Estimada 25/04/2018 · 112 días en resolverse

Solicitud de información sobre cotización a la Seguridad Social de vendedores ambulantes en el Concello de Redondela y resultado favorable

El ciudadano solicitó al Concello de Redondela datos sobre la cotización a la Seguridad Social de los vendedores ambulantes del mercado. Tras no obtener respuesta en plazo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración respondió fuera del plazo legal establecido.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de datos sobre cotización de vendedores ambulantes constituye información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013.
2 El Concello de Redondela resolvió la solicitud fuera del plazo previsto en el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
4 Se admite la reclamación por considerarse interpuesta en plazo al tratarse de una resolución presunta derivada de un silencio administrativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 3 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 3 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Redondela. O reclamante indicaba que tiña presentado en 8 concellos de Galicia unha solicitude de acceso á información pública co seguinte contido: Que é vendedor ambulante e para exercer a súa actividade laboral quere coñecer os datos seguintes:  Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño cotizando á Seguridade Social polo horario completo?  Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño sen cotizar á Seguridade Social? Motiva a petición na posible existencia de irregularidades no cumprimento da normativa da Seguridade Social. O escrito viña acompañado da solicitude, dirixida ao concello de Redondela e presentada no rexistro de entrada o 10 de novembro de 2017. Segundo. Con data 11 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Redondela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xaneiro de 2018. Terceiro. O Concello de Redondela, emitiu o 14 de febreiro de 2018, con data de entrada na Comisión de 16 de xaneiro, expediente, no que consta a contestación achegada ao interesado con data de 16 de xaneiro de 2018. A resolución recolle que unha vez consultados os arquivos “o número de vendedores ambulantes que acoden á feira os días 6 e 21 de cada mes son de 185; os cales se atopan de alta no réxime de cotización á Seguridade Social, tanto titulares como suplentes, segundo se recolle no capítulo IV. Artigo 11 do correspondente Regulamento Muicipal de Venda Ambulante deste Concello.” FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que nos artigos 122 e 124 prevé que se poderán interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso existe unha solicitude de información pública presentada con data do 10 de novembro de 2017 e a Administración non resolveu expresamente, polo que debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente solicitou ao Concello de Redondela unha serie de datos que se consideran información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, que o concello resolve fóra de prazo. Se ben durante o ano 2017 non se presentaron situacións similares respecto a este concello cómpre recordar a importancia de responder en prazo e que o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a consecuencia do incumprimento reiterado da obriga de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para efecto da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Tendo en conta o anteriormente exposto, constátase que se lle deron resposta á información solicitada polo interesado aínda que fora do prazo previsto no artigo 20.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por Francisco Romero Alvite con data 3 de xaneiro de 2018 no Concello de Redondela. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga