El ciudadano solicitó al Concello de Baiona datos sobre la cotización a la Seguridad Social de los vendedores ambulantes. Tras recibir respuesta fuera de plazo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no cumplió con los plazos legales de respuesta establecidos en la Ley 19/2013.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de datos sobre vendedores ambulantes se considera información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013.
2
El Concello de Baiona respondió a la solicitud el 16 de enero de 2018, superando el plazo legalmente establecido.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20 de la Ley 19/2013.
4
La reclamación es admitida al presentarse frente a una resolución presunta, siguiendo la doctrina de que los recursos contra actos no expresos pueden interponerse en cualquier momento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 3 de xaneiro
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 3 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Baiona.
O reclamante indicaba que tiña presentado en 8 concellos de Galicia unha solicitude de acceso
á información pública co seguinte contido:
Que é vendedor ambulante e para exercer a súa actividade laboral quere coñecer os datos
seguintes:
Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño cotizando á Seguridade Social
polo horario completo?
Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño sen cotizar á Seguridade
Social?
Motiva a petición na posible existencia de irregularidades no cumprimento da normativa da
Seguridade Social.
O escrito viña acompañado da solicitude, dirixido ao Concello de Baiona e presentada no
rexistro de entrada o 15 de novembro de 2017.
Segundo. Con data 11 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de xaneiro de 2018.
Terceiro. O Concello de Baiona, o 24 de xaneiro de 2018, con data de entrada na Comisión de
26 de xaneiro, remite o expediente, no que consta a contestación achegada ao interesado con
data de 16 de xaneiro de 2018. A resolución recolle que:
• Aplícase a Ordenanza de Venda Ambulante publicada no BOP de Pontevedra nº 224
de 23 de novembro de 2016.
• No exercicio 2017 o concello concedeu 152 postos de venda ambulante ao abeiro das
bases reguladoras da adxudicación mediante sorteo público, de autorizacións para a
instalación de postos de Venda Ambulante.
• O artigo 11.2 da ordenanza determina que as licenzas serán individuais, persoais e
transferibles, previa comunicación ao concello, sempre que se cumpran os requisitos.
• Nos arquivos contan no ano 2016, 29 habilitados familiares ata o primeiro ou segundo
grado de consanguinidade maiores de 16 anos e 8 empregados habilitados mediante
contrato laboral.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que nos artigos 122 e 124 prevé que se poderán
interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións
presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso existe unha solicitude de información
pública presentada con data do 15 de novembro de 2017 e a Administración non resolveu no
prazo legalmente establecido, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
solicitou ao Concello de Baiona unha serie de datos que se consideran
información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, no que o Concello resolveu o 16 de xaneiro de 2018, é dicir, fora
de prazo.
Se ben durante o ano 2017 non se presentaron situacións similares respecto a este concello
cómpre recordar a importancia de responder en prazo e que o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9
de decembro, establece que a consecuencia do incumprimento reiterado da obriga de
resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para efecto da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Tendo en conta o anteriormente exposto, queda claro que non se cumpriu o prazo previsto
no artigo 20.1 da Lei 19/2013, pero se lle deu resposta as cuestións pedidas polo solicitante.
De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
con data 3 de xaneiro de 2018 no Concello de Baiona.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga