Se solicitó el reintegro de ayudas públicas a la Consellería do Mar. El interesado no respondió al requerimiento de subsanación de la Comisión da Transparencia para clarificar el derecho de acceso no satisfecho. La Comisión da Transparencia decide archivar el expediente por desistimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de reintegro de ayudas públicas no constituye un derecho de acceso a la información, ya que no se pide un documento existente, sino la realización de una actividad administrativa nueva.
2
El derecho de acceso se limita a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones administrativas.
3
Se aplicó el artículo 68 de la Ley 39/2015 al requerir al interesado que enmendara la solicitud en un plazo de diez días.
4
Ante la falta de respuesta al requerimiento de aclaración, se procede al archivo del expediente conforme al artículo 94.4 de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e
representación
, mediante escrito do 21 de novembro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación
- presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 21 de novembro de 2017, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da
Consellería do Mar.
O escrito viña acompañado de diversa documentación, que tras o seu análise deu lugar a un
escrito de emenda da solicitude nos seguintes termos:
“Tras a primeira valoración da súa solicitude xurde a dúbida previa a tramitación, de se existe
ou non o exercicio dun dereito de acceso á información.
Pola documentación que se achega a solicitude que presentou na Consellería foi unha
“Solicitud de reintegro por alcance de las ayudas públicas por la Federación Gallega de
Cofradias de Pescadores (FEGACOPE) y Cofradía de Pescadores de Caión por presuntamente
falsear sus cuentas fiscales de los años 2015, 2016 al evadirse de pagar los tributos del IVE y
IS cuyas copias se integran en este escrito en formato pdf.”
Para xustificar estas afirmacións a Plataforma achega a resolución de 13 de xaneiro de 2017
emitida pola propia Consellería na que lle facilitaba a información en relación á Federación
Galega de Confrarías de Pescadores, a Confraría de Pescadores de Caión e a Fundación Oceano
Vivo. Este documento indica o seguinte:
“Sobre a Federación Galega de Confrarías de Pescadores:
- Constan na Consellería do Mar, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, as contas
anuais e os orzamentos aprobados da Federación Galega de Confrarías de Pescadores,
consonte ao disposto na normativa de aplicación. Achégase copia, como anexo I á presente
resolución, das contas anuais correspondentes ao ano 2015, así como dos orzamentos
correspondentes ao ano 2017.
- Esta entidade na súa páxina web http://confrariasgalicia.org/ ten accesible as contas anuais
e os seus orzamentos, así como as subvencións percibidas.
- A Federación Galega de Confrarías de Pescadores deposita as súas contas anuais ante o
Consello de Contas, polo que tamén poden ser consultadas a través da súa páxina web
- As subvencións e/ou axudas recibidas no último exercicio foron as seguintes:
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación 70.000 €
Galega de Confrarías de Pescadores (Gastos correntes) DOG N° 118 do
22.06.2016
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación 45.000 €
Galega de Confrarías de Pescadores (Inversións ) DOG N° 194 do
11.10.2016
Proxecto técnico para mellora da xestión e estado ambiental dos recursos 22.800 €
biolóxicos.
- Non consta na Consellería do Mar acreditación documental sobre o Imposto do Valor
Engadido (IVE) nin sobre o Imposto de Sociedades (IS) por non estar obrigada a entidade a
presentar tal documentación.
- Non consta na Consellería do Mar información sobre as indemnizacións por razón do servizo
que Ile puideran corresponder ao patrón maior e secretario, aínda que poderían deducirse do
análise das contas anuais e do orzamento.
Sobre a Confraría de Pescadores de Caión:
- Consta na Consellería do Mar, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, as contas
anuais e os orzamentos aprobados da Confraría de Pescadores de Caión, consonte ao disposto
na normativa de aplicación. Achégase copia, como anexo II á presente resolución, das contas
anuais correspondentes ao ano 2015, así corno dos orzamentos correspondentes ao ano 2016,
estando pendentes de presentar os orzamentos correspondentes ao ano en curso.
- A confraría deposita as súas contas anuais ante o Consello de Contas, polo que poderían ser
consultadas a través da súa páxina web http //www.consellodecontas.es/es/menus-consello/s
ector-publico
- As subvencións e/ou axudas recibidas no último exercicio foron as seguintes:
Orde do 1 de agosto de 2016 (DOG do 22.08.2016) Resolución 12.12.2016 :15.600 €
- Non consta na Consellería do Mar acreditación documental sobre o Imposto do Valor
Engadido (IVE) nin sobre o Imposto de Sociedades (IS) por non estar obrigada a entidade a
presentar tal documentación.
- Non consta na Consellería do Mar as indemnizacións por razón do servizo que Ile corresponde
ao patrón maior e secretario, aínda que podería deducirse do análise das contas anuais e do
orzamento.
Sobre a Fundación Océano Vivo:
- Constan na Consellería do Mar, na Secretaría Xeral Técnica, que exerce as funcións do
protectorado, as contas anuais correspondentes ao ano 2015 da Fundación Oceáno Vivo,
consonte ao disposto na normativa de aplicación. Achégase copia das mermas, como anexo III
á presente resolución.
- Así mesmo, esta fundación non recibiu por parte desta Consellería ningún tipo de subvención
ou axuda no exercicio correspondente ao ano 2016.”
En relación a estes feitos é de indicar que en primeiro lugar a solicitude de reintegro das axudas
públicas percibidas pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e a Confraría de
Pescadores de Caión non pode incardinarse dentro do exercicio do dereito de acceso á
información, pois non se trata dun contido ou documento existente, se non da realización
dunha actividade nova proposta por vostede.
O dereito de acceso a información segundo o artigo 105 da Constitución implica a regulación
legal do “acceso da cidadanía aos arquivos e rexistros administrativos, salvo no que afecten á
seguridade e defensa do Estado, a averiguación de delitos e a intimidade das persoas”. Este
dereito constitucional está desenvolvido legalmente no artigo 13 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, como o acceso aos contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou
soporte, que obren en poder de algún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste
titulo e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das funcións que lle son propias á
administración. Porén a petición de reintegro das axudas públicas da Federación Galega de
Confrarías de Pescadores e a Confraría de Pescadores de Caión non é un contido ou
documento, se non que é unha actuación ex novo que solo se pode realizar no marco da
aplicación da lexislación de subvencións e da orde a través da que se outorgaron as ditas
axudas ou ben no marco doutras investigacións tramitadas pola facenda pública responsable
dos ingresos realizados e mal percibidos polo investigado.
Entrando no análise previa do asunto, a Consellería facilitoulle a información que vostede
solicitou e que correspondía as súas competencias. Da outra información sobre impostos, que
corresponden á facenda estatal non lle da a información, nin consta que remitise a súa petición
ao órgano titular da mesma, mais iso non significa que non estea en poder do órgano a quen
lle corresponden en exercicio das súas funcións. Esa cuestión, en vía de recursos podería ser
incardinada dentro do exercicio do dereito de acceso á información, sempre que se cumpran
os prazos para recorrer, que deberán ser xustificados e que son os previstos no artigo 20 da Lei
19/2013, do 9 de decembro.
Procede por tanto que clarifique se existe un dereito de acceso á información que non foi
satisfeito, en que prazo se realizou a solicitude e ante que administración ou titular da
información. Recordándolle que a reutilización da información é un principio regulado, que ten
como límite o ordenamento xurídico español e a protección de datos de carácter persoal.
Por isto procedemos a requirirlle que aclare se a información que solicita nos termos
apuntados, para o que disporá dun prazo de dez días.
No caso de que non achegue as aclaracións requiridas, teráselle por desistido da petición,
previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na norma correspondente. 1”
A recepción desta solicitude de emenda da solicitude foi o 7 de decembro de 2017.
Cuarto. A plataforma non atendeu ao requirimento.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, artigos
66 e 68
Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa
á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que se a solicitude de iniciación non
reúne os requisitos que sinala a lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para
que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con
indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución
que deberá ser ditada.
Neste expediente o 4 de decembro de 2017 (recepción da notificación de 7 de decembro de
2017), se solicitou ao reclamante que clarificara que dereito de acceso á información non fora
satisfeito en que prazo e a solicitude realizada ante a administración, para o que se lle daba
un prazo de dez días.
Xa que logo o reclamante non indicou que dereito de acceso á información non fora satisfeito
ante a Comisión da Transparencia.
O artigo 94.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que a Administración aceptará de
plano o desistimento, e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no
mesmo terceiros interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende
que foran notificados.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Arquivar por desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga