El ciudadano solicitó al Concello de Arteixo documentación técnica, licencias y estudios acústicos de un bar. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento remitir la información en 15 días, ya que es documentación pública elaborada en ejercicio de sus funciones.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada se encuentra en poder de la Administración y fue elaborada en el ejercicio de sus funciones, por lo que el ciudadano tiene derecho de acceso según el art. 12 de la Ley 19/2013.
2
El Concello de Arteixo incurrió en silencio administrativo al no resolver la solicitud de acceso a la información pública.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
La administración reclamada incumplió además su obligación de facilitar a la Comisión la información solicitada para el cumplimiento de sus funciones (art. 35 Ley 1/2016).
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lel 1/2016, do 18 de xanelro, de transparencia
e bogoberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 11 de
decembro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundam ent os xurídicos que se especifica n a contin uación, adopta a seguinte resol ución:
ANTECEDENTES
Primeir resentou, med iante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o d ía 11 de novembro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da l ei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada por silencio administrativo unha solicitude dirixida ao
lo de Arteixo, de que se lle facilite copia da seguinte documentación relativa ao "Bar
• situado na rúa rteixo, A Coruña:
• Declaración responsable ou licenza de actividade do local, segundo proceda.
• Documentación esixida no punto 2 apartado b) do artigo 40 da Lei 9/2013, de empredemento
e competitividade.
• O proxecto e a documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade.
• Copia da certificación emit ida pola persoa que asum iu a responsa bilidade t écnica da execución
do proxecto que acredite a adecuación da acttividade recreativa aos requisitos esixibles.
• Copia do estudo acústico esixido segundo pu nto 2 do artigo 7 do Decreto 320/2002, do 7 de
novembro, cos contidos mínimos establecidos no artigo 17 se no local existe equipo de música.
• Copia da certificación expedida por empresa homologada, elaborado a partir de medicións
realizadas no local, de que se cumpran a normativa sobre contaminación acústica.
O escrito viña acompañado do xust ificante de prese ntación da súa solicitude de acceso á
informa ción pública ao Concello de Arteixo
J
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 11 de decembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Arteixo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pala administración foi o 20 de decembro de 2018, sen que se
remitise o informe e copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acorde ca disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas palas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 24 da Lei 19/2013, establece que as reclamacións contra resolucións en materia de
acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-
administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento
administrativo común en materia de recursos.
11 1
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 12 da Lei 19/2013, recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta, de acorde co disposto no artigo 13, como os contidos ou documentos,
calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos
incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio
das súas funcións.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 17.3 da Lei 19/2013).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acorde con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 143 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
' # ;•
a$· . ~n. •i:r1 0 (• 34)981 5697 40 O Rúa do Hórreo, 65
iH c·p· <,~¡ ,·,¡-·
,· i)i tf"oP,,"> '"; '
, .. (\.,!(l ACoru,1 a
¡¡~ -·, ·- Gó !i e;;:-¡ (';-.,.,
1t,.,' ;) info@comi siondatr.ansparencia .ga1 .f~
1,¡¡¡.i:f www.comisiondatransparenda.ga1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo - deriva
da falta de resposta por parte do Concello de Arteixo á súa solicitude de que se lle facilite
copia da información referente á actividade dun bar co obxecto de determinar a causa dos
ruídos que xenera
Trátase por tanto de información que está en poder da Administración e que foi elaborada no
exercicio das súas funcións, polo que procede e estimación do presente recurso, por ter o
solicitante, de acordo co disposto no artigo 12 da Leí 19/2013, dereito ao acceso á mesma.
O Concello de Arteixo non resolveu a solicitude de acceso á información d o - polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Arteixo non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Leí 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite pa ra o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a dene-ción
pos silencio administrativo de se lle facilite co ación relativa ao "Bar
situado na rúa Arteixo, A Coruña
Segundo: Instar ao Concello de Arteixo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada mediante a remisión da mesma ou mediante a indicación
do enlace electrónico concreto de acceso á dita información, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Leí 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
11 1
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coru,ia
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Terceiro: Instar ao Concello de Arteixo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo
8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 30 de xaneiro de 2019
A presidenta da Comisión da Transparencia