Archivada 23/05/2018 · 107 días en resolverse

Reclamación por presuntos atropellos a la participación de grupos de oposición en el Concello de Ponteareas y resultado de archivo por desistimiento

Un portavoz del Grupo Municipal del PP solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia medidas ante presuntos atropellos a la participación de la oposición en el Concello de Ponteareas. Tras requerir al solicitante que aclarase si existía una solicitud de acceso a la información pública previa y no obtener respuesta, la Comisión decide archivar el expediente por desistimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se presentó sin acreditar la existencia de una resolución previa sobre el acceso a la información pública, requisito necesario para la competencia de la Comisión.
2 Se aplicó el artículo 68 de la Ley 39/2015 para requerir al interesado la subsanación de la solicitud mediante la aclaración de los hechos.
3 La falta de respuesta al requerimiento de enmienda conlleva la aplicación del régimen de desistimiento del interesado.
4 El objeto de la reclamación (tramitación de mociones en plenos municipales) no es susceptible de ser objeto de reclamación ante la Comisión da Transparencia si no deriva de una denegación de acceso a información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á solicitude do 29 de xaneiro de 2018, presentada por na súa calidade de portavoz do Grupo Municipal , a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. , no Concello de Ponteareas presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de febrero de 2018, un escrito ante a Comisión da Transparencia no que solicita que se tomen as medidas oportunas ante os atropelos á participación dos grupos políticos da oposición nos plenos municipais e demais órganos. O escrito viña acompañado de copia dun anuncio de convocatoria dun pleno municipal do 16 de xaneiro de 2018 e de tres mocións asinadas polo Segundo. Con data 20/2/2018, remitiuse ao reclamante un oficio no que se lle solicitaba a emenda da súa solicitude nos termos previstos nos artigos 19.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O requirimento foi recibido con data 22/2/2018 polo reclamante, sen que remitira as aclaracións solicitadas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia, órgano colexiado, a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente O artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala a lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada. Dado que a solicitude presentada referíase a mocións presentadas polo Grupo Municipal do Partido Popular para ser debatidas no Pleno do Concello de Ponteareas, e non sendo a súa tramitación polo órgano municipal susceptible de ser obxecto de reclamación ante a Comisión da Transparencia, con data do 20 de febreiro de 2018 solicitouse ao reclamante que aclarase si tiña presentada unha solicitude de acceso á información pública, ben como persoa física ou ben como persoa xurídica (no nome do seu grupo político), para o que se lle concedeu un prazo de dez días. O reclamante non remitiu a aclaración solicitada polo que procede o arquivo por ter desistido o solicitante da solicitude presentada, non figurando no expediente resolución expresa ou presunta referida a unha solicitude de información pública sobre a que esta Comisión teña competencia para resolver. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia. ACORDA Único: Arquivar por desistencia o escrito presentado por , actuando como , no que solicita que se tomen as medidas oportunas ante os atropelos á participación dos grupos políticos da oposición nos plenos municipais e demais órganos, e declarar concluso o procedemento. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga