Se solicitó al Concello de Ames una auditoría sobre plazas de aparcamiento para personas con discapacidad. El ayuntamiento alegó que era un documento de trabajo interno y previo a contrataciones. La Comisión da Transparencia estima la reclamación, considerando que la información es pública y no encaja en las causas de inadmisión alegadas.
Puntos clave de la argumentación
1
La auditoría solicitada encaja en el concepto de información pública al ser un documento elaborado en ejercicio de las funciones del ayuntamiento.
2
No concurren límites de seguridad pública ni prevención de ilícitos ya que la labor de la policía local era estrictamente administrativa.
3
El carácter de 'documento de trabajo' o 'informe interno' no justifica la aplicación de las causas de inadmisión del art. 18.1 a) y b) de la Ley 1/2016.
4
La información no carece de valor o relevancia externa, siendo un elemento fundamental de la actuación administrativa y legitimador de la conducta pública.
5
El hecho de haber remitido información al Valedor del Pobo no exime al ayuntamiento de responder adecuadamente a la solicitud de acceso del ciudadano.
Texto completo
ASUNTO: Acordo da Comisión da Transparencia de Galicia sobre a reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
En resposta á reclamación presentada por mediante escrito do
4 de outubro de 2017 á Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 4 de outubro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, por entender desestimada unha solicitude de
acceso á información dirixida ao Concello de Ames para coñecer a auditoría realizada polo
concello das prazas de aparcamento reservadas ás persoas con discapacidade.
O escrito non acompaña a solicitude, pero si a resposta do Concello de Ames na que acusa
recibo da solicitude de 24-2-17 de copia da auditoría realizada sobre as prazas de
aparcamento para persoas con discapacidade. Nela indica que en días pasados xa lle remitiu
información sobre o tema ao Valedor do Pobo a raíz dun escrito presentado polo
reclamante. Este interpreta que non se responde ou se denega a solicitude de acceso.
Así pois, a solicitude presentouse o 24 de febreiro ao abeiro das leis 1/2016, de 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno (galega), e 19/2013, de 9 de decembro, de
transparencia, acceso á información pública e bo goberno (estatal).
Segundo. O 9 de outubro déuselle traslado ao Concello de Ames da documentación
achegada polo interesado para que en cumprimento da normativa de transparencia aportara
informe e copia completa e ordenada do expediente. O ente local respondeu que existe un
informe interno da policía local dando conta do estado de algunhas destas prazas que ten
carácter de documento de traballo de cara a programar as actuacións oportunas. Trátase
dun primeiro trámite do traballo do concello para mellorar a cobertura das necesidades das
persoas con diversidade funcional e estimar as liñas de actuación. Dado o seu carácter
interno, as limitacións propias do seu alcance e a súa natureza de traballo previo que
puidera dar lugar á contratación de obras e servizos a súa publicación podería introducir
distorsións nos procedementos, polo que entende que non procede a súa difusión.
O 13-11-17 requiriuse ao concello copia da resolución expresa ditada e notificada en relación
co expediente. O 20-11-17 o concello engade que respondeu o 15-3-17 e, aínda que non
consta a súa recepción polo interesado, entende que se recoñece coa presentación do
recurso ante a comisión. Achega a resposta, a mesma referida anteriormente (remitimos
información sobre o tema ao Valedor do Pobo).
O informe indicaba “Non existe auditoría das prazas de aparcamento...si existe un informe
interno da Policía Local dando conta do estado de algunhas destas prazas, que ten o carácter
de documento de traballo de cara a programar as actuacións municipais oportunas ao
respecto. Trátase dun primeiro trámite conducente a determinar de que maneira o Concello
de Ames pode mellorar a cobertura das necesidades das persoas con diversidade funcional,
estimar as liñas de actuación pertinentes e actuar en consecuencia. Dado o seu carácter
interno, as limitacións propias do seu alcance e a súa natureza de traballo previo que
puidera dar lugar á contratación de determinadas obras e servizos (polo que a súa previa
publicación podería introducir distorsións non subsecuentes procedementos de
contratación), enténdese que non procedía a súa difusión.ª
Á vista do anterior a Comisión de Transparencia o 5-12-17 require de novo copia do
expediente, a súa situación e o carácter da información solicitada, sen resposta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. - Competencia e normativa
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola lei 19/2013, de 9 de
decembro (estatal), e pola Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, xunto coa lexislación básica en
materia de procedemento administrativo.
O art. 24 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de carácter básico na súa práctica totalidade,
establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no art. 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas administracións
das comunidades autónomas e o seu sector público, e polas entidades locais comprendidas
no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as comunidades
autónomas.
O art. 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O art. 33 da mesma lei
indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu art.
28. A disposición adicional quinta da lei establece que corresponderá resolver esas
reclamacións, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor
do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. - Procedemento aplicable
O art. 28.3 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do art. 24 da lei 19/2013, de 9 de decembro. Esta lei
identifícao como unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía
contencioso-administrativa. Se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. - Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”;
é a mesma definición da información pública que se contén no art. 13 da Lei 19/2013, de 9
de decembro (básica).
Tanto o concepto de información pública como o dereito de acceso á mesma se configuran
de forma ampla na normativa autonómica e estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas e o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información
(art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
A lei 19/2013, de 9 de decembro, ten por obxecto “ampliar e reforzar a transparencia da
actividade pública” e “regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela
actividade” (art. 1). No seu preámbulo sinala que “a transparencia, o acceso á información
pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política.
Só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns
poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos
públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun
proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica,
esixente e que demanda participación dos poderes públicos”.
A Lei galega 1/2016, de 18 de xaneiro, sinala na súa Exposición de Motivos que “a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións” aconsella a
aprobación do texto, e resalta a superación dos anteriores estándares (“avanzar nos pasos
dados pola lexislación previa e de os superar”), o que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto.- Prazo
A resposta aportada polo concello non contesta ao especificamente reclamado e sinala que
o asunto (non a concreta información solicitada) fora remitida no curso dun procedemento
de queixa ao Valedor do Pobo, polo que o reclamante entende que non se respondeu, ao
menos de forma congruente co pedido de forma clara e específica. Ademais a suposta
resposta non é adecuada ao non rematar co ofrecemento dos posibles recursos en defensa
dos dereitos do reclamante e non conter outros requisitos das notificacións (art. 40 da Lei
39/2015, de 1 de outubro).
Pode entenderse que o recurso se promove ante a resolución presunta ou desestimación
por silencio negativo (art. 27.5 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro), dado a incongruencia entre
o pedido e o respondido. En caso de considerarse a resposta como tal, ao carecer dos
requisitos das notificacións previstos no art. 40 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, o prazo
para o recurso empezaría a contar a partires da data na que o interesado realice actuacións
que supoñan o coñecemento do contido e alcance da resolución ou acto obxecto da
notificación, ou interpoña calquera recurso que proceda (art. 40.3). Isto último é o que
sucedeu neste caso.
Quinto.- Análise xeral
O recorrente fora informado polo concello de que existía unha auditoría, pola que solicitou
ao Concello de Ames a auditoría realizada das prazas de aparcamento reservadas ás persoas
con discapacidade. O Concello lle respondeu que a información fora remitida ao Valedor do
Pobo.
A información pública é todo contido ou documento en calquera formato ou soporte
elaborado ou adquirido para o exercicio das funcións que lle son propias ao concello. Esa
información que o particular chama auditoría e o concello información encaixa no amplo
concepto de información pública previsto na normativa, polo que debe ser aportada, salvo a
presenza xustificada dalgún dos límites de acceso ou causas de inadmisión previstos na
normativa de transparencia e aplicables ao caso examinado.
Aínda que as alegacións do concello non o mencionan, as primeiras causas de posibles
límites a examinar, dado que se trata dunha actuación da policía local, son as previstas no
art. 14.1. d) e e), a seguridade pública e a prevención, investigación e sanción dos ilícitos
penais, administrativos ou disciplinarios. Porén, neste caso aparece claro que a labor
encomendada á policía local non era dese tipo, senón estritamente administrativa e de
reforzo do funcionamento ordinario do concello, ao marxe das funcións da policía local en
materia de seguridade e tratamento de ilícitos concretos.
Non parece previsible que o contido do plan se vexa afectado por limitacións relativas á
protección de datos persoais (o propio concello non o alega). Porén, para o caso de
presentarse algunha sería salvable coa aplicación do previsto ao respecto no art. 15 da Lei
19/2013, de 9 de decembro.
O outro argumento aportado polo concello parece referirse (non o especifica) á posible
aplicación das causas de inadmisión do art. 18. 1 a) e b); sinala que é un informe interno da
policía local, ten carácter de documento de traballo de cara a programar as actuacións, é un
primeiro trámite do traballo do concello para concretar as liñas de actuación, ten carácter
limitado, e é previo á contratación de obras e servizos e a súa publicación podería introducir
distorsións neses procedementos. Porén, ningún desas circunstancias xustifica que se
apliquen as causas de inadmisión do art. 18.1 a) (información que estea en curso de
elaboración ou de publicación xeral) e do art. 18.1 b) (carácter auxiliar ou de apoio como a
contida en notas, borradores, opinións, resumes, comunicacións e informes internos ou
entre órganos ou entidades administrativas). Esta posibilidade, que é a mais plausible, debe
sen embargo descartarse. En primeiro lugar porque unha auditoría encargada polo concello
non encaixa en ningún dos exemplos citados pola norma para identificar a información
auxiliar ou de apoio, e en segundo lugar porque o concepto xurídico indeterminado que
manexamos (documento auxiliar ou de apoio) ten un carácter restritivo no contexto da
normativa de transparencia, como o demostra que non se considere auxiliar ou de apoio un
informe non vinculante, posto que iso non impide que o informe contribúa a conformar a
vontade da administración ou do órgano ao que corresponde a decisión. O criterio principal
para aplicar a causa de inadmisión é que a información careza de valor ou relevancia externa
e non é ese o caso. Polo contrario, emítese por unha unidade especializada e tanto iso como
o seu contido fai que adquira un valor ou condición de elemento fundamental da actuación
da administración e lexitimador da súa conduta pública. A posible aplicación da causa de
inadmisión ven ligada a unha limitada incidencia ou relevancia na decisión pública. Neste
aspecto coincidimos cos criterios expresados polo CTyBG xa dende hai tempo, como os 65 e
89/2015.
O concello alega tamén que transmitiu información sobre a cuestión ao Valedor do Pobo.
Porén, ao marxe de cal fora a información remitida e se coincide en todo ou en parte coa
reclamada formalmente ao concello como solicitude de información pública, o concello debe
responder adecuadamente á solicitude que recibiu e dar a información pública reclamada. O
anterior derívase do previsto no art. 19.4 da Lei 19/2013, que indica que cando a
información obxecto da solicitude, mesmo obrando en poder do suxeito ao que se dirixe,
teña sido elaborada ou xerada na súa integridade ou parte principal por outro, remitiráselle
a solicitude a este para que decida sobre o seu acceso.
Por outra banda, a alegación da posible incidencia en eventuais procedementos de
contratación non é xustificada e parece irrelevante aos efectos que tratamos.
Así, o contido do plan encaixa no concepto de información pública, non resulta afectado por
límites legais ao dereito de acceso á información pública e causas de inadmisión, e o seu
coñecemento resulta de interese público.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
denegación da súa solicitude dirixida ao Concello de Ames para coñecer a auditoría realizada
polo concello das prazas de aparcamento reservadas ás persoas con discapacidade.
Segundo: Instar ao concello a que no prazo máximo de 15 días hábiles responda
adecuadamente á petición de información e facilite a información pública solicitada, e
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío da información.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á
notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga