Inadmitida 31/01/2018 · 93 días en resolverse

Solicitud de acceso a la tramitación ambiental del expediente de la planta de compostaje de A Furoca y resultado de inadmisión

La Plataforma na defensa da terra de Coristanco solicitó a la Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio el acceso al expediente de tramitación ambiental de una planta de compostaje. Ante la denegación por silencio, la Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por falta de competencia, al considerar que debe tramitarse según la Ley 27/2006 de información ambiental.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud versa específicamente sobre la tramitación ambiental del expediente CO/0357/2012.
2 A pesar de que la administración aplicó la normativa general de transparencia, la naturaleza de la información requiere la aplicación de la Ley 27/2006 reguladora del acceso a la información ambiental.
3 La aplicación incorrecta de la normativa de transparencia general en lugar de la ambiental podría causar perjuicios a los solicitantes que deben ser subsanados por la consellería mediante la tramitación correcta.
4 Se determina la falta de competencia del órgano de transparencia basándose en la disposición adicional primera sobre la prevalencia de la normativa sectorial ambiental.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por en representación da Plataforma na defensa da terra de Coristanco, mediante escrito do 30 de outubro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación da Plataforma na defensa da terra de Coristanco presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 30 de outubro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. O interesado indicaba que solicitara no mes de xullo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta que se lle permitira o “ acceso á tramitación ambiental do expediente CO/0357/2012, referido á planta de compostaxe da empresa sita no lugar de A Furoca, concello de Coristanco”, igualmente solicitara a copia dixitalizada do referido expediente que obra na citada consellería. O escrito dicía que viña acompañado da copia da solicitude ante a Consellería de Medio Ambiente, pero non era así. Por último indicar que o expediente que achega a administración non é solo a solicitude de acceso á información da plataforma, se non a tramitación da Planta de Compostaxe no lugar da Furoca na súa integridade. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Na análise do expediente xorde a cuestión de se é a Lei 19/2013, do 9 de decembro a lexislación aplicable a este expediente. O informe da Consellería entende que son de aplicación simultaneamente as leis básicas de transparencia e a Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. A disposición adicional primeira 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, é mais precisa a lexislación básica é de aplicación no non previsto nas súas respectivas normas reguladoras cando falamos de información ambiental e á destinada á reutilización. Do expediente se observa que o procedemento de tramitación desta solicitude é expresamente o da Lei 19/2013, do 9 de decembro, pois así se lle comunica, pola consellería, tanto a empresa, como á plataforma nos oficios de 10 de agosto de 2017. Escritos nos que para o trámite de audiencia cita expresamente “ nos termos previstos nos artigos 19.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 27.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno”. Igualmente o informe da consellería recolle que é de aplicación o artigo 14 da lei 19/2013, e que o 25 de setembro de 2017 se remite o expediente á Delegación Territorial “ ao corresponderlle ao seu titular a resolución da solicitude, consonte o preceptuado no artigo 27.3 da Lei 1/2016”. Por tanto, á vista do expediente o órgano administrativo entendeu que prevalecía a información pública xeral sobre a información en materia de medio ambiente e aplicou a normativa básica de transparencia, sen citar durante o expediente a lexislación de información medioambiental. O interesado, sen embargo, di expresamente que se trata dunha solicitude de acceso á tramitación ambiental do expediente CO/0357/2012. Se ben a administración entendeu que estamos ante unha solicitude de información pública nos termos do disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro o certo é que se se lle requiriu unha información ambiental debeuna tramitar polo procecemento establecido na Lei 27/2006, do 18 de xullo, podendo causar o silencio perxuizos aos reclamantes que poderían ser solucionados pola consellería coa tramitación correcta. Quinto.- Corresponde por tanto inadmitir a solicitude por falta de competencia en base á disposición adicional primeira. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Único: Inadmisión por falta de competencia a reclamación presentada por en nome e representación da Plataforma na defensa da Terra de Coristanco con data de 30 de outubro de 2017, contra a denegación por silencio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, en base á disposición adicional primeira. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga