Inadmitida 31/01/2018 · 114 días en resolverse

Solicitud de copia de contrato de servicios informáticos con LOPDAT Protección de Datos SL y resultado de inadmisión

Se solicitó al Concello de Melide copia de un contrato o convenio de servicios informáticos con la entidad LOPDAT Protección de Datos SL. El interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia alegando desestimación. La Comisión da Transparencia decidió inadmitir la reclamación porque la solicitud original carecía de los requisitos formales de registro administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud enviada por correo electrónico el 6 de septiembre de 2017 carece de los requisitos necesarios para la tramitación en vía administrativa.
2 El correo electrónico por sí mismo no acredita la presentación formal de una solicitud de acceso a la información pública.
3 La comunicación informal realizada por el solicitante carece del mínimo registro de acceso en el ayuntamiento, lo que impide su admisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por en nome e representación mediante escrito do 8 de outubro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en nome e representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 9 de outubro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Melide. O interesado indicaba que tiña coñecemento da existencia dun contrato ou convenio dos servizos informáticos do concello coa entidade LOPDAT PROTECCIÓN DE DATOS SL e que lle requiría ao concello que lle trasladara copia do citado convenio entre ambos. O escrito viña acompañado da copia dunha solicitude dirixida o 6 de setembro de 2017 ao Concello, sen constar o Rexistro da administración local. Segundo. Con data 16 de outubro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de outubro de 2017. Terceiro. Con data 3 de novembro de 2017 se recibiu o informe do concello. O informe, en resumo, indica que o agora reclamante enviara dous correos electrónicos do concello, un dos que fai anos xa non está habilitado a dita petición. Que non usou nin o rexistro telemático nin a vía presencial para facer a solicitude. Que novamente solicitou o mesmo o 23 de outubro agora si con Rexistro de Entrada nº 306, que nesta ocasión non achegaba a documentación que dicía que xuntaba. En relación á empresa LOPDAT PROTECCIÓN DE DATOS SL indicaba que a dita entidade actualmente non está relacionado co concello pero que “esta administración tivo vixente anteriormente un contrato de servicios mediante o cal se dotou ao Concello de Melide dun ficheiro de datos na Axencia Española de Protección de Datos que tivo unha duración anual”. O informe remataba indicando que toda esta información íase a remitir ao reclamante e que igualmente se procedería a indicarlle á dita empresa que retirase o logotipo representativo da páxina da dita SL. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Na reclamación administrativa consta que o Concello de Melide recibiu por correo electrónico unha petición o 6 de setembro de 2017, pero non é ata o 23 de outubro de 2017, cando a petición entra correctamente por rexistro no Concello. A resposta da administración di que vaise achegar coa mesma data (31 de outubro de 2017) ao reclamante á resposta á solicitude formulada. A reclamación é presentada ante a Comisión da Transparencia o 9 de outubro de 2017. O correo electrónico, en si mesmo non acredita a presentación dunha solicitude de acceso á información, acceso que en todo caso, unha vez feita a solicitude a través do rexistro telemático, se lle resposta en tempo e forma. A petición de 6 de setembro de 2017 carece dos requisitos para a tramitación da solicitude en vía administrativa, a solicitude non cumpre os requisitos necesarios para a súa admisión, polo que corresponde inadmitir dado que neste caso a plataforma fixo unha comunicación informal, que carece do mínimo rexistro de acceso no concello. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Único. Inadmitir a reclamación presentada por en representación con data de 9 de outubro de 2017, contra a solicitude dirixida ao Concello de Melide o 6 de setembro de 2017 por carecer esta solicitude dos requisitos para a tramitación en vía administrativa. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga