El ciudadano solicitó información sobre unas jornadas técnicas al Porto de Celeiro. La entidad denegó el acceso alegando ser una entidad privada. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación por carecer de fundamento, ya que la solicitud fue una comunicación informal dirigida a una entidad privada que no debe responder directamente.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión determina que la solicitud fue una comunicación informal que carecía del mínimo registro de entrada.
2
Se establece que el Porto de Celeiro es una entidad privada y que el solicitante debió dirigirse a Portos de Galicia o a la Consellería do Mar.
3
La resolución aplica el artículo 116 de la Ley 39/2015 para inadmitir la reclamación por carecer manifiestamente de fundamento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e
representación
mediante escrito do 20 de novembro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación
- presentou, mediante escrito
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de novembro de 2017, unha reclamación
ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da
Porto de Celeiro.
O interesado indicaba que ante a celebración das xornadas técnicas de difusión do sector
pesqueiro en Celeiro os días 24 e 25 de novembro de 2017 pedira información ao Porto de
Celeiro.
Para unha mellor comprensión do expediente hai que facer constar que tendo coñecemento
de que estas xornadas íanse celebrar e que nelas participaban diversas persoas xurídicas o
reclamante se dirixiu á Confraría de Pescadores de Celeiro, o Concello de Viveiro, o Porto de
Celeiro, o GAC1 e a Consellería do Mar demandando a cada un información complementaria
sobre o evento, á vista de que a información requirida para cada persoa xurídica era diferente,
e que as obrigas de transparencia e as peticións diferían para cada unha delas optouse por
iniciar cinco expedientes distintos e notificar a todos os organizadores das xornadas técnicas
a existenza dos restantes expedientes, incidindo para cada persoa xurídica en as
particularidades nas que o informe debería centrarse.
O escrito viña acompañado da solicitude de 19 de outubro de 2017 dirixida ao porto.
Segundo. Con data 24 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado ao Porto de Celeiro para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe no que se determinase a recepción da petición, con indicación de quen
elaborou integramente ou xerou a información de cada un dos asuntos nos que se solicitaba
información.
A recepción da solicitude polo Porto de Celeiro foi o 28 de novembro de 2017.
Terceiro. Con data do 15 de decembro de 2017 se recibiu o informe emitido polo Porto.
O informe, en resumo, indicou que non lles era de aplicación a lei 19/2013, de transparencia,
acceso á información pública e bo goberno por ser unha entidade totalmente privada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Corresponde á Comisión da Transparencia analizar se se solicitou a información que o
reclamante di ter solicitado, toda vez que o requirimento dirixido ao Porto de Celeiro carecía
dun mínimo recibí ou rexistro de entrada, igualmente corresponde determinar se a persoa
xurídica á que se dirixiu está obrigada legalmente, en caso de que todas estas cuestións fosen
afirmativas correspondería determinar se a petición realizada en primeira instancia se axusta
ao concepto de información pública e, de axustarse, determinar se hai dereito a que se
produza o acceso en relación ao disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro e finalmente corresponde á comisión facer un seguimento da resolución emitida
no sentido de ser informada da recepción da información reclamada ante esta.
O ámbito subxectivo de aplicación da Lei da Transparencia 1/2016, do 18 de xaneiro, implica
que esta será aplicable a calquera entidade privada que reciba ou xestione fondos públicos ou
cuxa actividade teña interese público ou repercusión social nos termos previstos. Agora ben,
a obriga de subministrar a información non é a calquera persoa que o demande se non a
Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 a que se encontren
vinculadas, logo de requirimento. (artigos 3 e 4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
Por tanto, se o reclamante quería esta información debeuse dirixir á Portos de Galicia ou á
Consellería do Mar ( a quen lle requiríu información como se verá no expediente RSCTG
110/2017) para todo o evento e non dirixirse directamente ao Porto de Celeiro, o que non se
da neste caso.
Corresponde por tanto aplicar o artigo 116 da Lei 39/2015, do 1 de outubro que establece
que se inadmitirán aqueles recursos que carezan manifestamente de fundamento dado que
neste caso fixo unha comunicación informal, que carece do mínimo rexistro de acceso a unha
entidade privada que en todo caso non ten por que responderlle directamente.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir a reclamación presentada por en
representación
con data de 20 de novembro de 2017, contra a solicitude dirixida ao Porto
de Celeiro por carecer manifestamente de fundamento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga