Estimada parcialmente 25/04/2018 · 145 días en resolverse

Solicitud de información sobre la ocupación y gastos de un local municipal en Culleredo y resultado de estimación parcial

El ciudadano solicitó al Concello de Culleredo documentación sobre la ocupación de un local de Servicios Sociales, incluyendo el título jurídico y gastos asociados. El Ayuntamiento alegó que no posee contrato de ocupación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando al Ayuntamiento a facilitar la información sobre los gastos derivados de dicha ocupación.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión determina que, aunque no exista un contrato formal de alquiler o cesión, la información sobre los gastos que origina la ocupación del inmueble constituye información pública amparada por la normativa de transparencia.
2 Se establece que el Ayuntamiento debe facilitar la documentación relativa a contraprestaciones, gastos de mantenimiento, suministros o reparaciones, ya que estos datos deben obrar necesariamente en la Concejalía de Economía y Hacienda.
3 Se valida que la administración no puede denegar el acceso a los gastos basándose en la inexistencia de un título jurídico de ocupación (precario), pues la gestión económica de la ocupación es un hecho administrativo transparente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 1 de decembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 1 de decembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información sobre un local ocupado polos Servizos Sociais do Concello de Culleredo. O reclamante indica que ten coñecemento de que os baixos do edificio que ocupan os servizos sociais do concello non son da súa propiedade, e que non están en réxime de aluguer, polo que solicita información concreta da documentación que soporta esta ocupación, o negocio xurídico xustificativo, as contraprestacións que do mesmo se derivan para o titular e o reparto de gastos do inmoble. Contéstase só quen é o propietario segundo o rexistro da propiedade, e considera que se lle omite totalmente a información realmente solicitada. A reclamación ven acompañado de escrito dirixido ao concello de Culleredo, do 9 de maio de 2017 no que expresamente solicita os documentos que soportan a dita ocupación, negocio xurídico xustificativo, contraprestacións para o titular e reparto de gastos do inmoble. O interesado motiva a solicitude en que é propietario dun piso situado na planta superior dos baixos ocupados, que xa comprobou que os baixos non aparecían como bens inmobles titularidade do Concello e dado que as cotas da comunidade de propietarios as abona o concello, interpretou que “podía deberse a un erro na relación de bens inmobles. Isto último, unido á confirmación de que o concello non é titular dos bens e a inexplicable negativa a informar de quen é o propietario e o título que ampara a ocupación dos baixos, motiva esta nova solicitude de información e documentación” Igualmente achega a resposta do Concello de 28 de novembro de 2017 na que se lle indica que con anterioridade xa lle indicaran que os baixos non son de propiedade municipal e que “ Ante a súa nova solicitude, lle recordamos que a información relativa á propiedade dos bens consta no Rexistro da Propiedade e é accesible para calquera interesado en coñecela. Neste caso concreto, o Rexistro da Propiedade número 3 de A Coruña informa, ao igual que lle tería informado a vostede, que o titular rexistral dos baixos sobre os que solicita información é Residencial Jardín Burgo SL”. Segundo. Con data 11 de decembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Culleredo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Dita comunicación recibiuse polo Concello con data do 14 de decembro de 2017. Terceiro. Con data 9 de xaneiro de 2018 o concello remite o informe e o expediente instruído. Neste informe, o Concello manifesta que cumpriu coas obrigas de proporcionar a información solicitada dado que comunicou ao interesado que o concello non é propietario dos baixos e identificou ao propietario, información accesible no Rexistro da Propiedade. En canto aos documentos que xustifican a ocupación ou negocio xurídico que a xustifica, tal e como consta no informe emitido o 05/06/2017 (doc. 8) non consta nos arquivos municipais documentación ao respecto, polo que non é posible facilitar a mesma, xa que se está a solicitar acceso a uns documentos que non obran en poder do concello polo que é imposible acceder a documentos inexistentes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para resolver O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado. No presente caso, a data de rexistro de saída da resolución do dereito de acceso á información notificada polo Concello ao interesado é de 28 de novembro de 2017 e a reclamación preséntase ante a Comisión da Transparencia con data do 1 de decembro de 2017, polo que a reclamación está presentada en dentro do prazo establecido na normativa de transparencia. Quinto.- Análise do expediente Corresponde á Comisión da Transparencia, de acordo coa disposición adicional quinta da Lei 1/2016, a resolución da reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, reclamación que se presenta ante unha resolución expresa en materia de acceso, ten carácter potestativo e é previa á impugnación na vía contencioso-administrativa. A información que o reclamante solicita é a documentación relativa aos baixos do edificio de Costa da Lonxa 7, que ocupa o Concello, especialmente documentos que soportan dita ocupación, negocio xurídico que a xustifica, contraprestación que recibe o titular do inmoble, reparto de gastos do inmoble, etc. O Concello informa oa solicitante que o local non é propiedade municipal, que tal como consta no rexistro da propiedade número 3 da Coruña o titular rexistral é Residencial Jardín Burgo SL. Tal como di a exposición de motivos da Lei 19/2013, do 9 de decembro “ Só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que os afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun proceso en que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, exixente e que demanda participación dos poderes públicos”. A Administración local está sometida ao imperio da Lei, neste sentido o artigo 5 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, indica que servirán con obxectividade aos intereses públicos que se lles encomenden e actuarán de acordo cos principios de eficacia e servizo aos cidadáns e cidadás, descentralización, desconcentración e coordinación con autonomía propia e sometemento pleno á lei e ao dereito, por tanto, debe facilitar a transparencia. O informe do Concello de data 29/12/2017 constata que o Concello está a ocupar o local en virtude de cesión realizada pola propiedade sen que conste no Concello documentación que ampare dita ocupación (precario), é dicir, non existe , segundo o informe asinado polo Xefe do Servizo de Economía e Facenda e pola Concelleira Delegada de Economía e Facenda, contrato de aluguer, contrato de cesión nin calquera outro título que ampare a ocupación, polo que non é posible remitir ao solicitante un documento inexistente. En base ao anterior, e sen entrar a valorar, por non ser competencia da Comisión da Transparencia, o feito de que unha Administración ocupe un local para a prestación de servizos do que careza de título para a súa ocupación, constitúe información pública amparada pola normativa en materia de transparencia, coñecer, tal e como solicitou o interesado, os gastos que orixina a ocupación do inmoble, tales como contraprestacións que poida recibir o titular do mesmo, gastos de mantemento, gastos de subministracións ou reparacións ou calquera outro, dos que o Concello non remitiu información. Procede por tanto, estimar parcialmente a petición do reclamante para que se lle facilite a documentación relativa aos gastos orixinados pola ocupación dos baixos do edificio Costa da Lonxa 7, que necesariamente deben estar a disposición da Concellaría Economía e Facenda, que na actualidade están ocupados polos Servizos Sociais do Concello. De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos expresados anteriormente, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con data 1 de decembro de 2017, contra a resolución do Concello de Culleredo de 28 de novembro de 2017. Segundo: Instar a Concello de Culleredo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, facilite ao interesado a documentación relativa aos gastos orixinados pola ocupación dos baixos do edificio Costa da Lonxa 7 do Concello de Culleredo, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Culleredo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga