El ciudadano solicitó a la Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) información sobre la existencia de muros en espacio público en una parcela específica. Alegó que dicha información era necesaria para su derecho de defensa en un procedimiento sancionador. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el solicitante es interesado en un procedimiento administrativo y la información requerida no existe en los archivos de la administración.
Puntos clave de la argumentación
1
La normativa aplicable al acceso de documentos por parte de interesados en un procedimiento administrativo en curso es la reguladora del propio procedimiento y no la de transparencia (Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013).
2
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos que ya consten en poder de la Administración, no pudiendo obligar a la entidad a generar información ex profeso mediante testimonios de personal.
3
Se determina que el solicitante confunde el ejercicio de su derecho de defensa en un expediente sancionador con el derecho de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao abeiro do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
En resposta ás reclamacións presentadas por , mediante escrito do 28 de
Novembro de 2017, con data de entrada 30/11/2017 a Comisión da Transparencia,
considerando os antecedentes e fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación,
adopta a seguinte resolución
ANTECEDENTES
Primeiro. Segundo se desprende da documentación obrante no expediente,
presentou escrito de data 28 de Novembro de 2017, con data de entrada o
30/11/2017, no que alega: “Asunto: Negación de Información por parte de AXi, Consellería de
Infraestruturas e Vivenda. Se lle remite a información solicitada ao director da Axencia Galega
de Infraestruturas, AXI, órgano adscrito a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no que se
solicita como dereito á defensa -art. 25 da CE do 78- dun procedemento sancionador aberto
en materia de autoestradas no que “se nega a dar información en relación a unhas actuacións
levadas a cabo por persoal de AXI na vía OU-113, na localidade de Vilar de Barrio e
concretamente no punto kilométrico 38+185, margen izquierdo,delante de la parcela 500 del
polígono 7”.
En base as súas alegacións, o reclamante “solicita al Valedor do Pobo que requiera la
información solicitada por este administrado por ser de justicia y por estar ajustada a derecho
y por estar regulada en el principio de transparencia y buen gobierno que regula la Ley de
2016 y 2013 y la Ley 39/2015, de procedimiento administrativo común al ser interesado en el
procedimiento”
En canto aos documentos que o reclamante di achegar co seu escrito “(presentación da copia
do documento e da petición formulada ante o director de infraestruturas)”, unicamente obra
no expediente un documento que ven grampado ao escrito do reclamante, tratándose de
copia dunha Resolución ditada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas en data
21/11/2017, na que se inadmite o acceso a información solicitada, sendo o seguinte o tenor
literal de dita Resolución:
“O 16 de novembro de 2017 tivo entrada no rexistro da Axencia Galega de Infraestruturas
núm. 5191, solicitude de acceso á información pública presentada por
ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública
e bo goberno e do artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno”.
Dita solicitude quedou rexistrada có número AIP 026-2017.
Na súa solicitude o interesado pide, en relación ao período comprendido entre 1982 e 2014,
a seguinte información:
1.- Que os vixiantes das estradas identifiquen se a parcela 500 do polígono 7, concello de Vilar
de Barrio, Ourense, ten levantado ou construído un muro en espazo público que poña en risco
a seguridade na vía OU-113, no punto quilométrico 38+150.
2.- Que se identifique se a parcela 500, do polígono 7 conta con algún tipo de resolución ou
requirimento por parte do órgano autonómico có fin de advertir que tiña un muro dentro dos
seis metros, medidos dende o eixe da vía OU-113. No caso de non existir información
administrativa achegar información testemuñal do vixiante ou do peón camiñeiro encargado
do mantemento da citada estrada.
3.- Que se identifique se a parcela 499 do mesmo polígono e anexa a enriba indicada tamén
dispón de algún tipo de amontoamento de terra ou levantamento de muro dentro do espazo
público. Dito dato deberá facilitalo o persoal encargado da limpeza das cunetas e dos
elementos de seguridade da citada vía.
Unha vez analizada a solicitude presentada por de conformidade co
artigo 18 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, a dirección desta axencia resolve inadmitir o
acceso á información solicitada.
De conformidade cos artigos 24.1 da Lei 1/2016 e 13 da Lei 19/2013 enténdese por
información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte,
que obren en poder del algún dos suxeitos incluídos no seu ámbito de aplicación e que foran
elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
Non existe en poder da Administración autonómica, en ningún tipo de formato ou soporte, a
información requirida en relación ao longo período de tempo indicado polo interesado, anos
1982 e 2014.
A información requirida non existe e non é posible xerala ex profeso mediante testemuñas do
persoal encargado da limpeza e mantemento das vías, por escapar dita pretensión o contido
das leis de transparencias, que regulan o dereito dos cidadáns a acceder a información pública
xa existente.
Polo tanto de conformidade có artigo 18.1.e) en relación có artigo13 da Lei 19/2013. de 9 de
decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno inadmítese a trámite
a súa solicitude identificada coa clave AIP 026-2017.”
Segundo. Con data 04/11/17 comunicóuselle ao reclamante o inicio do expediente, no que se
lle indica que a disposición adicional primeira da lei 19/2013, de 9 de decembro dispón que a
normativa aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun
procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo, será a
reguladora do correspondente procedemento administrativo.
Terceiro. Por escrito, con data de entrada no rexistro xeral do Valedor do Pobo o 8 de xaneiro
de 2018, a Secretaría Xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda remite, en
contestación o requirimento efectuado pola Comisión de Transparencia en data 4 de
decembro de 2017, Informe que, en resumen, recolle o seguinte:
1. Refire Solicitude de información formalizada por o aquí reclamante con data de
entrada no rexistro da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) o 16/11/17, detallando
o contido da solicitude de información, no meso sentido que queda detallado na
Resolución de fecha 21/11/2017, que máis enriba recóllese literalmente.
2. Refire a Resolución de data 21/11/2017, que inadmite a trámite a solicitude do
reclamante, achegada por este xunto co seu escrito de data 28/11/2017, recollendo
detalladamente os argumentos utilizados para ditar a Resolución e que xa constan
literalmente recollidos máis enriba.
3. Recóllese no informe que, con carácter previo ao anteriormente exposto , o
29/04/2016, o Servizo de Infraestruturas de Ourense acordou realizar actuacións
previas ao inicio dun procedemento sancionador contra
(nºAP/AXIOU/2016/0016) en base á denuncia formulada por un particular polo
“levantamento dun muro a base de terra e cascotes, de 0,80 cm de altura, a distancia
de 5 metros do eixe da estrada, estando a liña de expropiación a 6 metros do eixe”,
concedéndolle ao interesado un prazo de trinta días para repoñer a legalidade
vulnerada. Neste procedemento comunicóuselle ao interesado, en data 29/11/2016,
o acordo de 23/11/2016, de inicio de procedemento sancionador (nª
PS/AXIOU/2016/0005).
4. Salienta o informe da AXI que dende a incoación do citado expediente sancionador, o
aquí reclamante presentou 19 solicitudes de información pública, que no informe se
relacionan, coa achega de copia de todas elas, deixando constancia de que todas
aquelas teñen relación directa ou indirecta cos feitos que se lle imputan ao interesado
no expediente sancionador antes referido, aínda aberto e no que aínda non recaeu
resolución administrativa.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola Lei 19/2013, de 9 de
decembro, de transparencia, de acceso á información pública e bo goberno (estatal), e pola
Lei 1/2016, de 18 de xaneiro (galega), xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O art. 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de carácter básico na súa práctica totalidade,
establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no art. 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións
das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas
no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O art. 28 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O art. 33 da mesma lei indica que
corresponde á Comisión de Transparencia (órgano colegiado) a resolución das reclamacións
fronte as resolucións de acceso á información pública que establece o seu art. 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O art. 28.3 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do art. 24 da lei 19/2013, de 9 de decembro, trátase dunha
reclamación que ten a consideración de substitutiva dos recursos administrativos e pon fin a
vía administrativa, ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-
administrativa e axustarase na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento
administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”; é a
mesma definición da información pública que se contén no art. 13 da Lei 19/2013, de 9 de
decembro (básica).
Tanto o concepto da información pública como o dereito de acceso á mesma configúranse de
forma ampla na normativa autonómica e estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas
e o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4
Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
A Lei 19/2013, de 9 de decembro, ten por obxecto “ampliar e reforzar a transparencia da
actividade pública” e “regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela
actividade” (art. 1). No seu preámbulo sinala que “a transparencia, o acceso á información
pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política.
Só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden
coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos
ou baixo que criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun proceso no
que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que
demanda participación dos poderes públicos”.
A Lei galega 1/2016, de 18 de xaneiro, sinala na súa Exposición de Motivos que “a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións” aconsella a aprobación
do texto e resalta a superación dos anteriores estándares (“avanzar nos pasos dados pola
lexislación previa e de os superar”), o que se concreta nun texto legal que establece esixencias
engadidas de transparencia e acceso á información pública.
A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso
á información pública e bo goberno dispón que a normativa ao acceso por parte de quen teña
a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se
integran no mesmo, será a reguladora do correspondente procedemento administrativo.
Cuarto. Prazo para interpoñer o recurso
O art. 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no
prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado.
O art. 27.5 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se
entenderá desestimada a solicitude transcorrido o prazo para resolver sen que se dite e
notifique unha resolución.
Quinto. Análise do expediente
Da análise da reclamación efectuada, déixase claro que:
1. O reclamante ten a condición de interesado no procedemento sancionador núm.
PS/AXIOU/2016/0005, que se tramita ante Servizo de Infraestruturas de Ourense,
notificándoselle ao interesado o inicio de procedemento sancionador mediante
Acordo de 23/11/2016
2. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), informa que dende a incoación do citado
expediente sancionador, o aquí reclamante presentou 19 solicitudes de información
pública, relacionadas e identificadas e aportadas cada unha de elas no informe da AXI,
deixando constancia de que todas elas teñen relación directa ou indirecta cos feitos
que se lle imputan ao interesado no expediente sancionador antes referido, aínda
aberto e no que aínda non recaeu resolución administrativa.
3. O propio reclamante relaciona o acceso a información solicitada a AXI co
procedemento sancionador no que é interesado e co seu dereito a defensa, cando
alega na súa Reclamación fronte á denegación expresa de acceso a información por
parte AXI, que a información solicitouse como “dereito a defensa –art.25 da CE do 78-
dun procedemento sancionador aberto en materia de autoestradas no que “se nega a
dar información en relación a unhas actuacións levadas a cabo por persoal de AXI na
vía OU-113, na localidade de Vilar de Barrio e concretamente no punto kilométrico
38+185, margen izquierdo,delante de la parcela 500 del polígono 7”.
4. Novamente alude o propio reclamante á súa condición de interesado cando concreta
a súa solicitude en que se “requiera la información solicitada por este administrado
por ser de justicia y por estar ajustada a derecho y por estar regulada en el principio
de transparencia y buen gobierno que regula la Ley de 2016 y 2013 y la Ley 39/2015,
de procedimiento administrativo común al ser interesado en el procedimiento”
O dereito de defensa, invocado polo reclamante e regulado no artigo 24 da CE garante a todas
as persoas o dereito a unha tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos
e intereses lexítimos, sen que en ningún caso poda producirse indefensión. O Tribunal
Constitucional precisa en canto a natureza de este dereito fundamental que non é un dereito
exercitable sen máis, directamente a partires da Constitución, senón que é un dereito de
prestación, que só se pode exercer polas canles que o lexislador establece ou, dito de outra
maneira, é un dereito de configuración legal.
O artigo 103 da CE establece os principios que debe rexer a actuación das Administracións
Públicas, entre os que destacan o de eficacia e o de legalidade, o impoñer o sometemento
pleno da actividade administrativa á lei e ao Dereito. A materialización destes principios
prodúcense no procedemento, constituído por unha serie de canles formais que terán que
garantir o adecuado equilibrio entre eficacia da actuación administrativa e a imprescindible
salvagarda dos dereitos dos cidadáns e as empresas, que deben exercerse nas condicións
básicas de igualdade en calquera parte do territorio, con independencia da Administración
coa que se relacionen os seus titulares.
A esfera xurídica dos dereitos dos cidadáns fronte a actuación das administracións públicas
encóntrase protexida a través dunha serie de instrumentos tanto de carácter reactivo, entre
os que destaca o sistema de recursos administrativos ou o control realizado por os xuíces e
tribunais, como o preceptivo, a través do procedemento administrativo, que é a expresión de
que a Administración Pública actúa con sometemento pleno a Lei e ó dereito.
A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas, invocada polo reclamante e que ten por obxecto regular os requisitos de validez e
de eficacia dos actos administrativos, o procedemento administrativo común a tódalas
Administracións públicas, incluíndo o sancionador e o de reclamación de responsabilidade das
Administracións Públicas, así como os principios aos que debe axustarse o exercicio da
iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria, regula no seu artigo 77 e 78 os medios e
período de proba e a súa práctica, podendo acreditarse os feitos relevantes para a decisión
dun procedemento por calquera medio de proba admisible en dereito, debendo valorarse de
acordo cos criterios establecidos na Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Así mesmo a Lei 39/2015 regula as especialidades do procedemento sancionador e os
recursos.
O reclamante fundamenta a súa reclamación en que a AXI, dentro do procedemento
sancionador aberto contra o mesmo, “se lle nega a información en relación a unhas actuacións
levadas a cabo por persoal de AXI na vía OU-113, na localidades de Vilar de Barrio e
concretamente no punto kilométrico 38+185, margen izquierdo,d elante de la parcela 500 del
polígono 7”, acceso a información que o reclamante solicita ao abeiro da Lei 1/2016, de 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”; é a
mesma definición da información pública que se contén no art. 13 da Lei 19/2013, de 9 de
decembro (básica).
A Resolución ditada por a AXI e fronte a que aquí se formula Reclamación, denega o acceso a
información solicitada en base a que “No existe en poder da Administración autonómica, en
ningún tipo de formato ou soporte, a información requerida en relación ao longo período de
tempo indicado polo interesado, anos 1982 e 2014” e a que “ información requirida non existe
e non é posible xerala ex profeso mediante testemuño do persoal encargado da limpeza e
mantemento das vías, por escapar dita pretensión ao contido das leis de transparencia, que
regulan o dereito dos cidadáns a acceder a información pública xa existente.”
Do anteriormente exposto, pode concluírse que:
1. O reclamante confunde o seu dereito de defensa no procedemento no que é
interesado, co dereito de acceso á información pública regulado no artigo 24 da Lei
1/2016, de 18 de xaneiro.
2. Nada impide ao reclamante exercitar o seu dereito á defensa dentro do procedemento
do que é interesado e, en calquera caso, iso non é obxecto a dirimir nesta reclamación.
3. O reclamante solicita o acceso á información na súa condición de interesado nun
procedemento sancionador.
4. Conforme a disposición adicional primeira da Lei 19/2013, de 9 de decembro, referida
as regulación especiais do dereito de acceso á información pública, a normativa
aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesado no
procedemento sancionador, é a correspondente ao procedemento administrativo.
5. Á marxe das anteriores consideracións e tendo en conta que a resolución fronte á que
se formula reclamación dítase ao abeiro da normativa da transparencia, entendemos
que cabe facer valoración do seu contido, no senso de dar por bos é axustados á
normativa aplicable en transparencia a fundamentación de dita resolución, toda vez
que, sendo que se entende por información pública “os contidos ou documentos,
calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos
incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos no
exercicio das súas funcións” non poder ter a consideración de tal a información
requirida polo reclamante, que non existe en poder da AXI e non corresponde xerala
ex profeso, como pretende o reclamante, mediante testemuño do persoal encargado
da limpeza e mantemento das vías, escapando ás pretensión do contido das leis de
transparencia, que regulan o dereito dos cidadáns a acceder á información pública xa
existente.”
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos procede
Único. Inadmitir a reclamación formulada por en aplicación do
disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á
información pública e bo goberno, ao ter interposto o reclamante a súa reclamación na
condición de interesado nun procedemento sancionador, polo que a normativa aplicable ao
acceso á información deberá ser a reguladora do correspondente procedemento
administrativo e por non ter o solicitado a consideración de información pública nos termos
indicados no fundamento xurídico quinto .
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de Febreiro de 2018.
A presidenta da Comisión de Transparencia
Asdo. Milagros Otero Parga