Estimada 25/04/2018 · 141 días en resolverse

Solicitud de información sobre plazas vacantes de celador en la EOXI de Lugo-Cervo-Monforte y resultado estimatorio

Seis empleados públicos solicitaron al SERGAS el número de plazas vacantes de celador en la EOXI de Lugo-Cervo-Monforte y las ocupadas temporalmente. La administración denegó la información alegando que debía solicitarse vía negociación colectiva. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por vulnerar el derecho de acceso a la información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante tenga una relación específica con la información o el expediente, ni obligación de motivar la solicitud.
2 No es admisible que la Administración deniegue información pública basándose en que el derecho debe ejercerse exclusivamente a través de órganos de negociación colectiva.
3 La solicitud de datos sobre plazas vacantes y su ocupación temporal no afecta a la negociación colectiva, sino a la transparencia en la toma de decisiones que afectan al personal.
4 La condición de interesado en transparencia es amplia y equiparable a la ciudadanía en general, independientemente de si existe un interés concreto o beneficio personal.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á autorización para reconverter de queixa a reclamación ante a Comisión da Transparencia presentada por e seis empregados públicos, mediante escrito do 20 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. e seis empregados públicos presentaron, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de decembro de 2016, unha queixa ao amparo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. Os reclamantes presentaron, con data do 1 de febreiro de 2016, un escrito á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde solicitando que se lles informase do número de prazas vacantes definitivas, na categoría de celador, existentes na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo-Cervo-Monforte (Concello de Lugo), así como o número delas que se atopasen ocupadas por persoal estatutario con carácter temporal. O escrito viña acompañado da solicitude dirixida á Dirección de Recursos Humanos do Sergas. Deste escrito cómpre recoller a motivación: En nuestro caso la petición no es en absoluto caprichosa sono que viene motivada en un interés legítimo de los peticionairos cuál es conocer el número total de plazas vacantes en la categoría de celador en el EOGI de Lugo, y poder valorar en debida forma si las ofertadas en el vigente concurso de traslados para la referida categoría son las debidas o debiera haber aumentado su número, circunstancia que reportaría evidentes ventajas y utilidad a los peticionairos que suscriben ya que prestando servicios fuera de esta provincia y teniendo su domicilio en Lugo, el acrecentar los puestos ofertados mejora sensiblemente nuestras expectativas de retorno” Segundo. Con data 23 de febreiro de 2016 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Conselleiro de Sanidade, no marco da tramitación como queixa, ao non estar constituída a Comisión da Transparencia para que, en cumprimento da normativa do Valedor do Pobo, achegase a información. Terceiro. A Consellería respostou o 22 de abril de 2016 indicando que a petición se fundamenta no dereito a obter a información nos artigos 35 e 37 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e nunha sentencia TSXG do 6 de maio de 2013 e que hai que ter en conta que “ a petición de documentación non se realiza na condición de persoas interesadas senón como cidadáns e cidadás que pretenden acceder á información de datos sobre o cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde, en concreto dos datos que levan a determinar as prazas que se cubren na convocatoria do proceso de concurso de traslados. Indica a Consellería que conforme ao establecido no capítulo I do Título II do Estatuto Básico do Empregado Público, os empregados teñen dereito á negociación colectiva e a participar nas condicións de traballo. Así pois o dereito do persoal a negociar os sistemas e os criterios de provisión de prazas ou de dispoñer de información sobre a situación do emprego e dos cadros do persoal é un dereito individual pero que se ten que exercer colectivamente, mediante a participación dos órganos de representación e participación institucional (Mesa sectorial e Xuntas de Persoal). Así a Mesa sectorial tivo participación na elaboración da convocatoria do 19 de novembro de 2014, dando conta a administración sanitaria das prazas ofertadas no concurso de traslados e prazas vacantes ocupadas o 15/09/2014” Tras unha serie de xestións persoais e por escrito o día 5 de decembro de 2017 se procede a realizar unha dilixencia de arquivo do expediente de queixa e tramitalo como reclamación ante o exercicio do dereito de acceso á información pública da Comisión da Transparencia. Cuarto. Como acción previa á iniciación valorouse desde o equipo do Valedor do Pobo o disposto na disposición final novena da Lei 19/2013, do 9 de decembro que establece por unha parte que a comunidade autónoma dispuña dun prazo máximo de dous anos para adaptarse e, por outra parte establece que a entrada en vigor do titulo I, no que se encadra o exercicio do dereito de acceso á información e a súa reclamación (artigos 17 a 24) produciríase ao ano da publicación da lei no BOE, é dicir a 9 de decembro de 2014, e que neste caso a solicitude para o exercicio do dereito de acceso a información pública ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos exercitouse o 18 de decembro de 2014, e por tanto coa lexislación básica xa en vigor. Quinto. Postos en contacto dende o Valedor do Pobo coa interesada, declara a existencia do silencio. Sexto. Con data 13 de decembro de 2017, procédese a iniciar o expediente ao constatar que existe silencio negativo da Administración Autonómica. Sétimo. A recepción da solicitude de petición de informe pola Consellería de Sanidade tivo lugar o 19 de decembro de 2017 Oitavo. Con data 8 de febreiro de 2018 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe. Neste informe, en resumo, indícase que corresponde a o SERGAS a facultade de determinar as prazas que se ofertan nestes procesos de provisión, e que na reunión da Mesa Sectorial de novembro de 2014 informou do criterio obxectivo adoptado para determinar as prazas ofertadas no dito concurso de traslados. “Da aplicación deste criterio resultaron as prazas ofertadas no anexo da convocatoria, entre elas as 21 para a categoría de celador/a no concello de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti)”. A petición de 18 de decembro de 2014 se solicita apelando ao interese en participar no vixente concurso de traslados e para os efectos de poder valorar se as prazas ofertadas son as debidas ou debera ter aumentado o seu número. Entende a Consellería que solo era de aplicación por ser a única vixente o disposto nos artigos 35 h) e 37 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (dereito dos cidadáns a acceder á información pública, arquivos e rexistros), e que os solicitantes fundamentaron tamén a súa pretensión na Sentenza do 6 de maio de 2013, da sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía. A queixa non se suscita en relacións cos seus dereitos como parte interesada nun procedemento administrativo senón na hipotética vulneración dos seus dereitos. “A xuízo deste centro directivo, esta queixa debe incardinarse nunha problemática de carácter xeral: a hipotética obriga que deberían asumir os órganos directivos do Servizo Galego de Saúde de facilitar información, individualmente solicitada polo persoal do Organismo, en materia de cadros de persoal.” Igualmente indícase que sen negar o dereito do persoal a negociar os sistemas e os criterios de provisión de prazas, ou de dispoñer de información sobre a situación do emprego e dos cadros de persoal nos diversos centros do Servizo Galego de Saúde, “este dereito debe ser exercido non indivualmente senón, de ser o caso, a través dos órganos de negociación e participación (Mesa Sectorial e Xuntas de Persoal)” Despois de recoller doutrina xurisprudencial sobre que a consideración de interesado recae sobre aquel que pode obter algún proveito do acceso aos documentos dirase que neste caso “calquera que fora a situación do cadro de persoal da categoría de celador no concello de Lugo, ningún beneficio, proveito ou evitación de prexuízo podería deparar á interesada o feito de dispoñer dunha información detaiada, pois como se fixo constar con anterioridade o Servizo Galego de Saúde, segundo a normativa de aplicación e reiterada doutrina da xurisdición contencioso-administrativa, ten a facultade de determinar as prazas vacantes que se ofertan nos concursos de traslados.”. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que nos artigos 122 e 124 prevé que se poderán interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente Unha vez aclarado o prazo de interposición do recurso, procede analizar cal é a normativa de aplicación, para de seguido analizar se o solicitado é información pública ou se tal como di a consellería se está exercitando un dereito de negociación colectiva. A administración entende que non era de aplicación a normativa de transparencia, que non reúnen a condición de interesados da Lei 30/1992, do 26 de novembro, vixente no momento de presentar a solicitude e que en todo caso estamos ante o exercicio dun dereito de negociación colectiva que non pode ser exercido individualmente. Dando por reproducido o xa indicado en relación á entrada en vigor da Lei de Transparencia, compre destacar que a publicación da Lei 19/2013, do 9 de decembro, supuxo a modificación dos artigos 35 e 37 da Lei 30/1992, no sentido de establecer que o dereito de acceder á información pública, arquivos e rexistros se faría nas condicións establecidas na Constitución e na Lei de Transparencia 19/2013, do 9 de decembro e nas demais leis que resultaran de aplicación. Por tanto, non é posible entender o concepto de interesado doutro xeito que no establecido na lexislación de transparencia cando o que se solicita é información pública. O concepto de interesado nos procedementos de solicitude de información pública en materia de transparencia ten unhas peculiaridades que convén ter en conta. De acordo co disposto no artigo 12 da lei 19/2013, toda persoa ten dereito ao acceso información pública, sendo suficiente con que no expediente se acredite a identidade do solicitante, de acordo co disposto no artigo 17.2 da lei e sen que exista obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3). No caso de que a solicitude se motive, poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, non sendo en ningún caso a ausencia de motivación, por si soa, causa de rexeitamento da solicitude. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, amplía aínda máis os dereitos do interesado, equiparándoo, de acordo co disposto no seu artigo 24, coa cidadanía en xeral. Este artigo, reforza o dereito da cidadanía garantíndolle, no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública, a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen mais limitacións que as derivadas desta ou doutras leis. Por tanto, non é necesario que o solicitante de información pública teña relación coa información ou co expediente do que solicita a información, ou co lugar de residencia. O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto, xa que a normativa en materia de transparencia, implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido máis amplo, calquera información pública que xulgue oportuna, e sobre todo aquela cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública”, tal como o expresa o artigo 5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. A petición de información ten por obxecto que se lle comunique aos solicitantes o número de prazas vacantes na categoría de celador existentes no EOXI de Lugo-Cervo-Monforte, , así como o número delas que están ocupadas polo persoal estatutario con carácter temporal, fixando como referencia a data tomada en consideración para a convocatoria do vixente concurso de traslados para a categoría de celador. A motivación dos solicitantes ante a administración é a de que se quere coñecer se as prazas ofertadas son as debidas ou debera haber aumentado o seu número, circunstancia que lles reportaría evidentes vantaxes, fronte ao que non é admisible que a Administración negue esta información en base a que este dereito deba ser exercido a través dos órganos de negociación. O estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, entre os que está a categoría ou profesionais denominados celadores (Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do Persoal estatutario dos servizos de saúde) establece nos seus artigos 17 e 18 os dereitos individuais e colectivos deste persoal. Entre os dereitos individuais están o de a movilidade voluntaria, promoción interna e desenvolvemento profesional e o dereito a recibir das administracións públicas asistencia e protección no exercicio das súas funcións e no desenvolvemento das súas funcións. Igualmente, este persoal ten dereito á conciliación á vida familiar e laboral (artigo 60). O relevante da motivación é que é persoal estatutario que reside en Lugo, pero que desempeña as súas funcións fóra dese territorio e solicita do departamento con competencias en recursos humanos unha información que afecta á conciliación da súa vida familiar e laboral, información á que ten dereito de acordo co artigo 61 e concordantes do seu estatuto marco e que lle afecta ao desenvolvemento das súas funcións. Os datos solicitados non afectan á negociación colectiva, pero si á transparencia que no seu desenvolvemento de publicidade activa -cando se trata de obrigas que teñen relevancia xurídica e ou de información en materia de persoal- facilitan á cidadanía en xeral, e aos seus traballadores en particular, coñecer como se toman as decisións que lles afectan. Por todo isto procede facilitarlle ás persoas solicitantes o número de prazas vacantes na categoría de celador existentes no EOXI de Lugo-Cervo-Monforte (Concello de Lugo), así como o número delas que se atopan ocupadas por persoal estatutario con carácter temporal, fixando como referencia a data tomada en consideración para a convocatoria do concursos de traslados para a categoría de celador (DOG 2/12/2014). De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por e seis empregados públicos máis con data 5 de decembro de 2017, contra a denegación por silencio da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde da información referente ao número de prazas vacantes definitivas, na categoría de celador, existentes na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo-Cervo-Monforte, así como o número delas que se atopan ocupadas por persoal estatutario con carácter temporal. Segundo: Instar a SERGAS, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a SERGAS, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga