El ciudadano solicitó al Concello de Padrón datos sobre la cotización a la Seguridad Social de los vendedores ambulantes del mercado. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y requiere al Ayuntamiento que responda a la solicitud en un plazo de 15 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de datos sobre la situación laboral de los vendedores ambulantes se considera información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013.
2
Se admite la reclamación por haberse interpuesto contra una resolución presunta (silencio administrativo), lo cual es posible en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
3
El Concello de Padrón reconoció que la petición estaba pendiente de contestar, confirmando la falta de respuesta en plazo.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 3 de xaneiro
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 3 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Padrón
O reclamante indicaba que tiña presentado en 8 concellos de Galicia unha solicitude de acceso
á información pública co seguinte contido:
Que é vendedor ambulante e para exercer a súa actividade laboral quere coñecer os datos
seguintes:
Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño cotizando á Seguridade Social polo
horario completo?
Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño sen cotizar á Seguridade Social?
Motiva a petición na posible existencia de irregularidades no cumprimento da normativa da
Seguridade Social.
O escrito viña acompañado da solicitude, dirixido ao concello de Padrón, e presentada no
rexistro de entrada o 10 de novembro de 2017.
Segundo. Con data 11 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Padrón para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xaneiro de 2018.
Terceiro. Con data 30 de xaneiro de 2018, o Concello de Padrón indica que a petición foi
recibida no rexistro do concello o 16 de novembro, que a pregunta refírese aos comerciantes
que se sitúan no mercado que se realiza neste concello todos os domingos, e que a petición
está pendente de contestar.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións
fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no
artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación
do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que nos artigos 122 e 124 prevé que se poderán
interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións
presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso existe unha solicitude de información
pública presentada con data do 15 de novembro de 2017 e a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
solicitou ao Concello de Padrón unha serie de datos que se
consideran información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13
da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O Concello informou á Comisión da Transparencia con data do 30 de xaneiro que tiña recibida
a petición e que a petición esta pendente de contestar.
Se ben durante o ano 2017 non se presentaron situacións similares respecto a este concello
compre recordar a importancia de responder en prazo, e que o artigo 20 da Lei 19/2013, do
9 de decembro, establece que a consecuencia do incumprimento reiterado da obriga de
resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para efecto da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Tendo en conta o anteriormente exposto, queda claro que non se lle deu resposta ás cuestións
pedidas e que entran dentro do concepto de información pública.
De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 3 de
xaneiro de 2018 contra a denegación por silencio do Concello de Padrón.
Segundo: Instar a Concello de Padrón, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada que obre no Concello do trámite da correspondente
autorización, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e
o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Padrón, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo
reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga