El ciudadano solicitó información a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre vertidos de restos de obras y denuncias del Seprona. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a que la administración no contestó la solicitud ni remitió el expediente a la Comisión.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se fundamenta en la falta de respuesta de la administración a una solicitud de acceso a la información pública
2
Se presume que la información no tiene carácter ambiental específico al no haber remitido la Consellería el expediente, debiendo regirse por el procedimiento de reclamación general
3
El solicitante tiene derecho al acceso a la información de acuerdo con el artículo 24 de la Ley 1/2016
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xanelro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 24
de outubro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedent es e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que t ivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 24 de outubro de 2018, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por
entender desestimada por silencio administrativo unha solicitude de información, dirixida á
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (actual Conselle ría de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda) sobre verquidos con restos de obras levadas a cabo
supostamente pola Xunta Reitora da Comunidade de Montes Cabra l Vigo (Pontevedra), e dos
que lle consta, por informe do Valedor do Pobo, que existen tres denuncias de Seprona á
Consellería de M ed io Ambiente, Territorio e Vivenda .
O escrito viña acompañado de copia da solicitud e da información á Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio.
Segundo. Con data do 7 de novembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e co pia comp leta e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 14 de novembro de 2018, sen que se
recibise o informe e co pia do expediente solicitado.
&~
'!;!;:;1 (•34) 98156 97 40 () Rúa do Hórr~. 65
15700, Santiago d e Compo stela
A Coruña
,p,,.,...
(_;-;:;J info@comisiondatra nsparencia.gat @ w ww.comisionda transparenda.ga1
Quinto. Análise do expediente
O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo Sr. -
deriva da falta de resposta por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivencia á súa solicitude de que se lle facilite información sobre os verquidos con restos de
obras levadas a cabo supostamente pola Xunta Reitora da Comunidad e de Montes Cabral Vigo
(Pontevedra), e dos que lle consta, por informe do Valedor do Pobo, que existen tres
denuncias de Seprona á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda .
Trátase por tanto de información que está en poder da Administración e que foi adquirida no
exercicio das súas funcións, sen que por esta Comisión se poida determinar si o contido da
mesma ten ou non carácter ambiental, (en cuxo caso debería rexerse pola súa normativa
específica), dado que a Consellería non remitiu o i nforme e o expediente solicitado. De acordo
co anterior, debe presumirse que a información non ten tal carácter e debe rexerse polo
procedemento de reclamación xeral e non polo específico ambiental, polo que procede
estimar a reclamación presentada, ante a falla de contestación a unha solicitude de acceso á
información pública, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016,
dereito ao acceso á mesma.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non resolveu a solicitude de acceso á
información d polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto
no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo
ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do
réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non remitiu o informe e o
expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto
no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitará Comisión a información que se lle solicite
para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
denegación por silencio administrativo, de información sobre verquidos con restos de obras
levadas a cabo supostamente pola Xunta Reitora da Comunidade de Montes Cabral Vigo
(Pontevedra), e dos que lle consta, por informe do Valedor do Pobo, que existen tres
denuncias de Seprona, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info(á,'<::omisiondatransparencia.ga! www.comisiondatransparencia.ga!
Segundo: Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia a que, no prazo
máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada mediante a
remisión da mesma ou mediante a indicación do enlace electrónico concreto de acceso á dita
información, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da leí 19/2013, do 9 de decembro, e
o artigo 22 da mesma leí, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a que, no prazo
máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da
información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo
8.3 a leí 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 30 de xaneiro de 2019
A presidenta da Comisión da Transparencia