La Asociación FUNVEXGA solicitó a la Dirección General de Función Pública documentación sobre méritos, actas y pagos de un proceso selectivo de veterinarios. La administración denegó parcialmente el acceso alegando protección de datos y carácter repetitivo de la solicitud. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, ordenando la entrega de la información anonimizada.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no requiere de motivación ni de un interés actual y legítimo, siendo irrelevante la relación del solicitante con la materia.
2
La existencia de procesos judiciales abiertos no impide el acceso a la información, ya que el control judicial de la legalidad es independiente del derecho de transparencia.
3
No se considera una solicitud repetitiva o abusiva cuando es la primera vez que la entidad jurídica (la asociación) solicita la documentación, independientemente de que sus miembros lo hubieran hecho individualmente.
4
La protección de datos personales no es un límite absoluto cuando la información puede ser facilitada mediante la disociación o anonimización de los datos identificativos.
5
La transparencia en los procesos selectivos es un valor superior que permite el control ciudadano sobre la actividad gubernamental, especialmente en la fase de concurso de méritos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na
reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e
representación da Asociación de Veterinarios Funcionarios da Xunta de Galicia. Oposición
2005 FUNVEXGA, remitida mediante oficio da Dirección Xeral de Función Pública á Comisión
da Transparencia para a tramitación que proceda. Considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. O 2 de maio de 2017 o Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de
Función Pública remitiu, mediante oficio, unha documentación de
en nome e representación da Asociación de Veterinarios Funcionarios da Xunta de
Galicia. Oposición 2005 FUNVEXGA, escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
5 de maio de 2017. A documentación que acompañaba ao oficio acreditaba que se trataba
dunha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á
información por parte da Consellería de Facenda, en materia de Función Pública, pois citaba
directamente o artigo 105 da Constitución e a normativa da transparencia.
A reclamación acompañábase dos seguintes documentos:
• Recurso de alzada de 16 de marzo de 2017 presentado por en nome
e representación da asociación FUNVEXGA ante a Dirección Xeral de Función Pública.
• Poder de representación da dita asociación a favor dunha serie de letrados e procuradores
entre os que se atopa .
• Un escrito de 8 de novembro de 2016 no que a asociación, por medio do dito letrado, requiría
unha documentación tal como recollerá esta resolución.
• Un escrito de 25 de xaneiro de 2017 no que o letrado reiteraba a súa petición de
documentación de 8 de novembro de 2016, e ampliaba a súa petición inicial.
• A Resolución e a notificación desa resolución, ambas de 14 de febreiro de 2017 , en resposta
ás solicitudes de novembro de 2016 e xaneiro de 2017, na que a administración estimaba
parcialmente a solicitude en relación ás actas do tribunal e daba pé de recurso de alzada ante
o Conselleiro de Facenda.
• Unha dilixencia de comparecencia na Dirección Xeral da Función Pública de
para a entrega de documentación asinada o 7 de marzo de 2017. (Actas do 20 de
abril ata o 7 de marzo de 2008, acta nº 66).
• Unha remisión de novas actas do día 13 de marzo de 2017, actas numeradas do 67 ata o
número 70, realizada polo Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral da Función
Pública.
A documentación solicitada á consellería polo letrado de FUNVEXGA consistiu en catro
puntos:
1. Certificados dos contratos administrativos para a realización de actos clínicos nas
campañas de saneamento gandeiro emitidos pola Consellería de Medio Rural en
agosto de 2005, que foron presentados como méritos na fase de concurso no antedito
proceso selectivo, das persoas que se indican no escrito.
2. Actas do Tribunal cualificador encargado de valorar os méritos no proceso selectivo
para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (Grupo A) escala de
Veterinarios, desde o 20 de abril de 2006 en diante.
3. Recursos de alzada presentados por varias persoas contra a Resolución de 2 de
decembro de 2005, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o
ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de
veterinarios pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso.
4. Cantidades recibidas polos readmitidos con efectos económicos e administrativos de
1 de setembro de 2006, segundo resolución de 31 de agosto de 2006 do Conselleiro
de Medio Rural, D. Alfredo Suárez Canal, e xustificante do reintegro de ditas cantidades
por parte dos veterinarios incluídos na dita resolución.
A petición indicaba que, unha vez examinada a documentación, se poderían realizar novas
solicitudes dos expedientes dos aspirantes incluídos na Resolución de 7 de marzo de 2008,
Resolución de 26 de maio de 2008, e da Resolución de 7 de decembro de 2005.
A asociación motiva o interese nesa información “polo feito de teren participado no proceso
selectivo; figurar na primeira lista e ser nomeados funcionarios/as; de que nos atopamos ante
un procedemento de concorrencia competitiva no cal os méritos baremados a un opositor
afectan directamente a outro opositor , xa que pode cambiar o seu posto no escalafón, e,
finalmente , teren sido separados da condición de funcionarios sete anos despois debido ao
desprazamento na lista de aprobados.”
A Resolución do 14 de febreiro dáballe á asociación acceso ás copias das actas solicitadas, pero
non concedía o acceso á documentación que contén información de carácter persoal. A
denegación non se facía documento por documento, senón de xeito xenérico motivándose en
que os documentos que se solicitaban contiñan datos de carácter nominativo, que o
procedemento selectivo quedou definitivamente rematado e que tiveron ocasión de
comparecer nos procedementos contenciosos impugnatorios todos os que se consideraron
afectados, e que tras darlle audiencia aos afectados “a gran maioría presentaron alegacións
opoñéndose a facilitar a documentación solicitada alegando, en resumo, que non se pode
admitir a petición ao abeiro do disposto no artigo 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, xa
que se trata dun proceso selectivo rematado fai moitos anos, no que se interpuxeron diferentes
recursos contencioso-administrativos que foron desestimados na xurisdición correspondente
mediante sentenzas firmes,(...) polo que a súa petición resulta repetitiva, extemporánea, e
versa sobre unha cuestión cuxos actos administrativos son firmes, existe efecto de cousa
xulgada, e o solicitante non indica un interese actual e lexítimo.”
Segundo. Con data de 12 de maio de 2017 requiríase á Dirección Xeral de Función Pública para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase o informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de maio de 2017.
Terceiro. Con data do 29 de maio do 2017 a Dirección Xeral da Función Pública contesta á
petición remitindo o informe e o expediente elaborado. O expediente achegado ten 126
páxinas, e recolle todo o xa exposto.
Neste informe, en resumo, indicase que as solicitudes tramitáronse ao abeiro da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, que so aplicaron a Lei 19/2013 no que fai ao trámite de audiencia para a
protección dos intereses dos terceiros. Igualmente entende que non se pode achegar ningún
documento que teña datos persoais polo que corresponde aos interesados identificar de xeito
concreto os expedientes administrativos nos que figuraría cada parte da documentación
solicitada. Por último resalta que a petición fúndase nun proceso amplamente impugnado e
rematado.
Cuarto. Con datas 18 de maio e 31 de xullo de 2017 recibiuse nova documentación do
representante da asociación reclamante.
Ademais dos datos xa recollidos anteriormente, daba información sobre a revisión de oficio
para declarar a nulidade de pleno dereito da Resolución de 7 de decembro de 2005, da
Dirección Xeral da Función Pública, que establecía a relación de aspirantes que superaron o
proceso selectivo, coincidente co número de prazas convocadas (DOG 21 de decembro de
2005). Entre outra documentación achega:
• Ditame do Consello Consultivo 4/2009, preceptivo e vinculante que conclúe con informe
desfavorable a que se declare a nulidade.
• A notificación da Resolución, de 2 de abril de 2009, pola que se arquivan as actuacións
realizadas no procedemento de revisión do 7 de decembro de 2005.
• A notificación de 8 de novembro de 2012, pola que se notifica aos departamentos da Xunta
para que tomen razón da condición de funcionarios interinos, dos funcionarios que
participaron no proceso selectivo pola quenda ordinaria e que están relacionados no anexo da
notificación.
Da documentación achegada compre destacar que a asociación FUNVEXGA indicáballe á
administración, no escrito de 16 de marzo de 2017, que “o proceso selectivo non está
rematado, por canto lle consta á propia Consellería, DOG nº 34, do 2 de marzo de 2017, no
que se publica resolución do recurso interposto contra a Orde de 14 de xullo de 2008, pola que
se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso
no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios.”
Cabe sinalar que o DOG de 2 de marzo de 2017 é o número 43, e que nel figura a seguinte
resolución: RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública,
pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 379/2016
interposto por .
Quinto. Con data de 19 de febreiro de 2017 a proposta de resolución , foi examinada na sesión
XV da Comisión da Transparencia, sendo devolta á secretaría para que se ordenase a
identificación dos terceiros interesados e que se procedera a dar aos mesmos o trámite de
audiencia previstos nos artigos 22.4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e na disposición
adicional cuarta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. Feito polo que é retirado o expediente da
orde dos asuntos a tratar.
Sexto. No expediente achegado no seu día pola administración, consta que fixeran alegacións:
o 19 de decembro de 2016, o 19 de
decembro de 2016, o 19 de decembro de 2016,
o 12.12.2016, o 12.12.2016, o
12.12.2016, o 12.12.2016, o
13.12.2016, o 16.12.2017, o
16.12.2016, nome e representación de
e o 17.12.2016,
o 13.12.2016, o 13.12.2016,
o 13.12.2016, o 13.12.2016,
o 16.12.2016, o 13.12.2016,
o 9.12.2016, o 6.12.2016, o
15.12.2016, o 16.12.2016, o 15.12.2016,
o 15.12.2016, o 16.12.2016,
o 16.12.2016, en nome e representación de
o 16.12.2016.
A resolución do director xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2017 englobaba
xenéricamente a denegación en que “a gran maioría presentaron alegacións opoñéndose a
facilitar a documentación solicitada alegando, en resumo, que non se pode admitir a petición
ao abeiro do disposto no artigo 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, xa que se trata dun
proceso selectivo rematado fai moitos anos, no que se interpuxeron diferentes recursos
contencioso-administrativos que foron desestimados na xurisdicción correspondente
mediante sentenzas firmes, procesos nos que puideron comparecer todos os que se
considerasen afectados.”
A vista do que a instrución entendeu que todos eles debían ser citados.
Setimo. Con data de 11 de outubro 2017 dáselle trámite de audiencia aos seguintes
interesados :
DATA RS/RE REMITENTE/DESTINATARIO
NOTIFICACIÓNS
01 11/10/2017 S-
30/10/2017
2017/011185
02 11/10/2017 S-
17/10/2017
2017/011186
10:37 h.
19/10/2017
18:40 h.
03 11/10/2017 S-
17/10/2017
2017/011187
Noveno. Con data de 6 de febreiro de 2017 recíbense as alegacións de
que recolle o rexeitamento a que se lle achegue a asociación os datos relativos aos
certificados dos contratos administrativos en iguais termos que os demais escritos de
alegacións existentes no expediente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades Autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013 e pola
Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o
Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos
números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta Lei 19/2013 sinala que estamos ante unha
reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-
administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou
soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei
e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non
está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
En primeiro lugar vaise a analizar, por existir dúas posturas confrontadas, se se está ante un
procedemento administrativo en curso que obrigue a aplicar a normativa reguladora do
correspondente procedemento administrativo nos termos da disposición adicional primeira
da Lei 19/2013, do 9 de decembro, ou ben ante un procedemento concluído, no que existe o
dereito de acceso á información pública.
Tal como din os diferentes oficios e informes da administración o procedemento
administrativo non está en curso. O procedemento está concluído, por máis que en vía
xurisdiccional poidan existir procesos abertos. A existencia de procesos contencioso-
administrativos só pon de manifesto o exercicio do mecanismo de control xudicial da
legalidade da actuación administrativa suxeita a ese dereito.
En segundo lugar vaise a analizar se as peticións de acceso á información pública son
pertinentes.
Como recollen os antecedentes, as dúas solicitudes ante a administración requiren:
1. Certificados dos contratos administrativos para a realización de actos clínicos nas
campañas de saneamento gandeiro emitidos pola Consellería de Medio Rural en
agosto de 2005, presidida polo Conselleiro Alfredo Suárez Canal, que foron
presentados como méritos na fase de concurso no antedito proceso selectivo, das
persoas que se indican no escrito.
2. Actas do Tribunal cualificador encargado de valorar os méritos no proceso selectivo
para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (Grupo A) escala de
Veterinarios, desde o 20 de abril de 2006 en diante.
3. Recursos de Alzada presentados por varias persoas contra a Resolución de 2 de
decembro de 2005, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o
ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de
veterinarios pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso.
4. Cantidades recibidas polos readmitidos con efectos económicos e administrativos de
1 de setembro de 2006, segundo Resolución de 31 de agosto de 2006 del Conselleiro
de Medio Rural D. Alfredo Suárez Canal, e xustificante do reintegro de ditas cantidades
por parte dos veterinarios incluídos na dita resolución.
As catro solicitudes que se fan entran dentro de información pública ao tratarse de
documentos que obran en poder da administración e que foron adquiridos no exercicio das
súas funcións.
As actas constan xa entregadas. É preciso pois analizar a condición do resto dos documentos
solicitados: certificados de contratos administrativos, recursos de alzada presentados,
cantidades recibidas polos readmitidos e xustificante do reintegro de ditas cantidades por
parte dos veterinarios incluídos na dita resolución.
Sen ánimo de exhaustividade se esta documentación foxe xerada con posterioridade á
publicación da Lei 9/2013, do 9 de decembro, a información, nos termos que de seguida se
exporán, disporía de datos relevantes e considerados materias obxecto de publicidade activa.
A información sobre contratación debe estar publicada nos termos recollidos nos artigos 8 a)
da Lei 19/2013 e 13 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e aquí non se piden os contratos senon
só os certificados, é dicir o documento que indica o tipo de contrato celebrado para levar a
cabo unha campaña de saneamento animal, con quen e o tempo. Os recursos de alzada e as
sentenzas que orixinaron as modificacións son documentos que supoñen interpretación do
dereito ou teñen efectos xurídicos do artigo 7 a) da Lei 19/2013, do 9 de decembro e
finalmente o control orzamentario e as obrigas específicas de información en materia de
persoal dos artigos 8 Lei 19/2013, do 9 de decembro, e 10 e 11 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro
permiten facilitar ese tipo de documentación, cando menos globalmente.
En todo caso insistimos, a solicitude pide unhas certificacións dos contratos administrativos.
Non se solicitan os contratos en si, tampouco como quere dar a entender a ,e
tampouco como di esta representante se pide a puntuación xa publicada e coñecida. O que
se require son os certificados, é dicir, un documento que constata un determinado feito, neste
caso a información relativa a un contrato administrativo e que formou parte dun proceso
selectivo. Este documento está en poder da administración e foi adquirido no exercicio das
súas funcións, e foron utilizados para a publicación no DOG dunha resolución pola que se
publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo
facultativo superior da Xunta de Galicia escala de veterinarios.
Aínda que, como xa quedou indicado se trata dun procedemento finalizado, non é menos
certo que a ponderación que debe realizar esta comisión céntrase entre a protección de datos
de carácter persoal e o feito que existe un dereito de acceso á información pública vinculado
a un proceso selectivo. Existe numerosa xurisprudencia que obriga a que os procesos de
selección na administración cumpran unhas mínimas exixencias de transparencia e
publicidade, considerando que son superiores estes valores, se ben as sentencias atopadas
(26 de abril de 2012 Sección Primeira da Audiencia Nacional, entre outras) se refiren ao
tratamento das cualificacións obtidas nos procedementos e non á documentación achegada
na fase de concurso, o certo é que actualmente a normativa establece a obriga de facer
transparente todas as fases dos procesos selectivos. Neste expediente hai que ter en conta os
aspectos que recolleremos seguidamente ao falar do artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, pero o que está claro é que o dereito de acceso á información pública é diferente
aos dereitos que os interesados puideran realizar daquela, pois vailles a permitir coñecer se a
actuación da administración respectou, ou non, as normas de bo goberno tanto no que se
refire ás certificacións como todo aquelo que responde ao control económico das contías
recibidas polos readmitidos e os xustificantes do reintegro.
Por tanto, en relación aos documentos e datos solicitados esta comisión entende que todos
eles son pertinentes e serven para o control cidadán sobre a actividade gobernamental.
En terceiro lugar a Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece uns límites ao acceso nos artigos
14 e 15 desa norma e unhas causas de inadmisión no artigo 18.
A única inadmisión que se cita no expediente é que “se trata dun proceso selectivo rematado
fai moitos anos, no que se interpuxeron diferentes recursos contencioso-administrativos que
foron desestimados na xurisdición correspondente mediante sentenzas firmes,(...) polo que a
súa petición resulta repetitiva, extemporánea, e versa sobre unha cuestión cuxos actos
administrativos son firmes, existe efecto de cousa xulgada, e o solicitante non indica un
interese actual e lexítimo”, o certo é que a asociación créase no ano 2006, é dicir, despois da
publicación da resolución de 7 de decembro de 2005 que publica a relación de aspirantes que
superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia
escala de Veterinarios, por tanto, con todos os procesos xudiciais rematados, e cando a
administración xa lles integrara nese listado.
Durante este proceso de solicitude de acceso a administración retrasa a achega de
documentación porque a asociación non identificaba de xeito concreto expedientes
administrativos, nos que ao parecer se atopaban as actas do Tribunal que realizou o proceso
selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de
veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004. Pero non alega que sexa
necesaria a reelaboración da documentación, en todo caso, está claro que non existía un
expediente único, e que incluso para a administración era difícil atopar a información.
Procede analizar agora, se se trata dunha petición repetitiva ou non. En relación a este asunto,
e como consta no expediente, a asociación é a primeira vez que solicita ante a administración
esta documentación. O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre
as causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva sinala que para
inadmitir tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou
mesmos solicitantes e que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza. Ou que, xa se lle
tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no
seu momento, tamén se o solicitante coñecera de antemán o sentido da resolución por
térenselle comunicado nun procedemento anterior polo órgano informante, ou coincida con
outra ou outras dirixidas ao mesmo órgano en períodos de tempo inferiores aos prazos de
tramitación legalmente previstos, de tal forma que as solicitudes presentadas previamente
non tiveran rematado a súa tramitación. Igualmente sería manifestamente repetitiva se se
tratara dun asunto de resposta imposible, ben polo contido ou por razóns de competencia e
así se lle notificase e xustificara ao solicitante da información.
Este criterio remarca que se coincide o texto pero son varios demandantes solicitando unha
mesma información é obrigatorio considerar cada peticionario individualmente. Se a petición
é colectiva e algún deles anteriormente xa presentara a solicitude, a inadmisión solo
procedería respecto desa persoa, continuando a tramitación respecto do resto.
Como queda indicado é a primeira vez que a asociación demanda estas catro peticións.
En relación ao suposto de que se ocasione un prexuízo para a igualdade entre as partes nos
procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva, o informe da Dirección Xeral do 19 de maio di
que:
A asociación “ tivo acceso ao expediente completo do proceso selectivo a través das
impugnacións procesuais que promoveu”.
Estase “... a solicitar información sobre un proceso selectivo antigo que rematou fai anos. Un
proceso amplamente impugnado incluso a través de recursos extraordinarios de revisión, que
foron totalmente desestimados tanta na vía administrativa como na vía xudicial” .
“O interese do solicitante na obtención de documentos é previsiblemente, o de continuar
impugnando o proceso selectivo mediante a interposición de novos recursos contra actos
definitivos que xa foron impugnados en máis dunha ocasión”.
Pola súa parte a asociación en todo momento indica que carece da información. Hai que ter
en conta que os membros da asociación inician este camiño, incluíndo a creación da propia
asociación só cando se resolve incorporar as puntuacións reclamadas en vía xudicial por un
elevado número de concorrentes ao concurso-oposición, e cando fronte a tales sentenzas,
algúns destes participantes no indicado proceso selectivo solicitaron da sala do contencioso-
administrativo a extensión de efectos das referidas sentenzas e a pretensión foi rexeitada por
distintos autos da referida sala. Como consecuencia desta situación 34 aspirantes que
superaran a proba selectiva quedaron fóra da relación definitiva elevada á Administración
convocante. A personalidade da asociación e a dos seus membros é diferente.
O expediente de dereito de acceso remitido nas páxinas 35 a 47 pon de manifesto que non
existe un expediente sobre o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior
da Xunta de Galicia grupo A, escala de veterinarios convocado pola Orde do 29 de decembro
de 2004, senón que a información está dispersa en expedientes administrativos concretos.
Por iso o 13 de marzo de 2017, despois da comparecencia do letrado da asociación, e debido
a súa insistencia de que lle consta a existencia de máis actas, a administración localízaas e
remite unha copia mediante oficio das actas con números 67 ata o 70.
Dado que a documentación solicitada afecta directamente ás modificacións na baremación
realizada, á vista da motivación da asociación cómpre entregar a documentación.
É preciso analizar a aplicación do artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, artigo que se
ocupa da protección de datos de carácter persoal na información solicitada. En relación á
existencia de datos nominativos e DNI, que son os únicos datos que recolle o expediente, o
propio artigo 15, no parágrafo 4 permite conceder o acceso se se efectúa a disociación dos
datos de carácter persoal de xeito que se impida a identificación das persoas.
No caso de que exista oposición de terceiro o artigo 22.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro,
establece que “o acceso só terá lugar cando, téndose concedido ese acceso, transcorrese o
prazo para interpoñer recurso contencioso- administrativo sen que se formalizase ou fose
resolto confirmando o dereito a recibir a información.”
O artigo 15, en todo caso, establece que o acceso está restrinxido, e unicamente se poderá
autorizar co consentimento expreso e por escrito do afectado se se trata de datos
especialmente protexidos. Son datos especialmente protexidos os que se refiren aos
apartados 2 e 3 do artigo 7 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de
datos de carácter persoal. Nese artigo, o parágrafo 2 fai referencia a datos sobre ideoloxía,
afiliación sindical, relixión e crenzas e o parágrafo 3 refírese aos de orixe racial, saúde e vida
sexual.
Tamén son datos especialmente protexidos os datos relativos á comisión de infraccións penais
ou administrativas que non leven consigo a amoestación pública ao infractor.
Con carácter xeral, concederase o acceso á información que conteña datos meramente
identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública do
órgano. Tamén se concederá o acceso cando o afectado xa fixera manifestamente públicos os
datos con anterioridade a que se solicitase o acceso.
Neste expediente, como se recolle nos antecedentes, os terceiros alegan que o solicitante non
indica un interese actual e lexítimo. Como en anteriores resolucións desta comisión é preciso
indicar que o dereito de acceso á información céntrase en dous aspectos: a existencia dunha
información pública, nos termos indicados no paragrafo terceiro destes fundamentos, e no
concepto de interesado.
O concepto de interesado, en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades que convén
salientar. O dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas (artigo 12
Lei 19/2013, do 9 de decembro). É suficiente coa identidade do solicitante (artigo 17.2 Lei
19/2013, do 9 de decembro), non existe obriga de motivación da solicitude (artigo 17.3 Lei
19/2013, do 9 de decembro), e se se dan os motivos “poderán ser tidos en conta cando se dite
a resolución. Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de
rexeitamento da solicitude”. En todo caso, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, amplía aínda máis
os dereitos do interesado, pois no artigo 24 equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O
artigo 24 reforza o dereito desta cidadanía e di que no exercicio do seu dereito ao acceso á
información pública garantiráselle a posibilidade de utilización da información obtida sen
necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras
leis. Por tanto, é irrelevante que o solicitante de información pública teña ou non relación coa
administración, coa materia da que solicita información, ou o lugar de residencia. O dereito
de acceso á información pública non vén determinado polo feito do interese, senón polo feito
de que se fai unha solicitude sobre unha materia que non está excluída ou limitada no seu
acceso pola normativa vixente, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o
dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido máis amplo, calquera información
pública que xulgue oportuna.
Sobre os datos solicitados, por todo o sinalado en relación a se se trata de datos especialmente
protexidos ou non, está claro que non o son, agás que existan razóns que a administración
coñeza de antemán, que obriguen a non dalos, pero nese caso sería suficiente con eliminar os
datos nominativos, ou aqueles que poidan identificar ás persoas en particular.
Quinto.- Conclusións
En conclusión, a personalidade xurídica da asociación que reclama a información é distinta da
dos seus compoñentes. Esta asociación non participou na tramitación do expediente de
concurso- oposición , nin nos sucesivos contenciosos administrativos celebrados, por mais que
nel estean integrados persoas físicas que si o fixeron.
Procede estimar a petición da asociación interesada en relación á achega dos seguintes
documentos, pois trátase de información pública que pode servir para o control da
administración durante este proceso selectivo:
1. Certificados dos contratos administrativos para a realización de actos clínicos nas
agosto de 2005, presidida polo Conselleiro Alfredo Suárez Canal, que foron
presentados como méritos na fase de concurso no antedito proceso selectivo, das
persoas que se indican no escrito.
2. Recursos de Alzada presentados por varias persoas contra a Resolución de 2 de
decembro de 2005, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o
veterinarios pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso.
3. Cantidades recibidas polos readmitidos con efectos económicos e administrativos de
1 de setembro de 2006, segundo resolución de 31 de agosto de 2006 do Conselleiro
de Medio Rural, D. Alfredo Suárez Canal, e xustificante do reintegro de ditas cantidades
O proceso selectivo en si, tivo unhas circunstancias que non son as habituais nos procesos
selectivos, por isto a motivación da asociación parece axeitada aos fins da transparencia na
xestión administrativa.
En todo caso, e a fin de evitar colisión coa normativa de protección de datos, é posible
eliminar todos os datos de carácter persoal, como son o nome, apelidos, DNI, enderezo,
teléfonos, correo electrónico e calquera outro que permita identificar ás persoas físicas.
En conclusión, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en nome e
representación da Asociación de Veterinarios Funcionarios da Xunta de Galicia. Oposición
2005 FUNVEXGA con data 16 de marzo de 2017, contra a denegación de 14 de febreiro de
2017 da Dirección Xeral de Función Pública, nos termos indicados nos fundamentos cuarto e
quinto.
Segundo: Instar á Dirección Xeral da Función Pública a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos
14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á
formalización do acceso
Terceiro: Instar á Dirección Xeral da Función Pública a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8. 3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga