El ciudadano solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria los informes de incidencia sobre la población de aves del parque eólico Montouto. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por vulneración del derecho de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública comprende cualquier contenido o documento elaborado o adquirido por los organismos sujetos a la norma en el ejercicio de sus funciones.
2
La solicitud no requiere motivación por parte del interesado, ya que el derecho de acceso es amplio y no está vinculado a la titularidad de un interés específico.
3
Ante la falta de remisión del expediente por parte de la administración, debe presumirse que la información no tiene carácter ambiental y se rige por el procedimiento de reclamación general.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xanelro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 28 de
novembro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. resentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 28 de novembro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto
no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
denegación por si lencio administrativo, da súa solicitude presentada ante a Consellería
Economía, Emprego e Industria de acceso aos informes da incidencia sobre a poboación de
aves do parque eólico Montouto dos concellos de Abadín e Muras
O reclamante manifesta que con data do 22 de outubro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía
e Minas emitiu unha notificación que achega co seu escrito, pota que lle informa da suspensión
do prazo para ditar resolución da petición de t ransparencia ·para así conceder un prazo de 15
días á empresa adxudicataria do parque eólico para que realice as alegacións que considere
oportunas. O dito prazo su perouse amplamente e non volveu a recibir ningún tipo de
comunicación.
O escrito viña acompañado de copia da notificación de suspensión do prazo así como a copia
do seu DNI.
Segundo. Con data 29 de novembro de 2018, déuselle traslado da documentación presentada
polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pala administración foi o 10 de decembro de 2018 sen que se
recibira informe e copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/Jo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
,1 1
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparenda.ga1
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non notificou ao interesado resolución
expresa tras rematar o prazo concedido á empresa titular do expediente, polo que debemos
considerar a reclamación presentada en prazo.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
in fo@comisiond atra nspa renci a.gal www.comisiondatransparencia.ga l
Quinto.- Análise do expediente
O acceso á información regulado pola normativa estatal e autonómica en materia de
transparencia, configura o dereito ao acceso á información pública como un dereito de amplo
ámbito obxectivo e subxectivo e por tanto o posible obxecto dunha solicitude de información
abrangue todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que
fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. Este feito, entender que pode ser
obxecto dunha solicitude de información calquera información que posúa o organismo ou
entidade aoque se dirixa a mesma, así como que non sexa necesario motivar a solicitude, polo
que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, non permite
subtraer do marco da normativa de transparencia unha solicitud e de información que cumpra
as condicións indicadas na mesma.
No presente caso, o reclamante solicitou os informes da incidencia sobre a poboación de aves
do parque eólico Montouto dos concellos de Abadín e Muras, Trátase por tanto de
información que está en poder da Administración e que foi adquirida no exercicio das súas
funcións, sen que por esta Comisión se poida determinar si o contido da mesma ten ou non
carácter ambiental, (en cuxo caso debería rexerse pola súa normativa específica), dado que a
Consellería non remitiu o informe e o expediente solicitado.
De acordo co anterior, debe presumirse que a información non ten tal carácter e debe rexerse
polo procedemento de reclamación xeral e non polo específico ambiental, polo que procede
estimar a reclamación presentada, ante a falla de contestación a unha solicitude de acceso á
información pública, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016,
dereito ao acceso á mesma.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información solicitada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6
da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria non remitiu o informe e o
expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto
no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitará Comisión a información que se lle solicite
para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
Lj.
l l
~ (+34)981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, San tiago de Compostela
(:'..1
;."(¡f$
info@)comisiondatransparenci a.gal www.comisiondatra.nsparenda.ga1
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada po ontra a falta de
resposta da Consellería Economía, Emprego e Industria á súa solicitude de acceder aos
informes da incidencia sobre a poboación de aves do parque eólico Montouto dos concellos
de Abad ín e Muras
Segundo: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma leí, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, int erpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación dest a resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrat iva.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019
A presidenta da Comisión da Transparencia
. ..
....•• ~• comisión da.
:_:::~.~ ,¡;
nspar_
enC!él
1-tttl't J• •
- ll •• ~:• '
v,~•• -;\'\Ci3
...~
Mila ros Otero Parga
s