación cun sentido amplo a calquera cidadán, sen que unha solicitude de acceso á información poida cualificarse en ningún caso de inxerencia ilexítima nas funcións ou competencias dunha corporación. (4). Vulneración da garantía institucional da que gozan as corporacións colexiais e imposibilidade de solicitar acceso á información sobre actos firmes ou sometidos ao control de legalidade por unha Administración. Outro dos motivos alegados que o Colexio considera como causa de inadmisión do acceso que a solicitude vulnera a garantía institucional da corporación colexial posto que o solicitante se autoatribúe funcións e competencias propias e reservadas ás autoridades públicas, xurisdicionais e administrativas, ao pretender controlar, fiscalizar e investigar a actividade da organización colexial á marxe das canles e mecanismos legalmente previstos recorrendo a tal fin a un exercicio antisocial contrario ás esixencias da boa fe do dereito de acceso á información pública, ao solicitar información sobre actos firmes e que foron sometidos a control de legalidade por parte da Consellería competente en materia de Colexios Profesionais. Non pode tampouco admitirse este motivo o para fundamentar a inadmisión da solicitude, por canto como xa se di no fundamento de dereito terceiro desta resolución, o obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información, someter aos responsables, neste caso dun colexio profesional, a escrutinio na súa actividade colexial, para que os cidadáns podan coñecer como se toman as decisións que lles afectan ou baixo que criterios actúan, e sen que unha solicitude de acceso a unha información, poida considerarse como unha vulneración de ningún tipo de garantía institucional do colexio. Por outra banda, o feito de que o acto ou actos sobre os que se solicita a información sexan actos firmes ou sometidos a calquera control ou fiscalización dun órgano administrativo, non modifica o seu carácter de información pública tal e como a define o artigo 24 da Lei 1/2016, polo que se mantén o dereito dos cidadáns de acceder á mesma, non sendo a firmeza do acto solicitado ou que estea sometido a calquera tipo de control, causa pola que se poida inadmitir unha solicitude. (5). Protección de datos de carácter persoal No relativo á protección de datos de carácter persoal, o artigo 15 da Lei 19/2013, establece que no caso de que a información solicitada contivese datos especialmente protexidos aos que se refire o apartado 2 do artigo 7 da Lei Orgánica 15/1999 (na súa redacción vixente no momento da solicitude), datos sobre ideoloxía, afiliación sindical, relixión ou crenzas, o acceso unicamente poderase autorizar no caso de que se contase co consentimento expreso e por escrito do afectado, a menos que devandito afectado fixese manifestamente públicos os datos con anterioridade a que se solicitase o acceso e se a información incluíse datos especialmente protexidos aos que se refire o apartado 3 do artigo 7 da mesma Lei (orixe racial, saúde, e á vida sexual). A Lei establece no artigo 15, que con carácter xeral, e salvo que no caso concreto prevaleza a protección de datos persoais ou outros dereitos constitucionalmente protexidos sobre o interese público na divulgación que o impida, concederase o acceso a información que conteña datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade público do órgano e cando a información solicitada non contivese datos especialmente protexidos (como é o nome e apelidos, ou no seu caso o NIF que podería figurar nas actas solicitadas), o órgano ao que se dirixa a solicitude concederá o acceso previa ponderación suficientemente razoada do interese público na divulgación da información e os dereitos dos afectados cuxos datos aparezan na información solicitada, non sendo aplicable o anterior se o acceso efectúase previa disociación dos datos de carácter persoal de modo que se impida a identificación das persoas afectadas. No presente caso, non consta que nas actas existan datos especialmente protexidos, nin que por parte do Colexio se fixera ningún tipo de valoración entre o interese público na divulgación da información e os dereitos dos afectados, existindo en todo caso a posibilidade de disociación dos mesmos, sempre que dita disociación non faga que a información solicitada careza de sentido ou coherencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por , contra a Resolución do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense do 31 de outubro de 2018, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso ás actas derivadas dos dous últimos procesos electorais celebrados no devandito Colexio, desde a reunión da Xunta de Goberno na que se decidiu a convocatoria, ata a toma de posesión de cada unha das novas xuntas xurdidas do proceso, así como a data de inscrición no Rexistro de Colexios Profesionais correspondente, da composición de cada unha das novas Xuntas de Goberno. Segundo: Instar o Colexio de Enfermería de Ourense a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no referido á formalización do acceso. Terceiro: Instar o Colexio de Enfermería de Ourense a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia, copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga