Retrotraer 31/01/2018 · 100 días en resolverse

Solicitud de acceso al expediente administrativo sobre el programa de cooperación para la contratación de personas desempleadas y resultado estimando la retrotraer el expediente

Se solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria el expediente administrativo completo sobre una queja relativa al programa de cooperación para la contratación de desempleados en Baiona. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia estima la reclamación y decide retrotraer el expediente para que la administración responda a la solicitud.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión determina que, aunque la información pueda ser voluminosa o difícil de obtener, constituye información pública que debe ser facilitada.
2 Se destaca que la administración incumplió su deber de orientación y asesoramiento al no responder al solicitante sobre la disponibilidad de los datos.
3 La resolución subraya que la ausencia de informe por parte de la Consellería impide valorar si la solicitud causaría perturbaciones graves en el funcionamiento del departamento.
4 Se establece la necesidad de retrotraer el expediente para aclarar qué información posee la administración y qué parte puede facilitarse sin requerir reelaboración.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 23 de outubro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 23 de outubro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A interesada indicaba que non se lle facilitaban as copias do expediente administrativo completo, relacionado coa queixa presentada do programa de cooperación coas entidades locais do ano 2010. O escrito viña acompañado da copia do escrito de 5 de setembro de 2017 que dirixira á Consellería de Economía, Emprego e Industria, presentado no Portelo único do Concello de Baiona. Copia do escrito presentado na Xunta de Galicia o 18 de maio de 2011 dirixido á xefa territorial de Traballo e benestar da Xunta de Galicia, escrito da Xunta de Galicia (xefa territorial de Traballo e Benestar en Vigo) dirixido á interesada o 6 de outubro de 2011, petición dirixida á conselleira de traballo e benestar de 6 de outubro de 2011, alegacións realizadas pola interesada o 24 de novembro de 2011, escrito de 17 de xaneiro de 2013 dirixido ao subdirector de promoción de emprego, escrito sen rexistro de entrada que ao parecer o 28 de xullo de 2011 foi dirixido a o Presidente da Xunta de Galicia pola interesada. Segundo. Con data de 27 de outubro se lle indica á interesada que estamos ante un asunto que fora resolto no expediente RSCTG 032/2017, polo que solo correspondía a interposición do recurso contencioso administrativo e que en todo caso se procedía a demandar á consellería o seguimento das actuacións realizadas nos termos legalmente establecidos. Terceiro. Con data de 6 de novembro de 2017 a interesada indica que o expediente RSCTG 032/2017 reclamaba o proxecto sobre o funcionamento da subvención e a contratación e que agora o que se reclamaba era o expediente administrativo descrito no proxecto. Cuarto. Con data de 13 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de novembro de 2017. A consellaría non tiña remitido o informe nin o expediente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente No expediente consta que a interesada se dirixiu á Consellería de Economía, Emprego e Industria requiríndolle as copias do expediente administrativo completo “relacionado con la queja presentada sobre el programa de cooperación para la contratación de personas desempleadas, donde he sido contratada durante 6 meses para el ayuntamiento de Baiona”. Reiterando que se solicita “ que se me envíe copias del expediente administrativo completo relacionado con la queja presentada sobre el programa de cooperación para la contratación de personas desempleadas y la documentación del seguimiento solicitado por la unidad administradora de fondos comunitario (UAFSE).” Consta que existe unha motivación que é a de teren sido contratada durante 6 meses no concello de Baiona. A ausencia do informe da consellería impide coñecer o alcance da solicitude realizada pois se require todo o expediente non so no que fai ao Concello de Baiona se non copia completa do expediente administrativo, igualmente dado que se trata dun programa de cooperación para a contratación de persoas desempregadas faise necesario coñecer os datos de carácter persoal que poden existir no expediente e de que tipo (información sobre vítimas da violencia de xénero que estean solicitando emprego no ámbito do programa etc.) A Comisión da Transparencia non ten datos suficientes para coñecer se é posible recadar do sistema actualmente existente na consellería estes datos solicitados. Tampouco se pode entrar a valorar se a posible recolleita de datos se pode realizar sen causar graves perturbacións ás obrigas do departamento que posúa a información . Non se coñece se abondaría con pedir ao sistema unha simple estatística ou hai que facer unha auténtica reelaboración concello por concello. O artigo 15.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro di que “con carácter general, y salvo que en el caso concreto prevalezca la protección de datos personales u otros derechos constitucionalmente protegidos sobre el interés público en la divulgación que lo impida, se concederá el acceso a información que contenga datos meramente identificativos relacionados con la organización, funcionamiento o actividad pública del órgano”. Neste caso se solicitan unha información sobre un expediente administrativo do órgano. Pode ser que a información sexa voluminosa ou dificultosa de conseguir pero en todo caso é información pública e hai que indicar que medios deben e poden poñerse para tela dispoñible nun período determinado. É dicir, toda a normativa de transparencia pretende que exista a maior publicidade dos datos cuxa difusión sexa máis relevante para o coñecemento xeral ante a cidadanía, e neste caso, ante a petición do solicitante. Por tanto é necesario achegarlle a reclamante o expediente solicitado. É importante indicar que o artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro di que tras a solicitude dirixida ao órgano titular que teña a información o solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito. Por tanto, se non se podía achegar unha serie de datos, ou non é posible obter a información doadamente, todo isto debeu ser respondido o solicitante de acceso á información. Compre destacar aquí que ao interesado non se lle achegou ningún tipo de información. Quinto.- Por todo isto entendemos que o expediente debe retrotraerse e aclarar entre o reclamante e a consellería os seguintes aspectos: que información, da solicitada, ten a consellería e se lle pode facilitar; cal desa información pública reclamada existe e se lle pode facilitar sen ter que reelaborar. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 23 de outubro de 2017, contra a denegación por silencio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e proceder a retrotraer o expediente. Segundo: Instar a Consellería de Economía, Emprego a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada unha vez determinada que documentación se lle pode achegar, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Economía, Emprego, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga