Archivada 28/02/2018 · 99 días en resolverse

Solicitud de acceso a los convenios de prácticas curriculares y extracurriculares de la Universidad de la Coruña desde 2014

Se solicitó a la Universidad de la Coruña el acceso a los convenios de prácticas curriculares y extracurriculares firmados desde 2014. El ciudadano alegó desatención de la solicitud. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió archivar el expediente por desistimiento, ya que el reclamante no acreditó su voluntad para tramitar la reclamación tras ser requerido.

Puntos clave de la argumentación

1 El artículo 68 de la Ley 39/2015 establece que si la solicitud no reúne los requisitos legales, se debe requerir al interesado para que subsane la falta en diez días.
2 La administración requirió al reclamante la acreditación de su voluntad para la tramitación del expediente mediante el único medio de contacto facilitado.
3 La falta de respuesta del interesado al requerimiento de subsanación conlleva la resolución del procedimiento por desistimiento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 21 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno remitíu un escrito de , con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 21 de novembro de 2017, en relación a unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Universidade da Coruña en relación aos convenios asinados con entidades privadas e públicas, polas que os estudantes universitarios poden realizar prácticas curriculares e extracurriculares nestas Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo. Sendo a información solicitada os convenios rexistrados desde 2014 ata a actualidade. O escrito viña acompañado da copia do escrito que o reclamante dirixira ao Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, na que non figuraba a solicitude inicial. Desta documentación resulta que o único enderezo existente é o electrónico. Segundo. Con data 29 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á UDC para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente. O requirimento de expediente foi recibido pola universidade o 4 de decembro de 2017. Terceiro. Con data de 18 de decembro de 2018, recibido no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de decembro de 2017, a UDC informa que non se ten constancia da presentación da solicitude inicial, tanto nos rexistros presenciais da universidade como tampouco por rexistro electrónico. Indicando que “ De todos os xeitos, con data de hoxe e co fin de non demorar mais a resposta á súa solicitude de información, remitiremos por correo electrónico a , pois é a súa opción de comunicación, a información solicitada sobre os convenios asinados pola Universidade da Coruña desde o 2014 até a actualidade.” Cuarto. O 30 de decembro de 2017 , o rexistro de saída do Valedor remite ao correo electrónico do reclamante escrito no que que se lle solicitaba que achegara acreditación da vontade do interesado para a tramitación do expediente, dándoselle un prazo de dez días para actuar, sen que actuara. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente O artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala a lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada. Neste expediente o 30 de novembro de 2017, se solicitou ao reclamante que acreditara a autenticidade da súa vontade para a tramitación da reclamación por calquera medio admitido en dereito, para o que se lle daba un prazo de dez días. A proposta de emenda e mellora da solicitude se dirixiu ao único enderezo (un correo electrónico) que o reclamante sinalara a efecto de notificacións na reclamación presentada ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Xa que logo o reclamante non acreditou a vontade de tramitar a reclamación ante a Comisión da Transparencia. En conclusión, a Comisión da Transparencia . En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Único: Arquivar o expediente por desistencia e declarar concluso o procedemento. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga