El ciudadano presentó una reclamación ante la Comisión de Transparencia de Galicia alegando la remisión de un informe a la Sección de Minas de la Consellería de Economía, Emprego e Industria. La Comisión decidió inadmitir el recurso debido a que no se acreditó el ejercicio previo del derecho de acceso a la información y el reclamante no respondió al requerimiento de subsanación.
Puntos clave de la argumentación
1
El recurso no puede admitirse a trámite ya que no se refiere al ejercicio previo del derecho de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao
amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 30 de
novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 4-12-17, no que indicaba que remitiu un informe á Sección de Minas
da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre o
proxecto de actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estado de
avaliación de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael nº 2946. Emitiuse o
24 de novembro de 2017 e detalla unha serie de feitos que gardan relación con anteriores
reclamacións formuladas por outra asociación.
Segundo. O 13 de decembro de 2017 esta comisión indica á reclamante que só para o caso
de que exista solicitude de acceso pode admitirse a trámite o recurso ou reclamación e que
debe aclarar no prazo de 10 días a información solicitada. O requirimento foi recibido pola
reclamante o 18 de decembro de 2017.
Terceiro. O 5 de xaneiro dilixenciouse a falta de resposta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha
reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
Son aplicables a Lei 19/2013, do 9 de decembro, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e a
lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión
da Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta sinala
que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á eventual
impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Análise do expediente
O suposto recurso substitutivo en realidade non se refire ao previo exercicio do dereito de
acceso á información pública, polo que non é posible admitilo a trámite.
Ademais, o 18 de decembro de 2017 solicitouse á reclamante que fixera emenda da
reclamación en dez días e non fixo tal emenda.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Único: Inadmitir o recurso e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga