Se solicitó a la Consellería do Mar información relacionada con una denuncia penal sobre la contratación de servicios de helicópteros y certificaciones de actos presuntos. El interesado alegó la falta de respuesta a sus peticiones. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque no se solicitó información pública, sino que se presentó una denuncia y una petición de certificación.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información pública ya que no se piden documentos o contenidos elaborados o adquiridos por la administración en el ejercicio de sus funciones.
2
La denuncia presentada es documentación elaborada por la propia plataforma solicitante y no información pública en poder de la administración.
3
La petición de certificación de actos presuntos está ligada a un expediente administrativo concreto y debe ser generada tras la solicitud, no estando previamente en poder de la administración.
4
El uso de un modelo normalizado de acceso a la información no implica automáticamente que la solicitud sea un ejercicio válido de dicho derecho si el contenido no se ajusta a la definición de información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , en nome e
representación da
mediante escrito do 8 de novembro de 2017 e remitido pola Consellería
do Mar o 17 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro O 17 de novembro de 2017 a Consellería do Mar remite un recurso interposto ante
esa administración por en nome e representación da
ao
entender que existe un erro na cualificación do recurso por parte do recorrente por tratarse
dunha petición contra a inadmisión da solicitude presentada polo reclamante o 14 de outubro
de 2017, ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro e do artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro “relacionada cunha denuncia penal sobre a contratación dos servizos de operación e
mantemento de dous helicópteros por parte da Consellería do Mar”. O escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 21 de novembro de 2017, ven acompañado de diversa
documentación que se recolle de seguido:
O primeiro escrito é un recurso de reposición de 8 de novembro de 2017 dirixido á Consellería
do Mar no que P indica que o asunto son os contratos presuntamente ilegais
dos helicópteros autorizados pola Secretaría Xeral Técnica e no que a solicitude é a suspensión
da execución do acto impugnado “por concorrer a circunstancia que pode causar prexuízos de
imposible o difícil reparación (...) que se considere a nulidade do acto administrativo(...) se
solicita expresamente la suspensión y paralización del acto impugnado previsto en los artigos
62 e 63 da Lei 30/1992, ante o mesmo órgano que ditou o acto”.
Neste caso deberá aclarar cando se solicitou a información relativa aos contratos dos
helicópteros, e cando e en que modo lle inadmitiron a solicitude, sendo o xeito mais sinxelo a
achega da copia dos ditos documentos , para o que disporá dun prazo de dez días.
En relación á documentación sobre a recusación que a realiza á Secretaría Xeral
Técnica será devolta á Consellería por ser asunto da competencia desa administración.
No caso de que non achegue as aclaracións requiridas, teráselle por desistido da petición,
previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na norma correspondente.”
Terceiro. Con data 30 de novembro de 2017, devólveselle á Consellería do Mar a
documentación relativa á recusación por parte de da secretaria xeral técnica
en todos os procedementos relacionados con , e
, e a documentación relativa ás posibles aclaracións ou desmentidos en relación aos
contratos con , por tratarse de temas que non son competencia da Comisión da
Transparencia, así mesmo pídelle informe de se existe exercicio do dereito de acceso á
información pública.
Cuarto. Con data 30 de novembro de 2017 o interesado pide que se acepten as solicitudes
relativas ás certificacións de actos presuntos e dise “La solicitud ante o Defensor do Pobo y
Comisión de Transparencia de Galicia, se centra exclusivamente en ambas certificaciones,
siendo el resto de la documental aportada que hacen referencia ambos expedientes a modo
ilustrativo y justificativos de las solicitudes.”
Quinto. Con data 14 de decembro de 2017 déuselle traslado da nova documentación
achegada polo interesado á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achégase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de decembro de 2017.
Sexto. Con data 22 de decembro de 2017 recibiuse o informe da Consellería do Mar, e o
expediente instruído.
O informe indicou que o 14 de outubro tivo entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia
unha solicitude de acceso á información pública, recibida na Secretaría Xeral Técnica o 20 de
outubro. Tratábase dunha solicitude PR100A, modelo normalizado de acceso á información
pública, “acompañado dun escrito de denuncia dirixido á Fiscalía de Galicia, para expor unha
serie de cuestións relativas a presuntas irregularidades sucedidas con motivo da contratación
dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de
salvamento marítimo de Galicia, alleas, en consecuencia, ao concepto de información pública
legalmente definido no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e que fai referencia a
contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder
dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Lei e que fosen elaborados ou
adquiridos no exercicio das súas funcións.
No seu escrito o interesado advertía de que daba un prazo de 3 días á Consellería do Mar para
realizar aclaracións ou desmentidos ao contido da denuncia, con cita ao respecto de
determinados preceptos da Lei Orgánica 2/1984, do 26 de marzo, reguladora do dereito de
rectificación, transcorrido o cal remitiría o escrito de denuncia á Fiscalía.”
Igualmente a consellería recolle no informe que o 25 de outubro de 2017, “utilizando de novo
un modelo normalizado de acceso á información pública, o Sr. solicita un
certificado de acto presunto ante a falta de resposta a súa petición de tales aclaracións ou
desmentidos”
Finalmente o 3 de novembro de 2017, a Secretaría Xeral Técnica “resolveu inadmitir a trámite
a solicitude presentada o 14 de outubro por incorrer no suposto contemplado na letra e) do
artigo 18.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, na que se establece que se inadmitirán a trámite
as solicitudes que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non
xustificado coa finalidade de transparencia da Lei.”
O informe está acompañado do expediente, no que constan as solicitudes do interesado, a
resolución, o recurso e a remisión da documentación á Comisión da Transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia recibiu mesturados varios documentos presentados pola
ante a Consellería do Mar. O oficio só indicaba que existía un erro
na cualificación dun recurso por parte , pero nin achegaba o expediente nin se
informaba sobre a motivación da inadmisión. Neste caso, os escritos do reclamante, debido
ao xeito de redactar, eran todos eles difíciles de comprender polo que foi necesaria facer unha
proposta de emenda e mellora da solicitude que deu como resultado coñecer que as
solicitudes e a resolución remitidas pola consellería do mar se referían a:
- Un escrito de denuncia dirixido á Fiscalía de Galicia, para expor unha serie de cuestións
relativas a presuntas irregularidades sucedidas con motivo da contratación dos
servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo
de salvamento marítimo de Galicia, e que se daba un prazo de 3 días á Consellería do
Mar para realizar aclaracións ou desmentidos ao contido da denuncia, con cita ao
respecto de determinados preceptos da Lei Orgánica 2/1984, do 26 de marzo,
reguladora do dereito de rectificación, transcorrido o cal se remitiría o escrito de
denuncia á Fiscalía.
- Un certificado de acto presunto ante a falta de resposta a súa petición de tales
aclaracións ou desmentidos.
Non existe por tanto a petición de documentos ou contidos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder da Consellería do Mar e que fosen elaborados ou adquiridos
en exercicio das súas funcións, en primeiro lugar porque a denuncia é unha documentación
elaborada pola propia plataforma, e en segundo lugar porque a petición de certificación de
actos presuntos, sempre vai ligada a un expediente administrativo concreto, e non está
anteriormente en poder da administración se non que debe ser xerado dende que é solicitado.
O uso dun modelo normalizado de acceso á información pública non implica por si só que a
solicitude que se presenta sexa o exercicio dun dereito de acceso á información pública. A
petición que se fai por parte da plataforma non é información pública, e se ben está claro que,
o solicitado ante a consellería, ten carácter abusivo non xustificado coa finalidade de
transparencia da Lei, o relevante neste caso é que non se fai unha solicitude de información
pública, e que así se lle debeu indicar no momento da recepción ao interesado, tal como
establece o artigo 19.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro que di que “ cando a solicitude non
identifique de xeito suficiente a información, pedirase ao solicitante que a concrete nun prazo
de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, se lle terá por desistido, así como da
suspensión do prazo para ditar resolución”, e neste caso non estaba identificada ningunha
información.
Quinto.-
En conclusión, procede acordala inadmisión da reclamación, ao non existir unha solicitude de
información pública, se non unha denuncia na que unha persoa xurídica privada solicita unha
certificación de acto presunta, facendo uso en ámbolos dous casos dun modelo normalizado
de solicitude de acceso a información pública.
A Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Inadmitir o recurso presentado o 15 de novembro de 2017 por
, en nome e representación de , de acordo co indicado nos
fundamentos xurídicos cuarto e quinto desta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga