El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral de Política Lingüística una relación exhaustiva de antecedentes de denegación de exámenes por ausencias en cursos de lengua administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación al considerar que la administración ya facilitó la información disponible y que el solicitante pretende usar la ley para cuestionar la aplicación de las bases de una convocatoria.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración ya había facilitado al interesado un informe con el número de alumnos excluidos de las listas de examen por incumplir el requisito de asistencia obligatoria.
2
Se considera que el solicitante intenta utilizar el derecho de acceso a la información para interpretar las bases de una convocatoria y su aplicación administrativa en lugar de acceder a datos concretos.
3
La administración sostiene que la información solicitada fue entregada en la medida en que era posible sin necesidad de una reelaboración de los datos.
4
Se califica la petición como abusiva dado que el interesado ya había agotado la vía administrativa respecto al recurso sobre su exclusión del examen.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 3
de outubro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escritos con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo os días 25 de agosto de 2018 e 3 de outubro de 2017, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O reclamante indicaba que fora excluído da realización da proba final do Curso de Linguaxe
Administrativa Galega Superior de carácter presencial polo número de ausencias xustificadas
ou non xustificadas (día 20 de xuño de 2017) polo que demandou a relación exhaustiva dos
antecedentes existentes noutras edicións nos que tamén desestimaron peticións de similar
contido.
Os escritos viñan acompañados dun oficio no que a subdirectora xeral de Política Lingüística
lle achegaba unha táboa na que figuraban os seguintes datos sobre as persoas inscritas en
cursos presencias de linguaxe administrativa galega sen dereito ao exame final por superar a
ausencia, xustificada ou non, do 10% (6 horas) da duración lectiva do curso:
Nivel do Curso Datas do período lectivo Alumnos/as sen dereito a
exame
Superior 02/10/2015-28/01/2016 2
Medio 02/10/2015-12/02/2016 2
Superior 06/10/2015-27/01/2016 1
Superior 06/10/2015-16/02/2016 1
Superior 07/10/2015-20/01/2016 1
Superior 05/09/2016-03/11/2016 1
Medio 04/10/2016-27/01/2017 2
TOTAL: 10
Igualmente achegaba un correo de 27 de xuño de 2017 entre a subdirectora
no que se indicaba en relación coa petición de informe
sobre o escrito de había que ter en conta que:
“1.- No apartado sétimo da Resolución da EGAP, do 31 de marzo de 2017, pola que se
convocan cursos de linguaxe administrativa galega establécese:
“3. A asistencia
a) curso presencial:
1. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser
superior ao 10% (6 horas) das horas lectivas do curso.
2. Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de
asistencias. Pódense realizar controis de asistencia extraordinarios.”
2.- E na Guía didáctica do alumnado:
“Apartado 5. Temporalización
A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia, xustificada ou non, de cada asistente non
poderá superar o 10% (6 horas) da duración lectiva do curso. Durante o desenvolvemento das
actividades formativas levarase un control permanente de asistencias.”
3.- Nas follas do control de asistencia que ten a profesora do curso quedan reflectidas as
asistencias.
En base ao exposto, consideramos que non se pode acceder ao peticionado en base a, sen
esquecer os antecedentes existentes noutras edicións nos que tamén se desestimaron
peticións de similar contido.”
Segundo. Con data 27 de outubro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 2 de novembro de 2017.
Terceiro. Con data 1 de decembro de 2017 se recibiu o informe da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria e o expediente elaborado.
O informe, en resumo, indicou que tras a resolución desestimatoria do recurso 14 de xullo de
2017 para participar no exame do curso de linguaxe administrativa o 25 de agosto de 2017
solicitou “unha relación exhaustiva dos antecedentes existentes noutras edicións nos que
tamén se desestimaron peticións de similar contido.” , ese escrito facía eco do mencionado no
informe da Subdirección Xeral de Política Lingüística recordaba o xeito de interpretar a forza
maior por ser este o “similar contido” segundo o reclamante.
O 27 de setembro de 2017 concedeulle o acceso, “mediante un informe no que relaciona o
número de alumnos excluídos das listaxes de persoas con dereito a realizar a proba final en
base á mesma causa que foi excluído o recorrente (“ con similar contido”), isto é, por non
cumprir co requisito de asistencia obrigatoria ás clases.”
O completo informe da Consellería ten dous puntos que deben ser tidos en conta; dunha
banda o irrelevante de que sexa ou non forza maior a falta de asistencia pois entras todas as
ausencias, e por outra que a folga de transporte público, fora debidamente anunciadas con
antelación, que das 25 persoas matriculadas so faltaron 3 ese día. Igualmente é importante
destacar que “a Subdirección xeral de Política Lingüística almacena as actas dos cursos de
linguaxe administrativa, en formato papel e, ao tempo, mecaniza os datos que nelas constan
nun aplicativo informático denominado sistema de xestión de cursos (XESCUR) no que se
almacenan os seguintes datos: a numeración da orde de convocatoria, o alumnado
matriculado, o presentado, os abandonos, o alumnado apto e non apto.”
O informe unha vez analizada a normativa da transparencia e en concreto a causa de
inadmisión por tratarse dunha petición abusiva conclúe que se lle facilitou ao interesado toda
a información que obraba no seu poder en relación cos antecedentes existentes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Dos antecedentes deste expediente se observa que existe un procedemento administrativo
en curso e que tras unha resolución dun recurso administrativo ante a administración
autonómica, o interesado en vez de utilizar a vía contencioso-administrativa solicita un acceso
á información pública coa pretensión de interpretar as bases da convocatoria do curso e a súa
posterior aplicación administrativa.
O obxecto da lei de transparencia 1/2016, do 18 de xaneiro en relación tanto á publicidade
activa como ao dereito de acceso á información pública fundaméntase no bo uso do
financiamento público. Neste caso se trata de cursos para o persoal das administracións
públicas cuxa organización ten un custo económico.
A consellería facilitoulle xa a información que estaba no seu poder, e que era posible facilitarlle
sen necesidade de reelaboración, igualmente e tal como di o informe, o dato relevante para
a administración non é a causa da ausencia, se non o feito de que se produza e a porcentaxe
que esta ausencia supón respecto do curso.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir a reclamación presentada por con data do 3 de
outubro de 2017, contra a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria do 27 de setembro de 2017, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei
19/2013, do 9 de decembro
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga