Se solicitó a la Consellería do Mar aclaraciones sobre la contratación de helicópteros y certificaciones de actos presuntos. El interesado alegó el derecho de rectificación. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se solicitó información pública real, sino que se utilizó el modelo de solicitud para presentar una denuncia y pedir certificaciones.
Puntos clave de la argumentación
1
El uso de un modelo normalizado de acceso a la información no implica necesariamente que la solicitud sea un ejercicio de dicho derecho.
2
La solicitud no constituye información pública ya que la denuncia fue elaborada por el propio solicitante y la certificación de acto presunto debe ser generada por la administración y no consta previamente en sus archivos.
3
La petición carece de identificación suficiente de la información solicitada, incumpliendo los requisitos para su tramitación según el artículo 19.2 de la Ley 19/2013.
4
Se determina que la solicitud tiene un carácter abusivo no justificado con la finalidad de transparencia de la Ley.
Texto completo
Consellería do Mar e funcionarios públicos en relación á contratación dos helicópteros de
gardacostas e dos seus responsables.
Escrito de remitido o 14 de outubro de 2017 á Consellería do Mar que recolle
unha solicitude de aclaracións ou desmentidos en relación aos servizos de contratados con
IANER, os seus helicópteros e gardacostas.
Segundo. Con data 30 de novembro de 2017, á vista da documentación recibida, antes de
iniciar o expediente diríxese ao interesado unha proposta de emenda da solicitude e
indícaselle:
“Tras a primeira valoración da súa solicitude xurde a dúbida previa a tramitación, de se
estamos ante o exercicio dun dereito de acceso á información pública, e de selo se non estamos
ante unha duplicidade toda vez que tales escritos, achegados por vostede coinciden coa
documentación remitida pola Consellería do Mar no expediente RSCTG 111/2017 que nesta
mesma data estamos iniciando.
En relación ao exercicio do dereito de acceso á información da documentación recibida se
detecta que a plataforma ofrece á administración que antes da publicación dunha información
“documentada en documentos oficiais que non requiren ser contrastados” en aplicación
voluntaria da Lei orgánica 2/1984, do 26 de marzo, reguladora do dereito de rectificación
procede a darlle tres días para que os use para rectificar ou desmentir a información con
anterioridade a propia publicación.
Tal como están redactados os escritos dirixidos á administración vostede xa dispón dos
documentos oficiais que segundo afirma o escrito non requiren ser contrastados. Por tanto,
deberá aclarar que documentos solicitou, pois o exercicio do dereito de rectificación (que en
todo caso segue a corresponder á administración, tras a publicación) é un dereito diferente ao
dereito de acceso á información pública, con regulacións diversas e vías de aplicación moi
diferentes.
Por isto procedemos a requirirlle que aclare se solicitou algunha información expresamente e
en que termos ou se só exercitou o dereito á rectificación, e en todo caso indíquese se
efectivamente a documentación achegada coincide literalmente coa do expediente RSCTG
111/2017 remitida desde a Consellería do Mar para o que disporá dun prazo de dez días.
No caso de que non achegue as aclaracións requiridas, teráselle por desistido da petición,
previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na norma correspondente.”
Terceiro. Con data 30 de novembro de 2017 o interesado pide que se acepten as solicitudes
relativas ás certificacións de actos presuntos e dise “La solicitud ante o Defensor do Pobo y
Comisión de Transparencia de Galicia, se centra exclusivamente en ambas certificaciones,
siendo el resto de la documental aportada que hacen referencia ambos expedientes a modo
ilustrativo y justificativos de las solicitudes.”
Cuarto. Con data 14 de decembro de 2017 déuselle traslado da reclamación e restante
documentación existente no expediente á Consellería do Mar para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de decembro de 2017.
Sexto. Con data 22 de decembro de 2017 recibiuse o informe da Consellería do Mar, no que
di que reitera o xa dito no expediente RSCTG 111/2017, e en concreto o informe indicou que
o 14 de outubro tivo entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia unha solicitude de
acceso á información pública, recibida na Secretaría Xeral Técnica o 20 de outubro. Tratábase
dunha solicitude PR100A, modelo normalizado de acceso á información pública,
“acompañado dun escrito de denuncia dirixido á Fiscalía de Galicia, para expor unha serie de
cuestións relativas a presuntas irregularidades sucedidas con motivo da contratación dos
servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de
salvamento marítimo de Galicia, alleas, en consecuencia, ao concepto de información pública
legalmente definido no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e que fai referencia a
contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder
dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Lei e que fosen elaborados ou
adquiridos no exercicio das súas funcións.
No seu escrito o interesado advertía de que daba un prazo de 3 días á Consellería do Mar para
realizar aclaracións ou desmentidos ao contido da denuncia, con cita ao respecto de
determinados preceptos da Lei Orgánica 2/1984, do 26 de marzo, reguladora do dereito de
rectificación, transcorrido o cal remitiría o escrito de denuncia á Fiscalía.”
Igualmente a consellería recolle no informe que o 25 de outubro de 2017, “utilizando de novo
un modelo normalizado de acceso á información pública, solicita un
certificado de acto presunto ante a falta de resposta á súa petición de tales aclaracións ou
desmentidos”
Finalmente o 3 de novembro de 2017, a Secretaría Xeral Técnica “resolveu inadmitir a trámite
a solicitude presentada o 14 de outubro por incorrer no suposto contemplado na letra e) do
artigo 18.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, na que se establece que se inadmitirán a trámite
as solicitudes que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non
xustificado coa finalidade de transparencia da Lei.”
O informe entendía que o expediente xa estaba en poder da Comisión da Transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta Lei
19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na
súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia recibiu mesturados varios documentos presentados pola
plataforma . Neste caso, os escritos do reclamante, debido ao xeito de
redactar, eran todos eles difíciles de comprender polo que foi necesaria facer unha
investigación previa que deu como resultado coñecer que as solicitudes e a resolución
remitidas pola Consellería do Mar se referían a:
- Un escrito de denuncia dirixido á Fiscalía de Galicia, para expor unha serie de cuestións
relativas a presuntas irregularidades sucedidas con motivo da contratación dos
servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo
de salvamento marítimo de Galicia, e que se daba un prazo de 3 días á Consellería do
Mar para realizar aclaracións ou desmentidos ao contido da denuncia, con cita ao
respecto de determinados preceptos da Lei Orgánica 2/1984, do 26 de marzo,
reguladora do dereito de rectificación, transcorrido o cal se remitiría o escrito de
denuncia á Fiscalía.
- Un certificado de acto presunto ante a falta de resposta a súa petición de tales
aclaracións ou desmentidos.
Non existe por tanto a petición de documentos ou contidos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder da Consellería do Mar e que fosen elaborados ou adquiridos
en exercicio das súas funcións, en primeiro lugar porque a denuncia é unha documentación
elaborada pola propia plataforma, e en segundo lugar porque a petición de certificación de
actos presuntos, sempre vai ligada a un expediente administrativo concreto, e non está
anteriormente en poder da administración se non que debe ser xerado dende que é solicitado.
O uso dun modelo normalizado de acceso á información pública non implica por si só que a
solicitude que se presenta sexa o exercicio dun dereito de acceso á información pública. A
petición que se fai por parte da plataforma non é información pública, e se ben está claro que,
o solicitado ante a consellería, ten carácter abusivo non xustificado coa finalidade de
transparencia da Lei, o relevante neste caso é que non se fai unha solicitude de información
pública, e que así se lle debeu indicar no momento da recepción ao interesado, tal como
establece o artigo 19.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro que di que “ cando a solicitude non
identifique de xeito suficiente a información, pedirase ao solicitante que a concrete nun prazo
de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, se lle terá por desistido, así como da
suspensión do prazo para ditar resolución”, e neste caso non estaba identificada ningunha
información.
Quinto.-
En conclusión, procede acordala inadmisión da reclamación, ao non existir unha solicitude de
información pública, se non unha denuncia na que unha persoa xurídica privada pretende
poder dar un dereito de rectificación con prazos diferentes aos previstos legalmente, e que
ao non ser atendida da lugar a que se solicite unha certificación de acto presunta, facendo uso
en ámbolos dous casos dun modelo normalizado de solicitude de acceso a información
pública.
A Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir o recurso presentado o 15 de novembro de 2017 por
en nome e representación de de acordo co indicado nos
fundamentos xurídicos cuarto e quinto desta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga