El ciudadano solicitó información sobre unas jornadas técnicas a la Confraría de Pescadores de Celeiro. La entidad alegó que la actividad era privada y la solicitud abusiva. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación por carecer manifiestamente de fundamento, ya que la actividad no estaba sujeta a derecho administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La Confraría de Pescadores solo desarrolla funciones administrativas cuando actúa como órgano de consulta y colaboración con la administración en la promoción del sector pesquero.
2
La colaboración con el Porto de Celeiro, entidad privada, sitúa la actividad fuera del ámbito de aplicación de la Ley de Transparencia al no ser una actividad sujeta a derecho administrativo.
3
El derecho de acceso a la información pública se vincula a la Administración u organismos previstos en la ley, y en este caso el interesado debió dirigirse al Ente Público de Portos o a la Consellería do Mar.
4
Se aplica el artículo 116 de la Ley 39/2015 para inadmitir la reclamación por carecer manifiestamente de fundamento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e
representación
mediante escrito do 20 de novembro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome
- presentou, mediante escrito
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de novembro de 2017, unha reclamación
ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da
Confraría de Pescadores de Celeiro.
O interesado indicaba que ante a celebración das xornadas técnicas de difusión do sector
pesqueiro en Celeiro os días 24 e 25 de novembro de 2017 pedira información á Confraría de
Pescadores de Celeiro.
Para unha mellor comprensión do expediente hai que facer constar que tendo coñecemento
de que estas xornadas íanse celebrar e que nelas participaban diversas persoas xurídicas o
reclamante se dirixiu á Confraría de Pescadores de Celeiro, o Concello de Viveiro, o Porto de
Celeiro, o GAC1 e a Consellería do Mar demandando a cada un información complementaria
sobre o evento, á vista de que a información requirida para cada persoa xurídica era diferente,
e que as obrigas de transparencia e as peticións diferían para cada unha delas optouse por
iniciar cinco expedientes distintos e notificar a todos os organizadores das xornadas técnicas
a existenza dos restantes expedientes, incidindo para cada persoa xurídica en as
particularidades nas que o informe debería centrarse.
O escrito viña acompañado da solicitude de 19 de outubro de 2017 dirixida á Confraría de
Pescadores de Celeiro.
Segundo. Con data 24 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado á Confraría de Pescadores de Celeiro para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe no que se determinase a recepción da petición, con
indicación de quen elaborou integramente ou xerou a información de cada un dos asuntos
nos que se solicitaba información e que igualmente se indicase se toda a información
solicitada se inclúe dentro das actividades suxeitas a dereito administrativo tal como o recolle
a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
A recepción da solicitude pola Confraría de Pescadores de Celeiro foi o 28 de novembro de
2017.
Terceiro. Con data do 13 de decembro de 2017 se recibiu o informe da Confraría.
O informe, en resumo, indicou que as xornadas foran organizadas por unha entidade privada
que é o Porto de Celeiro S.A, co que colaborou en exercicio dunha actividade propia allea ao
ámbito administrativo.
A Confraría es unha corporación de dereito público que realizou unha actividade que non está
suxeita ao dereito administrativo e por tanto fora do control do ámbito de aplicación da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
En todo caso a solicitude debía ter sido inadmitida polo seu carácter abusivo non xustificado
coa finalidade da transparencia. A confraría entende que o que se persigue con este escrito é
a imputación de delitos sen a mínima base e falseando a realidade, feitos que de ser certos
poderían ser denunciados ante os tribunais de xustiza e non limitarse a plasmar acusacións en
escritos que difunde a través dunha páxina web.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Corresponde á Comisión da Transparencia analizar se se solicitou a información que o
reclamante di ter solicitado, toda vez que o requirimento dirixido á Confraría de Pescadores
de Celeiro carecía dun mínimo recibí ou rexistro de entrada, igualmente corresponde
determinar se a persoa xurídica á que se dirixiu está obrigada legalmente, en caso de que
todas estas cuestións fosen afirmativas correspondería determinar se a petición realizada en
primeira instancia se axusta ao concepto de información pública e, de axustarse, determinar
se hai dereito a que se produza o acceso en relación ao disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Lei
19/2013, do 9 de decembro e finalmente corresponde á comisión facer un seguimento da
resolución emitida no sentido de ser informada da recepción da información reclamada ante
esta.
Unha vez determinado o asunto obxecto de estudo hai que indicar que se ben a Confraría de
Pescadores nin nega nin confirma que recibira o escrito está claro que as confrarías só
desenvolven funcións de carácter administrativo cando actúan como órgano de Consulta e
Colaboración coa administración na promoción do sector pesqueiro. (Lei 11/2008, de Pesca
de Galicia).
Neste caso tal como di o informe tratábase da colaboración co Porto de Celeiro, que é unha
entidade privada.
O ámbito subxectivo de aplicación da Lei da Transparencia 1/2016, do 18 de xaneiro, implica
que esta será aplicable a calquera entidade privada que reciba ou xestione fondos públicos ou
cuxa actividade teña interese público ou repercusión social nos termos previstos. Agora ben,
a obriga de subministrar a información non é a calquera persoa que o demande se non a
Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 a que se encontren
vinculadas, logo de requirimento. (artigos 3 e 4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
Por tanto, se o reclamante quería esta información debeuse dirixir ao Ente Público de Portos
ou á Consellería do Mar ( a quen lle requiríu información como se verá no expediente RSCTG
110/2017) para todo o evento e non dirixirse directamente á Confraría de Pescadores de
Celeiro, salvo que se tratase de actividades suxeitas a dereito administrativo, o que non se da
neste caso.
Corresponde por tanto aplicar o artigo 116 da Lei 39/2015, do 1 de outubro que establece
que se inadmitirán aqueles recursos que carezan manifestamente de fundamento.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir a reclamación presentada por en
representación da
con data de 20 de novembro de 2017, contra a solicitude dirixida á
Confraría de Pescadores de Celeiro por carecer manifestamente de fundamento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga