Una docente solicitó al IES Monte das Moas información sobre el estado de tramitación de un accidente laboral y del expediente sancionador contra un alumno agresor. Tras alegar la administración que el acceso debía regirse por la ley de procedimiento administrativo común por ser la solicitante interesada, la Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación al considerar que la respuesta del centro fue acorde a lo solicitado.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión descarta que se aplique la normativa de procedimiento administrativo común (LPAC) ya que la solicitante no fue considerada interesada en el expediente, sino denunciante.
2
Se determina que la disposición adicional primera de la Ley 19/2013 es inaplicable porque el expediente administrativo ya había finalizado en el momento de la solicitud.
3
El acceso a datos sobre infracciones administrativas que no conlleven amonestación pública se equipara a datos especialmente protegidos según el art. 15.1 de la Ley 19/2013.
4
En el caso de datos referidos a menores de edad, se debe priorizar la garantía de los derechos de los afectados en la ponderación del acceso.
5
La resolución concluye que la respuesta del centro, al informar que el expediente finalizó con la resolución y acciones propuestas, satisface la solicitud de conocer el estado de tramitación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do
17 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 21 de novembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do IES Monte das Moas.
A interesada indicaba que durante unha garda de recreo, o 17 de outubro de 2017, fora
agredida por un alumno que lle provocou lesións das que foi atendida no servizo de urxencias
do Hospital San Rafael da Coruña. O 18 de outubro de 2017 solicitou a continxencia de
accidente laboral e presentou informe da agresión sufrida no IES. O 3 de novembro de 2017,
ao amparo da Lei de Transparencia solicitou acceso á información “ sobre o estado de
tramitación da continxencia de accidente laboral e sobre o estado de tramitación das
informacións previas, expediente, e accións sancionadoras contra o meu agresor”. O 9 de
novembro de 2017 recibe unha resolución de acceso á información pública na que se lle
comunica que “ o expediente aberto ao presunto alumno agresor finalizou coa resolución e as
accións propostas pola xuíza instrutora e confirmadas pola directora que subscribe”. A
interesada entendía que se lle denegara o acceso á información sobre o expediente
sancionador aberto ao agresor.
O escrito viña acompañado da copia da documentación que se relaciona:
- DNI
- Informe clínico de urxencias do 17 de outubro de 2017 ás 16:24 horas.
- Solicitude de acceso á información ao amparo da Lei 19/2013, do 9 de decembro, con
rexistro de entrada no centro o 3 de novembro de 2017.
- Escrito de 8 de novembro de 2017 no que a secretaría do centro require á reclamante
a que presente nova solicitude pois a de 3 de novembro “carece de destinatario”.
- Solicitude de 3 de novembro de 2017 no que a reclamante dirixe a solicitude á
dirección do IES Monte das Moas, con rexistro de entrada de 8 de novembro de 2017.
- Oficio de 9 de novembro de 2017 no que a directora do centro di brevemente que a
documentación do accidente laboral foi enviada o día 20 de outubro ao organismo
correspondente, e en relación ao estado da tramitación das informacións previas,
expediente e accións sancionadoras o recollido na reclamación dirixida a esta
comisión.
Segundo. Con data 30 de novembro de 2017 iníciase o expediente de reclamación previa á vía
contenciosa administrativa e:
- Déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achégase informe e copia completa e ordenada do
expediente, comunicándolle que coa mesma data remítese o expediente ao Instituto
Monte das Moas.
- Déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Instituto Monte das
Moas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente comunicándolle que coa mesma data
remítese o expediente á consellería de educación.
A recepción da solicitude polo instituto foi o 4 de decembro de 2017 e pola administración foi
o 5 de decembro de 2017.
Terceiro. Con data 11 de decembro de 2017 recibiuse o informe do Instituto e o expediente
disciplinario instruído contra o alumno. O 15 de decembro de 2017 procédese a devolver o
expediente ao IES, por non dar resposta ao solicitado e conter datos especialmente
protexidos, e se lle explica ao instituto que o expediente e informe requirido era a existencia
dunha petición por parte e que se fixo con esa solicitude e o expediente que
esta solicitude xerase. Porén o oficio de remisión si que forma parte do expediente e nel se
relata a tramitación desde o nomeamento da instrutora ata a remisión do expediente á familia
do alumno e a inspección educativa. Na relación deste expediente hai unha petición da agora
reclamante para que se lle entregue copia das gravacións das cámaras de vixilancia do centro,
e se indica que a directora deulle resposta a esta petición.
Cuarto. Con data de 26 de decembro recíbese o informe da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria sen o expediente, por considerar que existe un erro na petición da
agora reclamante ao invocar a normativa reguladora que amparaba tal dereito “xa que
invocou a normativa vixente en materia de transparencia no canto da que regula o
procedemento administrativo común, que é a que resulta de aplicación ao caso, dada a
condición de parte interesada da persoa solicitante”. Este informe entende que malia o erro
da reclamante na cualificación estimouse a súa pretensión dentro dos cinco días seguintes ao
da súa recepción e “a reclamante é interesada no procedemento sobre o que solicita a
información, xa que logo, o acceso aos expedientes administrativos das persoas que ostentan
a condición de interesadas neles ven regulado pola LPAC e non pola LTBG, tal como salienta a
propia CTG na súa solicitude de informe (...)
Así, a pretensión de (coñecer o estado de tramitación dos
procedementos nos que o solicitante ten a condición de persoa interesada) é un dereito
regulado no artigo 53 da LPAC, cuxa materialización debe seguir os trámites procedimentais
xerais previstos na propia LPAC, e non nas leis, estatal ou autonómica, de transparencia, que
teñen por obxecto regular o acceso á información só no relativo á actividade pública da
Administración. Así é como o entendeu, e actuou en consecuencia, o centro educativo: deulle
a coñecer á solicitante o concreto trámite no que se atopaban os procedementos relacionados
na súa solicitude.
De acordo co exposto, a vía correcta de impugnación contra a resolución do centro educativo
pasaba pola interposición dos recursos ordinarios previstos no artigo 112.1 da LPAC, para os
que transcorreron xa os prazos previstos na normativa polo que, en consecuencia, o acto devén
firme para todos os efectos. Isto determina, por outra banda, a imposibilidade da CTBG para
entra no fondo por tratarse dun asunto situado fóra do seu ámbito de competencias.”
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Cómpre en primeiro lugar analizar se tal como di a administración existe a aplicación da
disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta disposición di que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesado nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo. O escrito de 9 de novembro de 2017 di
que “Como vostede ben coñece, o expediente aberto ao presunto alumno agresor finalizou coa
resolución e as accións propostas pola xuíza instrutora e confirmadas pola directora.”
Na relación de trámites recollidos no oficio de 11 de decembro de 2017 elaborado polo
Instituto figura que á persoa agredida, e agora reclamante, non se lle notificou a apertura do
expediente, nin a resolución. A única participación da reclamante no expediente é que
solicitou a copia das gravacións das cámaras de vixilancia do centro, e que existe unha
resposta da directora a esa petición. Por tanto, non foi considerada interesada, se non
denunciante, e a día de hoxe descoñece o expediente.
Igualmente hai que ter en conta que o centro, o 9 de novembro, xa lle comunica á reclamante
que o expediente aberto finalizou coa resolución e as accións propostas polo centro. Por
tanto, o 9 de novembro de 2017 o expediente administrativo xa estaba rematado e a
disposición adicional primeira aplícase só para os procedementos en curso. Por tanto, é un
procedemento xa rematado ao que, en teoría, se podería ter o dereito de acceso.
Agora ben, o artigo 15.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que se a información
contén datos relativos á comisión de infraccións administrativas que non leven á amoestación
pública ao infractor, o acceso só se poderá autorizar no caso de que se conte co
consentimento expreso do afectado, ou si aquel se amparase por unha norma con rango de
lei. Este mesmo artigo establece que cando non se trata de datos especialmente protexidos é
necesario ponderar se debe facilitarse ou non a información. Nesta ponderación hai que
destacar, como o fai este artigo da lei, a maior garantía dos dereitos dos afectados no caso
de que os datos contidos se refiran a menores de idade.
Neste expediente estamos ante un procedemento disciplinario nun Instituto, no que as
notificacións do inicio do expediente e a resolución se comunican á familia do alumno; polo
tanto estamos ante un menor de idade. Tamén hai que subliñar que a Lei 19/2013, do 9 de
decembro, no punto 1 do artigo 15, equipara a comisión de infraccións administrativas que
non leven á amoestación pública ao infractor cos datos especialmente protexidos. Nestes
casos o acceso só se podería autorizar cando se conte co consentimento expreso do afectado,
ou si o acceso estivese amparado por unha norma con rango de Lei.
Se a reclamante tivese pedido o expediente disciplinario, o Instituto debería ter feito a
ponderación indicada. Mais a reclamante, o 8 de novembro de 2017 (o escrito do 3 de
novembro foi rexeitado por carecer de destinatario) pediu acceso á Comisión da
Transparencia “sobre o expediente sancionador aberto ao meu agresor”. Sen embargo, o
escrito dirixido ao centro non demanda ese expediente sancionador, senón o estado da
tramitación das informacións previas, expedientes e accións sancionadoras contra o agresor.
A resposta do centro é que o expediente finalizou coa resolución e as accións propostas pola
xuíza instrutora; por tanto, con resposta do solicitado no que se refire ao expediente
sancionador.
Quinto.- Á vista da solicitude feita en primeira instancia a resposta coincide coa información
solicitada.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único. Desestimar a reclamación presentada por , con data do 21 de
novembro de 2017, contra a resolución de 9 de novembro de 2017 emitida pola Directora do
Instituto Monte das Moas da Coruña.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga