El ciudadano solicitó la paralización de un proyecto de centro comunitario al Concello da Laracha. Tras requerir al reclamante que aportase una solicitud formal de acceso a la información pública (ya que pedir la paralización de una obra no constituye tal derecho), la Comisión da Transparencia de Galicia decide archivar el expediente por desistimiento al no atenderse el requerimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
La función de la Comisión da Transparencia es determinar si un recurso sobre acceso a la información debe ser estimado o desestimado, no investigar conductas penales ni paralizar obras.
2
La solicitud de paralización de un proyecto no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
3
De acuerdo con el artículo 68 de la Ley 39/2015, si el interesado no subsana los requisitos de la solicitud en el plazo de diez días, se le tendrá por desistido.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por
, mediante escrito do 6 de novembro de 2017, a Comisión
da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación de Pladesemapesga
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 6 de novembro
de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha
solicitude de acceso á información por parte do Concello da Laracha.
O escrito viña acompañado de unha nova de prensa de 12 de marzo de 2017 na versión dixital
do xornal El Correo Gallego segundo a que o Concello de A Laracha presentaba o proxecto de
construcción do Centro Comunitario de Caión ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro
GALP co fin de acollerse á convocatoria de axudas para financiar iniciativas que impliquen
desenvolvemento sostible das zonas de pesca. A copia do certificado de representación de
, e outros documentos que acreditan a existenza
da Plataforma, unha copia da solicitude, de data de 14.03.2017, dirixida polo Sr.
como particular ao Concello da Laracha demandando “Paralización del Proyecto del
Concello de A Laracha ( ) de centro comunitario de Caión al Grupo de
Acción Local del Sector Pesqueiro ( y alcalde ,
ASÍ MISMO) con el único objetivo a juicio de esta parte de hacerse con la gestión del solar
público de 15 mil metros en la Villa de Caión, tal y como se expone en adjunto”. Copia de
información publicada na edición dixital da Voz de Galicia (data de impresión 12 de marzo de
2017) segundo a que o Concello de A Laracha deu conta á Xunta de Goberno Local da recente
presentación do proxecto de construcción do Conetro Comunitario de Caión ao Grupo de
Acción Local do Sector Pesqueiro. Nesta nova se indica que “En los presupuestos de A Laracha
está consignada una partida económica de 100.000 euros para este proyecto. Además, la
Consellería de Política Social aportará 200.000 euros en virtud del convenio de colaboración.”.
Nova de elnoticierodearteixo.com(impresa o 26.10.2017) no que ademais do recollido nos
outros xornais indicaba “ A nova edificación proxectada polo Concello da Laracha acollería as
novas instalacións da Confraría de Pescadores de Caión e contaría con exposicións,
permanentes, locais, aulas multiusos e salón de actos, sendo por tanto unha infraestrutura
necesaria na localidade costeira para poñer en valor a historia da vila relacionada co mar,
potenciar o turismo e acoller o desenvolvemento de iniciativas, reunións e eventos de interese
comunitario.
Ante o importante volume da actuación, o goberno local analizou as diferentes opcións para
obter o financiamento preciso, considerando que o Centro Comunitario de Caión encaixaría á
perfección nas estratexias de desenvolvemento local participativo impulsadas polo GALP.”
O escrito tamén se acompañou da solicitude de certificación de acto presunto Silencio
Administrativo dirixido ao Concello de A Laracha en relación á solicitude de “ Paralización del
Proyecto del Concello de A Laracha ( ) de centro comunitario de Caión
al Grupo de Acción Local del Sector Pesqueiro (
, ASÍ MISMO) con el único objetivo a juicio de esta parte de hacerse con la gestión
del solar público de 15 mil metros en la Villa de Caión”. Esta solicitude ten data de sinatura
dixital de 20 de outubro de 2017 e carece de rexistro de entrada no concello.
Igualmente se acompaña da copia dun correo electrónico dirixido á alcaldía da Laracha
solicitando a paralización do proxecto nos mesmos termos que os anteriores escritos. O
Correo electrónico ten data de 14 de marzo de 2017, e por último se acompaña de un escrito
dirxido ao Alcalde do Concello , que non é posible datar nin determinar que fora recibido na
alcaldía na que se fala de corrupción en relación aos fondos europeos do GAC3
Segundo. Á Vista desta documentación se procede o 10 de novembro de 2017 a indicarlle ao
reclamante que aclare a súa solicitude, posto que “Como en outras ocasións se lle indica
que a función da Comisión da Transparencia é a de determinar se o recurso potestativo,
instado por a cidadanía ante unha resolución expresa o presunta en materia de acceso á
información, ten que ser estimado ou desestimado. Todos eses feitos que vostede trata
de relatar dun xeito que resulta pouco comprensible e inconexo, pero dos que quere
deixar, por medio dese escrito do 6 de novembro dirixido á consellería, que aparezan
como "base a proba fehacente" e "que se suman aos xa existentes para que non se poida
alegar descoñecemento" non poden ser tidos en canta a efectos de determinación de
indicios de condutas penais toda vez que carecemos dun relato coherente que recolla
datos ou indicios de que os fondos públicos fosen percibidos e de que unha vez percibidos
tiveran sido utilizados correcta ou incorrectamente para uso algún. A paralización das
obras, ou as investigacións de calquera outro tipo exceden das funcións previstas na Lei
1/2016, do 18 de xaneiro para esta comisión”.
Por tanto, se lle pedía ao reclamante que achegase a solicitude de petición de información
pública ante a Consellería de Política Social (que era mencionada nalgún documento) ou ao
Concello da Laracha, posto que a paralización dun proxecto non é un exercicio do dereito de
acceso á información, para o que segundo o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro se lle
daba un prazo de dez días.
O reclamante recibiu o oficio de emenda da solicitude o 14 de novembro de 2017.
Transcorrido o prazo ao non atender o requirimento procedese a ditar resolución.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas
reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de
Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é
a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa
á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que cando a solicitude de iniciación non
reúna os requisitos requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, subsane a falta
ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, si así non o fixera, se lle terá
por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos.
O reclamante non achegou ningún dato de que exista unha petición de acceso á información
pública ao Concello da Laracha.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Arquivo por desestimento e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga