Estimada 25/04/2018 · 112 días en resolverse

Acceso a información sobre datos de vendedores ambulantes en el Concello de Salceda de Caselas

El ciudadano solicitó al Concello de Salceda de Caselas datos sobre el número de vendedores ambulantes que cotizan o no a la Seguridad Social. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud por considerar que la información es pública y no hubo respuesta.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre vendedores ambulantes se considera información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013.
2 Se admite la reclamación basándose en que, ante la ausencia de resolución expresa, el recurso contra el silencio administrativo puede interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015.
3 La Comisión constata que la administración no proporcionó la información solicitada ni remitió el expediente requerido por el órgano de transparencia.
4 Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 3 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 3 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Salceda de Caselas O reclamante indicaba que presentou, en 8 concellos de Galicia unha solicitude de acceso á información pública co seguinte contido: Que é vendedor ambulante e para exercer a súa actividade laboral quere coñecer os datos seguintes:  Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño cotizando á Seguridade Social polo horario completo?  Cantos ambulantes e suplentes traballan no mercadiño sen cotizar á Seguridade Social? Motiva a petición na posible existencia de irregularidades no cumprimento da normativa da Seguridade Social. O escrito viña acompañado da solicitude, dirixido ao concello de Salceda de Caselas, e presentada no rexistro de entrada o 15 de novembro de 2017. Segundo. Con data 11 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Salceda de Caselas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de xaneiro de 2018, se que o Concello remitira o informe e copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que nos artigos 122 e 124 prevé que se poderán interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso existe unha solicitude de información pública presentada con data do 15 de novembro de 2017 e a Administración non resolveu expresamente, polo que debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente solicitou ao Concello de Salceda de Caselas unha serie de datos que se consideran información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, sen que o Concello remitira a información solicitada. . O Concello non remitiu o informe e copia do expediente solicitado pola Comisión da Transparencia requerido. Se ben durante o ano 2017 non se presentaron situacións similares respecto a este concello cómpre recordar a importancia de responder en prazo, e que o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a consecuencia do incumprimento reiterado da obriga de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para efecto da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Tendo en conta o anteriormente exposto, queda claro que non se lle deu resposta as cuestións pedidas e que entran dentro do concepto de información pública. De acordo co anterior, constátase que non se lle proporcionou ao interesado a información solicitada, que entra dentro do concepto de información pública. De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 3 de xaneiro de 2018, contra a denegación por silencio administrativo da información sobre os datos de vendedores ambulantes solicitada ao Concello de Salceda de Caselas Segundo: Instar a Concello de Salceda de Caselas, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada que obre no Concello do trámite da correspondente autorización, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Salceda de Caselas, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga