Se solicitó información sobre convenios o contratos entre el GAC3 (GALP Costa da Morte) y el Concello da Laracha. La Comisión de la Transparencia decide inadmitir la reclamación por falta de competencia, ya que el GAC3 es una asociación privada sin ánimo de lucro que no forma parte del sector público y no existen los vínculos alegados con el ayuntamiento.
Puntos clave de la argumentación
1
El GALP Costa da Morte es una asociación sin ánimo de lucro de carácter privado que no tiene firmado ningún convenio ni contrato con el Concello da Laracha.
2
La entidad reclamada no forma parte del sector público sujeto a las obligaciones de transparencia según la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016.
3
La obligación de suministrar información recae sobre la Administración u organismos vinculados, y en este caso el solicitante debió dirigirse a la Consellería do Mar.
4
Se determina la falta de competencia de la Comisión de la Transparencia para resolver la solicitud dirigida a una entidad privada que no cumple los requisitos de sujeto obligado.
Texto completo
A paralización de obras, ou investigacións de calquera tipo exceden das funcións previstas na
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
A personalidade xurídica do grupo da lugar a que se teña que constatar se se trata de anuncios
realizados con cargo a fondos públicos ou pola contra entra dentro da actividade privada da
entidade, que non forma parte do sector público.
Terceiro. Con data 13 de novembro de 2017 recíbese unha resposta da plataforma na que
indica que a petición se refire á existencia dun convenio, contrato, acta ou informe entre o
GAC3 e o Concello da Laracha e que se trata por tanto de fondos públicos, pero non achegou
documentación.
Cuarto. Con data 17 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao GAC3 para que achegase informe sobre a documentación.
A recepción da solicitude polo GAC3 foi o 22 de novembro de 2017.
Terceiro. Con data 11 de decembro de 2017 se recibiu o informe do GAC3.
O informe, en resumo, indicou que o GALP Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de
lucro de carácter privado, os socios da asociación se agrupan por sectores, estando
representados o sector do mar, sector social, económico e sector público local, sen que ningún
ostente unha porcentaxe igual ou superior ao 50% dos dereitos de votos nos órganos de
decisión da entidade. O GALP non ten asinado ningún convenio, contrato, informe con ningún
dos concellos do seu ámbito territorial, incluído o Concello da Laracha.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 116 e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que é causa de inadmisión por falta
de competencia. Neste caso o reclamante entende que o GALP Costa da Morte ten un
convenio, contrato, informe o acta co Concello da Laracha e que en base a este xestiona
fondos públicos, que pediu tal información e que non se lle facilitou, a solicitude que enviou
se relaciona co expediente RSCTG 43/2017, xa resolto por esta Comisión da Transparencia.
Cando se lle remite a documentación ao GALP, pola insistencia do reclamante queda claro que
a petición se dirixe unha asociación sen ánimo de lucro, que non ten asinado ningún
documento co Concello da Laracha para os fins indicados polo reclamante, e que en ningún
caso forma parte do sector público no ámbito da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro.
O ámbito subxectivo de aplicación da Lei da Transparencia 1/2016, do 18 de xaneiro, implica
que esta será aplicable a calquera entidade privada que reciba ou xestione fondos públicos ou
cuxa actividade teña interese público ou repercusión social nos termos previstos. Agora ben,
a obriga de subministrar a información non é a calquera persoa que o demande se non a
Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 a que se encontren
vinculadas, logo de requirimento. (artigos 3 e 4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
Por tanto, se o reclamante quería esta información debeuse dirixir á Consellería do Mar para
solicitarlle esa información , o que non se da neste caso.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 6 de
novembro de 2017 por falta de competencia da Comisión da Transparencia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga