El ciudadano solicitó información complementaria sobre unas jornadas técnicas a la Consellería do Mar. Tras presentar reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia por considerar desestimada su solicitud, el organismo decide estimar la reclamación por motivos formales, ya que la administración ya había concedido el acceso a la información el 29 de noviembre de 2017.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia determina que la Consellería do Mar ya había emitido una resolución el 29 de noviembre de 2017 concediendo el acceso a la información solicitada.
2
Se concluye que no es necesaria ninguna otra actuación administrativa dado que el acceso fue concedido conforme a la petición recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por D en nome e
representación
mediante escrito do 20 de novembro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación
presentou, mediante escrito
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de novembro de 2017, unha reclamación
ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte Da
Consellería do Mar.
O interesado indicaba que ante a celebración das xornadas técnicas de difusión do sector
pesqueiro en Celeiro os días 24 e 25 de novembro de 2017 pedira información á Consellería
do Mar.
Para unha mellor comprensión do expediente hai que facer constar que tendo coñecemento
de que estas xornadas íanse celebrar e que nelas participaban diversas persoas xurídicas o
reclamante se dirixiu á Confraría de Pescadores de Celeiro, o Concello de Viveiro, o Porto de
Celeiro, o GAC1 e a Consellería do Mar demandando a cada un información complementaria
sobre o evento, á vista de que a información requirida para cada persoa xurídica era diferente,
e que as obrigas de transparencia e as peticións diferían para cada unha delas optouse por
iniciar cinco expedientes distintos e notificar a todos os organizadores das xornadas técnicas
a existenza dos restantes expedientes, incidindo para cada persoa xurídica en as
particularidades nas que o informe debería centrarse.
O escrito viña acompañado da solicitude de 19 de outubro de 2017 dirixida á Consellería do
Mar.
Segundo. Con data 24 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado á administración para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e expediente administrativo.
A recepción da solicitude pola consellería foi o 5 de decembro de 2017.
Terceiro. Con data do 28 de decembro de 2017 se recibiu o informe e o expediente elaborado
pola Consellería do Mar.
O informe, en resumo, indicou que o 19 de outubro se recibiu na sede electrónica da Xunta a
solicitude presentada polo reclamante sendo a recepción na unidade tramitadora o 2 de
novembro de 2017. A información se lle achegou dende a Dirección Xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro o 29 de novembro de 2017, e, se ben, esta resolución di que se
estimou parcialmente o acceso foi concedido conforme á petición recibida.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o
Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos
números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha
reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-
administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Prazos de interposición do recurso
O artigo 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no
prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado o desde o
día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
O artigo 116 d) da Lei de procedemento administrativo común das Administracións Públicas,
de 1 de outubro, establece que será causa de inadmisión ter trascorrido o prazo para a
interposición do recurso.
O 30 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia acordou en sesión ordinaria, por
unanimidade, a aprobación do seguinte acordo:
“Delegar na Presidencia as resolucións de inadmisión das reclamacións presentadas no
exercicio do dereito de acceso á información pública que sexan extemporáneas, tanto porque
son presentadas antes de que transcorra o prazo para resolver polo suxeito ao que se lle
solicita, como por tratarse dunha reclamación na que ten transcorrido o prazo para dirixir o
recurso ante a comisión.”
Cuarto. Análise do expediente
O reclamante presentou a súa petición o 19 de outubro de 2017 na sede electrónica, a
solicitude non chegou á unidade tramitadora ata o 2 de novembro de 2017, en todo caso,
consta a existencia dunha resolución da Consellería do 29 de novembro de 2017
concedéndolle o acceso.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
, en nome e representación de Pladesemapesga con data de 20 de novembro de
2017, contra a Consellería do Mar, sen que sexa necesaria ningunha outra actuación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga