El ciudadano solicitó información a la Consellería do Mar sobre un objeto flotante. Tras recibir una respuesta estimatoria, presentó reclamación alegando que no se entregaron certificaciones específicas. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque la administración respondió congruentemente a lo solicitado originalmente y los nuevos documentos fueron pedidos ex novo durante el recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución impugnada fue estimatoria de la solicitud original y congruente con la petición realizada por el interesado.
2
Los documentos adicionales reclamados durante la fase de recurso no fueron solicitados en la petición inicial, constituyendo una solicitud ex novo.
3
No se aprecia vulneración del derecho de acceso ya que la administración facilitó la información solicitada inicialmente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na
reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito
do 4 de decembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , presentou mediante escrito con entrada no
rexistro da Xunta de Galicia o 4 de decembro de 2017, un recurso contra a resolución de 29
de novembro de 2017, notificada o 4 de decembro de 2017. O 12 de decembro de 2017 a
Consellería do Mar remite a documentación á Comisión da Transparencia para que tramite a
reclamación.
O recurso é contra a resolución 2017/2633352 de 29 de novembro de 2017 da Consellería
do Mar en relación á solicitude de información sobre un obxecto flotante con perigo para a
navegación e seguridade marítima. Considera que a resolución non é adecuada e no recurso
concreta o solicitado (certificación de balizamento da batea; certificación de saída do
asteleiro da Capitanía Marítima; certificación e autorización na zona de fondeo de Capitanía
Marítima de Vilagarcía; certificación dos funcionarios do servizo de Gardacostas de Galicia e
os seus resultados; certificado de impacto ambiental).
A resolución da consellería recorrida refírese a un obxecto flotante que se describe como
“EX-VENERUPIS GAL-3 POLIGONO CARAMIÑAL B. CUADRÍCULA 115”. A resolución da
consellería indicaba que: 1. “O obxecto flotante sen identificar sobre o que versa a solicitude
é unha batea de nome “EX-Venerupisgal 3 da que é titular a entidade Venerupisgal SL. 2. A
referida batea foi fondeada, baixo supervisión de funcionarios do Servizo de Gardacostas de
Galicia, o día 20 de maio de 2016, na cuadimetría 115 do polígono B, no distrito marítimo da
Poboa do Caramiñal. 3. O fondeo levouse a cabo de conformidade co establecido na
resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación
Tecnolóxica pola que se autoriza á entidade Venerupisgal SL ao fondeo provisional dunha
plataforma mariña denominada EXP-Venerupisgal 3 na cuadricula 115 do polígono de
viveiros O Caramiñal B”.
Segundo. O 19 de decembro de 2017 requiriuse ao interesado que aclarara a reclamación.
Sinalouse que “a consellería deulle acceso e agora no recurso non declara ningunha
desconformidade coa documentación obtida, senón co fondo do asunto (…) a súa petición
non afecta ao dereito de acceso á información, senón ao xeito da aplicación da normativa
nun expediente sobre o que se lle achega a información (...). No caso de que non achegue as
aclaracións requiridas, teráselle por desistido da petición, previa resolución que deberá ser
ditada nos termos previstos na norma correspondente”. O oficio foi recibido polo reclamante
o 20 de decembro de 2017, segundo consta. Tamén foi reenviado por correo electrónico
despois da petición do reclamante.
Terceiro. O 19 de decembro de 2017 o reclamante respondeu que interpuxo a reclamación
“ante la negativa a entregar la documentación pública solicitada, enviando un mero
justificante alusivo a normativas sin un solo documento de los solicitados”. Sinala que o que
solicitaba eran as diferentes certificacións citadas no antecedente primeiro.
Cuarto. O 9 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a recepción o 15 de
xaneiro de 2018.
Quinto. O 10 de xaneiro de 2018 o reclamante remite novo escrito. Refire que “… se solicita
informe, aclaraciones o desmentidos sobre los hechos denunciados, subvenciones y datos
públicos de la entidad autora del artefacto flotante en relación a las competencias d ella
Consellería do Mar relacionadas con el mismo”. Non se aprecia petición diferente á citada.
Sexto. O 24 de xaneiro de 2018 a Consellería do Mar contesta á petición remitindo o informe
requirido. Indica que os cinco documentos que a plataforma di que pediu, no escrito inicial
en ningún momento foron solicitados. Estamos ante unha solicitude ex novo á que non se lle
puido dar resposta na petición inicial. A consellería reitera a resposta dada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha
reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
Son aplicables a Lei 19/2013, do 9 de decembro, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e a
lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión
da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta sinala
que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á eventual
impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Prazo para a presentación da solicitude
A data de notificación da resolución sobre a solicitude de acceso á información é de 30 de
novembro de 2017. A reclamación ante a Comisión da Transparencia preséntase o 4 de
decembro de 2017, vía Rexistro da Xunta de Galicia. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, establece o prazo dun mes (desde a notificación do acto impugnado). Neste caso
o cómputo faise desde o 30 de novembro de 2017, o que implica que se presentou en prazo.
Cuarto. Análise do expediente
A resolución de 29 de novembro de 2017 da Consellería do Mar, fronte á que se formula
reclamación, orixínase pola petición de información pública de 26 de outubro de 2017. A
resolución da Consellería do Mar estima en todo a solicitude de acceso formulada polo
reclamante e é congruente coa petición realizada. Responde ao transcrito no antecedente
primeiro. Durante a tramitación desta reclamación é cando o reclamante solicita ex novo o
acceso a información transcrita no antecedente terceiro.
Procede a desestimación do recurso contra a resolución impugnada, que foi estimatoria da
petición de acceso e cuio contido é congruente co pedido entón, posto que facilita o acceso
á información. O recurso pretende reclamar outra información.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Único: Desestimar o presente recurso por formularse fronte a unha resolución estimatoria e
congruente coa solicitude de acceso formulada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á
notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga