Inadmitida 30/01/2019 · 72 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso al expediente de escolarización por concurrir la condición de interesado

El ciudadano solicitó a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional copia del expediente de escolarización de sus hijas e identidad de los intervinientes. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación porque el solicitante actúa como interesado en un procedimiento administrativo, debiendo aplicarse la normativa de procedimiento común y no la de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que debe aplicarse la normativa reguladora del procedimiento administrativo y no la de transparencia cuando el acceso es solicitado por quien tiene la condición de interesado en un procedimiento administrativo.
2 El solicitante solicitó la información en su condición de interesado en el procedimiento de escolarización de sus hijas, hecho reconocido por la administración reclamada.
3 Al concurrir la condición de interesado, procede aplicar la normativa de procedimiento administrativo común y, en consecuencia, inadmitir la reclamación presentada bajo la ley de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galiciana reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada po mediante escrito que t ivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 19 de novembro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 19 de novembro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, a súa solicitude á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de copia do expediente administrativo de escolarización das súas fillas e a identidade dos funcionarios e autoridades que participasen no mesmo. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, copia do seu DNI e copia do DNI de dona - Segundo. Con data 20 de novembro de 2018, déuselle traslado da documentación presentada polo reclamante á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en cumprimento da normativa de transparenda, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de decembro de 2018. Terceiro. Con data do 9 de xaneiro de 2019, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio da Secretaría Xera l Técnica da Conse llería de Educación, Universidade e Formación Profesional (•34)981569740 Rüa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña inlo@comlsíondatransparencia,gal www.comisíondatransparencla.ga1 co que se remite copia dos novas documentos que forman parte do expediente e informe sobre a reclamación presentada, no que se informa o seguinte o seguinte: A solicitude da copia do expediente administrativo de escolarización das súas filias e a identidade dos funcionarios e autoridades que participasen no mesmo a fixo en condición de interesado no dito procedemento e de conformidade co disposto no artigo 53 a) e b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con data do 16 de novembro de 2018 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitiu a documentación solicitada polo recorrente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Conse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamación s. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. ,1 1 (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. { ~. (•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 6S .~ 'i',.1,1. · ··s· 1)'el 1l.,.,,- · :· ,~ :,; A Coruña .~ ( . 'i ..1 ' \t ci•n (l (:) [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No presente caso, a Consellería de Educación, Universidad e e Formación Profesional resolveu con data do 16 de novembro de 2018, sen que existan constancia no expediente da recepción polo reclamante, que interpuxo a recl amación o 19 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente O acceso á información regulado pala normativa estatal e autonómica en materia de transparencia, configura o dereito ao acceso á información pública como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e por tanto o posible obxecto dunha solicitude de información abrangue todo contido, documento ou parte dun documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. Pode por tanto ser obxecto dunha solicitude de información calquera información que posúa o organismo ou entidade ao que se dirixa a mesma. No presente caso, o reclamante solicita a información na súa condición de interesado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no procedemento administrativo sobre escolarización das súas fillas, por cambio de domicilio familiar forzoso. A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, establece que debe ser a normativa reguladora do procedemento administrativo e non a normativa xeral de tran sparencia, a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesado nun procedemento administrativo . No presente caso, o reclamante sol icita a información na súa condición de interesado, como así recoñece a Consellería (que xa resolveu a solicitude), polo que procede ap licar a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo e non a normativa en materia de Transparencia e inadmitir a reclamación presentada. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por ontra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude á Consellería de Educación, Universidade e ' 1 (•34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1 Formación Profesional, de copia do expediente administrativo de escolarización das súas filias e a identidade dos funcionarios e autoridades que participasen no mesmo. Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019 A presidenta da Comisión da Transparencia Mil gros Otero Parga _, L