Desestimada 30/01/2019 · 79 días en resolverse

Acceso a expedientes sobre aumento de ratio en educación infantil y primaria en la provincia de Lugo

El ciudadano solicitó a la Xefatura Territorial de Lugo de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria el acceso a expedientes de aumento de ratio en educación infantil y primaria de los últimos 4 años. Ante la desestimación presunta, la Comisión de Transparencia de Galicia desestima la reclamación por considerar la solicitud excesiva y de gran complejidad material.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a expedientes de aumento de ratio de aproximadamente 120 centros escolares durante cuatro cursos se considera excesiva y de gran complejidad material.
2 La administración debió haber solicitado la enmienda de la solicitud o inadmitirla formalmente según el artículo 18.1.e) de la Ley 19/2013 en lugar de incurrir en silencio administrativo.
3 La Comisión determina que concurren motivos suficientes para desestimar la reclamación debido a la desproporción entre el volumen de información solicitada y la capacidad de gestión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada por , mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 12 de novembro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 12 de novembro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra o incumprimento por parte da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da súa obriga de remitir a solicitude ó órgano competente para resolver sobre o acceso ós expedientes de aumentos de ratio que son aprobados pola Xefatura Territorial de Educación de Lugo da súa solicitude de acceso ós expedientes sobre escolarización nos que a Xefatura Territorial de Educación en Lugo aproba o aumento de ratio para nenos. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Xefatura Territorial de Lugo, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, copia do seu DNI e copia do DNI de e copia da resolución da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxecto da solicitude inicial era a presentación da instancia en procedemento extraordinario de admisión por traslado forzoso de domicilio, para a escolarización das súas fillas, e o acceso aos expedientes sobre aumento de ratio en educación infantil e primaria concedidas pola Xefatura Territorial de Lugo durante os últimos 4 anos. (+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.cornisiondatransparencia.ga1 daquela solicitude no prazo dun mes, unha desestimación presunta da mesma, fronte á cal, precisamente, o interesado presentou a pertinente reclamación ante esta Comisión de Transparencia (é importante salientar neste punto que, contra o referido polo interesado no escrito dirixido a esta Comisión con data do 11 de xaneiro de 2019, non existe unha desestimación expresa da solicitude de data do 18 de setembro de 2018, e isto porque a resolución da Secretaría Xeral Técnica de data do 27 de decembro de 2018 unicamente resolveu a segunda das solicitudes do interesado). Polo tanto, malia a irregular actuación da Xefatura Territorial, non pode entenderse que a súa actuación xerase unha situación de indefensión ao interesado que, ante a desestimación presunta da súa solicitude, puido facer valer os seus dereitos os seus dereitos mediante reclamación ante esta Comisión coa presentación da correspondente reclamación. Respecto á interpretación por parte da Secretaría Xeral Técnica de que a segunda solicitude (número de alumnos por aula de seis colexios concretos) era unha concreción da primeira solicitude (expedientes de aumento de ratio en educación infantil e primaria concedidas pola Xefatura Territorial de Lugo durante os últimos 4 anos), considérase que non é correcta a dita interpretación: a Secretaría Xeral Técnica, se consideraba que a solicitude resultaba excesiva tanto polo seu ámbito (toda a provincia de Lugo) e finalidade, como pola complexidade material de atendela neses termos, debería ben ter solicitado do interesado a súa emenda, ou ben inadmitila de acordo co establecido no artigo 18.1.e) da Lei 19/2013. Dito o que precede, o certo é que esta Comisión considera que a solicitude de información formulada polo interesado con data 18 de setembro de 2018 debe considerarse excesiva, por canto na provincia de Lugo existen aproximadamente cento vinte centros escolares de educación infantil e primaria (públicos e concertados), dos que habería que recopilar todos os expedientes de aumento de ratio por aula tramitados nos distintos niveis educativos durante catro cursos escolares, o que sen dúbida debe considerarse excesivo e de gran complexidade material. De acordo co anterior, considérase que concorren motivos suficientes para a desestimación da reclamación presentada polo interesado contra a desestimación presunta da súa solicitude de data 18 de setembro de 2018. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a desestimación presunta da súa solicitude de acceso aos expedientes sobre aumento de ratio en educación infantil e primaria concedidos pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos últimos catro anos. .,¡ 1 (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019. A presidenta da Comisión da Transparencia \l \}.t) ; ;m·..;¡..;.'_¡;,¡..,,++;r?_ t.J' i' t; C . •' tl í?1 ;f} ----1r--,,1!"•i;i} ,, Mil gros Otero Parga