El ciudadano solicitó acceso a información pública a la Deputación Provincial de Lugo. Tras presentar una reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia por falta de respuesta, el interesado decidió desistir de la tramitación del expediente RSCTG 122/2017. La Comisión da Transparencia de Galicia acuerda aceptar la desistencia y dar por concluido el procedimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
El artículo 94.4 de la Ley 39/2015 establece que la Administración aceptará de plano la desistencia y declarará concluido el procedimiento, salvo que terceros interesados soliciten su continuación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito
do 28 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 1 de decembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, por entender desatendida
unha solicitude de acceso á información por parte da Deputación Provincial de Lugo.
O escrito viña acompañado da resolución da Deputación Provincial de Lugo no expediente RXE
23187 de 26 de xullo de 2017, dunha copia dos criterios interpretativos 3/2016; 5/2015 e
7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, e diversas copias de sentenzas en
materia de dereito de acceso á información pública, entre outras a do Xulgado Central
Contencioso-Administrativo nº 2 de Madrid no Recurso 25/2017.
Segundo. Con data 11 de decembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado á administración para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente.
O requirimento de expediente foi recibido con data 15 de decembro de 2017 pola
administración.
Terceiro. Este expediente trae a súa causa da solicitude de acceso á información pública
realizada polo Sr. o día 26 de xullo de 2017. Esta solicitude non foi
respostada en tempo e forma pola Deputación Provincial, polo que o día 5 de setembro de
2017 o agora reclamante iniciou unha reclamación de acceso á información pública por tales
feitos, que deu lugar a tramitación do expediente RSCTG 85/2017 que rematou o pasado 20
de decembro no acordo de emisión dunha resolución estimatoria por parte da Comisión da
Transparencia de Galicia.
Cuarto. A Deputación Provincial por fax de 28 de decembro de 2017 (oficio orixinal recibido o
5 de xaneiro de 2018) solicitaba unha ampliación do prazo para elaborar o informe. A esta
petición non se puido acceder, pois debido á carga de traballo do persoal responsable da
tramitación destes expedientes, no momento de xestionar a solicitude xa se cumprira o prazo
de vencemento do trámite (artigo 32.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro). A notificación ten
data do 10 de xaneiro de 2018.
Quinto. O 17 de xaneiro de 2018 á Deputación Provincial por fax (oficio orixinal recibido o 19
de xaneiro de 2018) solicita unhas aclaracións relacionadas cos expedientes RSCTG 85/2017 e
RSCTG 122/2017. En resume requirían a suspensión da resolución do expediente RSCTG
85/2017 ata a resolución por parte da Comisión do expediente RSCTG 122/2017, incidindo no
feito de que era unha só procedemento o que daba lugar a dous expedientes administrativos
ante a Comisión da Transparencia, pedía aclaracións sobre a notificación da ampliación do
prazo, e indicaba que a formalización do acceso, se existe oposición de terceiro, tería lugar
cando transcorrera o prazo para interpoñer o recurso, e que como se inadmitira en vía
administrativa a solicitude había que dar traslado do expediente aos terceiros interesados dos
que remitía o listado.
Sexto. O 19 de xaneiro de 2018 recíbese un escrito do reclamante no que en resume desiste
da tramitación da reclamación do expediente RSCTG 122/2017.
Sétimo. O 24 de xaneiro de 2018 remítese á Deputación Provincial de Lugo un escrito no que
se lle informa da presentación da desistencia por parte do reclamante do expediente RSCTG
122/2017, e se lle recorda a obriga da administración afectada de cumprir a resolución nos
seus propios termos e notificarllo a esta comisión, pero igualmente se lle recorda, que de
acordo co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro dado que a información
solicitada afecta a dereitos ou intereses de terceiros debidamente identificados, se lles
concederá un prazo de quince días para que realicen alegacións, o solicitante será informado
desta circunstancia, e de que se produce a suspensión do prazo para ditar resolución, polo
que non existe ningún impedimento para facer unha suspensión.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas
reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de
Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é
a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa
á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 94.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que a Administración aceptará de
plano a desistencia, e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no mesmo
terceiros interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foran
notificados.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga