Inadmitida 31/01/2018 · 72 días en resolverse

Reclamación de acceso a la información pública sobre jornadas técnicas del sector pesquero en Celeiro

El ciudadano solicitó información sobre unas jornadas técnicas al GALP1. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque la solicitud fue una comunicación informal sin registro y debía dirigirse a la administración vinculada (Consellería do Mar) y no directamente a la entidad privada vinculada.

Puntos clave de la argumentación

1 La obligación de suministrar información recae sobre la Administración, organismo o entidad prevista en la ley a la que se encuentre vinculada la entidad privada.
2 El solicitante debió dirigir la petición a la Consellería do Mar para obtener información sobre el evento y no directamente al GALP1.
3 Se aplica el artículo 116 de la Ley 39/2015 para inadmitir recursos que carezcan manifiestamente de fundamento.
4 La solicitud se considera una comunicación informal que carece del mínimo registro de acceso a una entidad privada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por en nome e representación mediante escrito do 20 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en nome e representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de novembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do GAPL1. O interesado indicaba que ante a celebración das xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro en Celeiro os días 24 e 25 de novembro de 2017 pedira información ao GALP1. Para unha mellor comprensión do expediente hai que facer constar que tendo coñecemento de que estas xornadas íanse celebrar e que nelas participaban diversas persoas xurídicas o reclamante se dirixiu á Confraría de Pescadores de Celeiro, o Concello de Viveiro, o Porto de Celeiro, o GAC1 e a Consellería do Mar demandando a cada un información complementaria sobre o evento, á vista de que a información requirida para cada persoa xurídica era diferente, e que as obrigas de transparencia e as peticións diferían para cada unha delas optouse por iniciar cinco expedientes distintos e notificar a todos os organizadores das xornadas técnicas a existenza dos restantes expedientes, incidindo para cada persoa xurídica en as particularidades nas que o informe debería centrarse. O escrito viña acompañado da solicitude de 19 de outubro de 2017 dirixida ao GALP1. Segundo. Con data 24 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao GALP1 para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe no que se determinase a recepción da petición, con indicación de quen elaborou integramente ou xerou a información de cada un dos asuntos nos que se solicitaba información. A recepción da solicitude polo GALP1 foi o 15 de decembro de 2017. Terceiro. Con data do 28 de decembro de 2017 se recibiu o informe emitido polo GALP1. O informe, en resumo, indicou que efectivamente recibiuse no GALP1 o escrito de Pladesemapesga, mais non se lle deu resposta dado que a solicitude tiña que dirixila á Administración a quen se vincula o GALP1. Seguidamente o informe analiza as peticións e as dificultades para darlle resposta as mesmas, deixando claro que o GALP1 non é o organizador do evento e que como persoa xurídica publica toda a información relativa aos eventos que si organiza están na súa páxina web, onde pode consultalos todo o mundo. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Corresponde á Comisión da Transparencia analizar se se solicitou a información que o reclamante di ter solicitado, toda vez que o requirimento dirixido ao GALP1 carecía dun mínimo recibí ou rexistro de entrada, igualmente corresponde determinar se a persoa xurídica á que se dirixiu está obrigada legalmente, en caso de que todas estas cuestións fosen afirmativas correspondería determinar se a petición realizada en primeira instancia se axusta ao concepto de información pública e, de axustarse, determinar se hai dereito a que se produza o acceso en relación ao disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e finalmente corresponde á comisión facer un seguimento da resolución emitida no sentido de ser informada da recepción da información reclamada ante esta. O ámbito subxectivo de aplicación da Lei da Transparencia 1/2016, do 18 de xaneiro, implica que esta será aplicable a calquera entidade privada que reciba ou xestione fondos públicos ou cuxa actividade teña interese público ou repercusión social nos termos previstos. Agora ben, a obriga de subministrar a información non é a calquera persoa que o demande se non a Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento. (artigos 3 e 4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). Por tanto, se o reclamante quería esta información debeuse dirixir á Consellería do Mar ( a quen lle requiríu información como se verá no expediente RSCTG 110/2017) para todo o evento e non dirixirse directamente ao GALP1 , o que non se da neste caso. Corresponde por tanto aplicar o artigo 116 da Lei 39/2015, do 1 de outubro que establece que se inadmitirán aqueles recursos que carezan manifestamente de fundamento dado que neste caso fixo unha comunicación informal, que carece do mínimo rexistro de acceso a unha entidade privada, por mais que vinculada á administración, pero que en todo caso non ten por que responderlle directamente. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Único. Inadmitir a reclamación presentada por en representación con data de 20 de novembro de 2017, contra a solicitude dirixida ao GALP1 por carecer manifestamente de fundamento. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga