El ciudadano solicitó al Concello de Teo información y el expediente de contratación de unas obras viales. Ante la falta de respuesta a las solicitudes de julio y septiembre de 2017, acudió a la Comisión da Transparencia. Esta resuelve estimar parcialmente la reclamación, inadmitiendo la solicitud de mayo por extemporánea e instando al Ayuntamiento a entregar la información restante.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación relativa al escrito de 2 de mayo de 2017 es inadmitible por ser extemporánea según el artículo 24.2 de la Ley 19/2013.
2
Las solicitudes del 21 de julio y 18 de septiembre de 2017 son analizables al haberse producido el silencio administrativo.
3
La Comisión determina que, aunque el Ayuntamiento remitió la información al órgano de transparencia, no consta que la haya enviado a la interesada.
4
La competencia para la entrega efectiva de la información pública recae en el titular de la misma, en este caso el Concello de Teo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito
do 23 de outubro de 2018 a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 23 de outubro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada a unha solicitude de acceso á información por parte do
Concello de Teo.
A interesada indicaba que o 2 de maio de 2017 requiríu ao Concello información relativa a
realización dunhas obras no vial que une a Rúa do REdullo e a estrada DP-0206, na zona na
que se ubican as vivendas números 22, 23, 24 e 26. Adxuntándolle copia do plano da zona
sinalando o vial no que se estaban a levar a cabo as actuacións. Se solicitaban tres
informacións:
“a. En qué consisten las actuaciones llevadas a cabo, así como el plazo de ejecución de las
mismas.
b. La titularidad del vial sobre el que se realizan las actuaciones.
c. La identidad de la empresa o empresas que están realizando las mencionadas obras.”
O 8 de xuño de 2017 recibe un escrito do concello no que “ comunícase que as obras das cales
solicitaba información realizábanse por parte da empresa municipal de augas así como da
empresa especializada na acometida eléctrica, sobre un camión de titularidade privada e uso
público.
En ningún momento se indicaba en que consistían as obras”.
O 21 de xullo de 2017 tendo coñecemento de que as obras non figuraban no portal da
Transparencia e que nelas participaban empresas privadas solicita “” acceso completo do
expediente de contratación de ditas obras”. Ante o silencio do concello novamente reitera a
petición o 18 de setembro sen obter información.
O escrito remata indicando “ Lembrar que esta información é:
1º.- Acceso ao referido expediente das obras que se levou a cabo nese viario.
2º.- Acceso aos contratos públicos entre o Concello de Teo e as adxudicatarias para a
realización das citadas obras.”
O escrito viña acompañado de da solicitude de 2 de maio de 2017 na que figuraba ademais do
plano da zona da que se solicitaba información fotografías explicativas das obras e das datas
das mesmas. Contestación do Concello de Teo. Solicitudes do 21 de xullo de 2017, e 18 de
setembro de 2017, con imaxes das obras realizadas en novembro de 2016, Xuño , xullo e
agosto de 2017
Segundo. Con data 27 de outubro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo
interesado ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o30 de outubro de 2017.
Terceiro. Con data 10 de novembro de 2017 se recibiu o informe do Concello de Teo e o
expediente elaborado.
O informe, en resumo, solicita que se considere como completa a información facilitada á
reclamante en contestación ao seu primeiro escrito é completa “ xa que o desenvolvemento
da citada obra encádrase dentro das actividades ordinarias do Servizo municipal de
abastecemento e saneamento, independentemente de que interveñan empresas externas.
Este é o caso de excavaciones Midón SL que presta apoio ao persoal do servizo municipal de
abastecemento e saneamento cando se precisan palas excavadoras para a apertura de
zanxas.”
Resulta difícil á administración contestar satisfactoriamente “ ao non existir vinculación ou
afección presumible”.
Por último indica as tres obras levadas a cabo e que se trata de contratos menores para os
que segundo a normativa de contratos a tramitación só exixe a aprobación do gasto e a
incorporación ao mesmo da factura correspondente. Remitíndose copia dos tres expedientes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
No expediente consta a presentación de tres escritos ao concello de Teo.
O escrito de 2 de maio de 2017 respostouse polo Concello o 8 de xuño de 2017, polo que o
prazo para interpoñer recurso ante a Comisión da Transparencia rematou antes da
interposición da reclamación na comisión, sendo inadmitido por extemporáneo. (artigo 24.2
Lei 19/2013 do 9 de decembro).
As solicitudes ante o Concello 21 de xullo e 18 de setembro de 2017, carecen de tramitación,
polo que tendo en conta a aplicación da normativa de procedemento administrativo común
se poderá interpoñer o recurso en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que,
de acordo coa súa normativa específica se produzan os efectos do silencio. Por tanto, estas
peticións son as que vanse a analizar A petición destes escritos é a: “ Copia en soporte
electrónico del expediente completo referido a las actuaciones llevadas a cabo en el citado
vial” .
O Concello achega esta información á Comisión da Trasparencia, pero non consta a súa
remisión á interesada.
Segundo o artigo 33.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro correspóndelle á Comisión da
Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información
publica, por tanto, a achega da información pública segue sendo competencia do titular da
información pública neste caso o Concello de Teo.
Por tanto, procede inadmitir por extemporánea a reclamación en canto fai ao escrito de 2 de
maio de 2017, e estimar o resto da solicitude nos termos indicados neste apartado.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por
con data 23 de outubro de 2017, contra a denegación do Concello de Teo por silencio nos
termos indicados no parágrafo cuarto do fundamento xurídico.
Segundo: Instar ao Concello de Teo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Teo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo
reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga